Bucarest
Bucarest[1] (en romanés: București, [bukuˈreʃtʲ] (AFI)) é a capital e centro industrial e comercial de Romanía. Está localizada no sueste do país, ás beiras do Río Dâmbovița.
București (ro) | |||||
Alcume | Micul Paris e Paris of the Balkans | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Enclave en | Condado de Ilfov | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.716.961 (2021) (7.597,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 226 km² | ||||
Bañado por | Río Dâmbovița | ||||
Altitude | 70 m | ||||
Comparte fronteira con | Chiajna (pt) Domnești (pt) Chitila (en) Pantelimon (en) Măgurele (en) Ciorogârla (pt) Otopeni (pt) Popești-Leordeni (pt) | ||||
Creación | 1459 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Nicușor Dan (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Bucharest City Council (en) , (Escano: 55) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 010011–062397 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | RO-B | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | pmb.ro | ||||
Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1 944 367 habitantes[2] , 2.3 millóns na área metropolitana.
Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do país no ano 1862 converténdose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitectura é unha mestura da historia, da época comunista e da modernidade. No período entre as dúas guerras mundiais, a arquitectura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceaușescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu vivir un renacemento da súa cultura e economía.
Contorno xeográfico
editarA cidade de Bucarest esténdese ó longo do sueste do país, entre as cidades de Ploiești e Giurgiu e a marxe do río Dâmbovița, que se converte, en Argeș, nun dos afluentes do río Danubio. No perímetro urbano da cidade pódense atopar moitos lagos, como o lago Floreasca, o lago Tei, o lago Colentina, e no centro da cidade o lago Cișmigiu. Este lago atópase nos xardíns Cișmigiu, inaugurados no ano 1847 e deseñados polo arquitecto alemán Carl F. W. Meyer. A parte de Cișmigiu, existen dous parques máis, o Parque Herăstrău (onde se atopa o Muzeul Satului) e os xardíns Botánicos (os maiores de toda Romanía, contando con máis de 10.000 especies de plantas e flores exóticas).
Economía
editarA pesar de que só conta cun 10% da poboación romanesa, Bucarest produce o 25% do PIB do país, sendo a zona máis desenvolvida e industrializada de Romanía. Ó igual que o resto do país, esta cidade experimentou un importante desenvolvemento económico na última década. Bucarest recibe axudas económicas provenientes da Unión Europea (UE).
Bucarest conta tamén coa maior rede de transportes de Romanía e unha das maiores no centro e leste de Europa.
Demografía
editarA poboación de Bucarest medrou considerablemente durante os dous últimos séculos, ó igual que a importancia de Bucarest como centro urbano.
Crecemento da poboación dende 1800:
Comunidades minoritarias
editarComunidade xitana
editarA comunidade xitana (comunitatea romă) é unha das máis numerosas, contando no censo de 2002 con 27.322 persoas, o 1,4% da poboación.
Comunidade xudía
editarA comunidade xudía foi a máis numerosa na cidade ata o estoupido da segunda guerra mundial. En 1930 vivían na cidade 69.885 xudeus, que representaban o 10,93% da poboación da capital. Os masacres perpetrados polos Lexionarios e pola Garda de Ferro durante o conflito, xunto coas posteriores emigracións a Israel fixeron que a comunidade case desaparecese da cidade.
No censo do 2002 a comunidade xudía de Bucarest era de 2.481 persoas.
Comunidade húngara
editarNo censo de 1930, vivían na cidade 24.052 húngaros, representando o 3,76% da poboación municipal.
No ano 2002 o seu número baixara a 5.834, representando o 0,3% da poboación total. Na cidade de Bucarest funciona o Liceo Teórico Ady Endre vinculado á lingua húngara. A Casa Petofi é o centro cultural da comunidade, onde funciona unha biblioteca cunha importante fonte de volumes escritos na lingua húngara. Na cidade publícase diariamente o xornal da comunidade húngara, Új Magyar Szó, e a publicación mensual da comunidade: Bukaresti Kozlony.
Equipos deportivos
editarFútbol
editar- FC Rápido de Bucarest.
- FC Steaua de Bucarest.
- FC Dinamo de Bucarest.
- FC Național de Bucarest.
- Sportul Studențesc.
Basquet
editarRugby
editar- Bucuresti.
Cidades irmás
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tátaro.
- ↑ "Censo no Instituto de Estatística de Romanía". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bucarest |
Ligazóns externas
editar- "Primăria Municipiului București" Páxina municipal do concello de BucarestArquivado 27 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en romanés)
- Universidade de Bucarest
- 3 Webcams de Bucarest
- Guía de Bucarest
- Metrorex (Compañía de metro) Páxina oficial Arquivado 30 de abril de 2008 en Wayback Machine.