Bandeira de Nauru

A bandeira de Nauru naceu tras a independencia deste país de Australia. Foi creada por un habitante da illa que traballaba para o fabricante de bandeiras australiano Evans. É azul cunha delgada banda amarela que a divide horizontalmente en dúas partes iguais e que simboliza o Ecuador. Unha estrela grande de doce puntas do lado inferior esquerdo simboliza as doce tribos orixinais de Nauru.[1] A posición da estrela simboliza a posición xeográfica da illa con respecto ao Ecuador, 42 quilómetros ao sur deste,[1] e a súa cor, o branco, representa o fosfato, fonte de riqueza da illa.

Bandeira de Nauru
Bandeira de Nauru
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción31 de xaneiro de 1968
Cores     Azul     Branco     Amarelo

Historia

editar

Nauru estivo representada baixo diferentes bandeiras durante a historia.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar