Edi Rama
Edi Rama, nado en Tirana o 4 de xullo de 1964, é un político, pintor, escritor, profesor universitario, publicista e antigo xogador de baloncesto albanés, que exerce como primeiro ministro do país dende 2013 e presidente do Partido Socialista de Albania dende 2005. Anteriormente fora ministro de Cultura, Xuventude e Deporte entre 1998 e 2000, alcalde de Tirana entre 2001 e 2011 e ministro de Asuntos Exteriores de 2019 a 2020.
Resultou elixido como primeiro ministro de Albania nas eleccións do 23 de xuño de 2013, nas cales a coalición liderada polos socialistas obtivo o 57,7% dos votos.[1] Asumiu como Primeiro Ministro de Albania o 10 de setembro de 2013.
Alcalde de Tirana
editarRama proxectou librar á capital albanesa de moitos edificios construídos ilegalmente en terras municipais, como os parques locais e os bancos de Lana. Outro proxecto no ano 2000 deu lugar á produción de 96.700 metros cadrados de zonas verdes e parques da cidade, así como a plantación de case 1.800 árbores. Tamén ordenou a pintura de moitos edificios antigos.[2] Os críticos coa súa política afirman que Rama está a centrar demasiado a atención sobre os cambios cosméticos sen fixarse en calquera dos grandes problemas como a escaseza de auga potable e electricidade.
En decembro de 2004, Edi Rama foi nomeado Mellor alcalde do mundo 2004, nunha competencia internacional baseada no voto directo por Internet, organizado pola organización comercial CITYMAYORS-non, que se atopa en Londres.[3]
Foi elixido pola revista Time como un dos heroes europeos de 2005, nunha homenaxe a 37 persoas que están a cambiar o mundo para mellor.[4]
O efecto máis criticado das súas políticas foi os moitos quioscos demolidos na cidade dende que asumiu a alcaldía. Nun intento de ampliar as estradas, autorizouse a demolición das propiedades privadas para que poidan ser pavimentadas, ampliando así as rúas. Foi acusado de corrupción e malversación de fondos pola oposición.[2]
Notas
editar- ↑ Robinson, Matt (2013). "Albanians hand Socialists a landslide, wait on PM to concede"; Reuters; 25 June, 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "Edi Rama - The Man with socialist and monarchist ideas"; Albania VIP; Saturday, April 29, 2005.
- ↑ von Hove, Tann (2005) Edi Rama, Maior of Tirana elected World Maior 2004; CityMajor.
- ↑ "European Heroes"; Times; Sunday, Oct. 30, 2005.