El Pescaílla
Antonio González Batista, máis coñecido como El Pescaílla, nado en Barcelona o 3 de marzo de 1925 [1]e finado en Alcobendas[2] (Comunidade de Madrid) ou o 12 de novembro de 1999, foi un cantante e guitarrista español de flamenco e rumba. Considerado un dos pais da rumba catalá, o seu estilo influíu en multitude de artistas posteriores.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio González Batista 3 de marzo de 1925 Barcelona, España |
Morte | 12 de novembro de 1999 (74 anos) Alcobendas, España |
Causa da morte | cancro de fígado |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Outros nomes | El Pescaílla |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, compositor |
Xénero artístico | Flamenco e rumba catalá |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Lola Flores (1957–1995) |
Fillos | Lolita Flores, Antonio Flores, Rosario Flores |
Estivo casado coa cantante e bailaora Lola Flores (1923-1995), coa que tivo tres fillos, os cantantes Lolita Flores (1958), Antonio Flores (1961-1995) e Rosario Flores (1963). Foi cuñado da tamén cantante Carmen Flores (1936), tío do exfutbolista e adestrador Quique Sánchez Flores (1965) e avó das actrices Elena Furiase (filla de Lolita) e Alba Flores (filla de Antonio).
Traxectoria
editarNado no barrio de Gràcia, casou en Barcelona polo rito xitano con Dolores Amaya, da que tivo unha filla, Toñi, en 1955. Abandonou a ambas para unirse a Lola Flores, á que coñeceu por medio de Manolo Caracol. A relación entre eles primeiro foi exclusivamente profesional, xa que La Faraona, como se coñecía a Lola Flores, mantiña un tempestuoso idilio con Caracol.
González e Flores casaron o 27 de outubro de 1957 no Mosteiro de El Escorial. Coa noiva embarazada de tres meses, o matrimonio celebrouse ás seis da mañá, pois se temía que acudise un enfurecido Caracol.
O matrimonio participou en 1959 na película María de la O de Ramón Torrado.
As primeiras gravacións do Pescaílla, xunto a Lola Flores, datan de 1964. Máis adiante sacou varios singles e as súas cancións formaron parte de numerosos recompilatorios do selo discográfico Belter, co que gravou durante a primeira época.
O temperamento de Flores e o seu carisma artístico fixeron pasar a un segundo plano a figura de González, que asumiu a situación e deixou practicamente de gravar discos. A pesar dos agoiros, a relación mantívose firme contra vento e marea durante 38 anos, superando amargos grolos como o que en 1989 supuxo o proceso por fraude á Facenda pública.
En maio de 1995 faleceron a súa esposa, Lola, e o seu fillo Antonio nun intervalo de apenas 14 días, o que supuxo un duro golpe que o Pescaílla nunca chegou a superar. Faleceu en Madrid, o 12 de novembro de 1999, por mor dunha enfermidade hepática arrastrada desde había longo tempo. Tiña 73 anos.
Discografía e temas máis destacados
editarSoamente pódense atopar nestes momentos dous discos compactos dispoñibles no mercado dedicados integramente á súa música. Trátase de El patriarca de la rumba (Divucsa, 1999) e El Pescaílla (Divucsa, 2005).
Famoso por adaptar ao seu estilo cancións alleas ou populares, máis que como compositor (nos rexistros da SGAE, El Pescaílla só figura como autor de dous temas), entre as súas interpretacións máis destacadas atópanse "Sarandonga", "Cada vez que tú me miras", "Levántante", "Strangers In The Night", "A garota de Ipanema" ou "Sabor a mí".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ↑ Viaja con Mara (2020-02-13). "Tumba de LOLA FLORES, Antonio y el Pescailla.". Consultado o 2024-08-16.
- ↑ Moraleja, Tribuna de la. "Rosario Flores vende por 2 millones “El Lerele”, la casa de la familia en La Moraleja". Tribuna de la Moraleja (en castelán). Consultado o 2024-08-16.