Juan José Pujana

Juan José Pujana Arza, nado en Bilbao o 13 de xaneiro de 1943 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 2022, foi un político do País Vasco, que foi Presidente do Parlamento Vasco na súa primeira e segunda lexislatura tras a transición política (1980-1987). Foi candidato a alcalde polo PNV no municipio de Elorrio nas eleccións de 2011.

Modelo:BiografíaJuan José Pujana
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Elorrio, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
17 de marzo de 1987 – 19 de febreiro de 1991
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xaneiro de 1987 – 24 de marzo de 1987

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
22 de marzo de 1984 – 21 de setembro de 1986

Circunscrición electoral: Biscaia

Presidente do Parlamento Vasco
31 de marzo de 1980 – 8 de xaneiro de 1987 – Jesús Eguiguren →
Deputado do Parlamento do País Vasco
31 de marzo de 1980 – 22 de marzo de 1984

Circunscrición electoral: Biscaia

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, tradutor, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Eusko Alkartasuna Editar o valor en Wikidata
Membro de

Biografía

editar

Licenciado en Dereito, membro primeiro do Partido Nacionalista Vasco e, máis tarde, un dos fundadores de Eusko Alkartasuna, foi Conselleiro de Ordenación Territorial, Urbanismo e Medio Ambiente do Consello Xeral Vasco durante o período preautonómico (1978-1980) en substitución de Juan Ajuriaguerra e sendo Lehendakari Ramón Rubial. Foi elixido deputado ó Parlamento Vasco nas tres primeiras lexislaturas (1980-1990), e Presidente do mesmo até 1987. Na terceira e cuarta lexislatura de España foi designado senador pola comunidade autónoma do País Vasco (1987-1991).

Dende que abandonou a actividade política institucional foi coordinador xeneral de Musikene, o Centro Superior de Música do País Vasco, tradutor de obras clásicas ó éuscaro e membro da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar