Bebop

eatilo de música jazz

Bebop é unha onomatopea supostamente inventada por Dizzy Gillespie (na forma rebop) para referirse á síncope característica deste estilo, evolución do Jazz durante a segunda guerra mundial, cara a unha maior complexidade rítmica, harmónica e estrutural e unha interpretación máis libre e agresiva.

Características

editar

Musicalmente, o bop era unha evolución do swing e unha reacción contra o carácter comercial e previsíbel que estaba adquirindo. Os músicos cansos de estar toda a noite tocando arranxos tediosos cando acababan os seus traballos reuníanse en locais de Harlem, principalmente o Minton's Playhouse e improvisaban até o abrir do día. Entre os que se reunían estaban: Charlie Christian, Lester Young, Kenny Clarke aos que se uniron os dióscuros do bebop: Charlie Parker e Dizzy Gillespie. Os músicos mozos incluían harmonías audaces e duplicaban os ritmos (tocar en 8/4 cando o tema está en 4/4), en parte por diversión, pero tamén para desanimar aos músicos da vella escola ou pouco dotados. Por causa da folga de gravacións do sindicato de músicos de 1942 a 1944, os seus comezos non están documentados e até 1945 non se grava o primeiro disco de bebop. Nun comezo o estilo foi fortemente contestado polos músicos maiores e os afeccionados, pero o Jazz é unha música de músicos e entre eles axiña prendeu; e pese ás enormes dificultades técnicas que comportaba, para 1949 todo era bebop. Durante os anos cincuenta producironse dúas reacción a este estilo: o Hardbop estilo máis simple e enraizado no gospel, e o Cool jazz máis desapaixonado e con arranxos máis complexos.

Evolucións do Bebop

editar

Outros músicos deste estilo

editar