Jeju Air (hangul: 제주항공; hanja: 濟州航空) é unha aeroliña de baixo custo de Corea do Sur, a primeira dese tipo fundada no país. Opera voos regulares domésticos entre distintas cidades de Corea do Sur, ademais de voar dende Seúl a destinos internacionais en países como o Xapón, a China, Rusia ou varios países máis do sueste asiático. Tamén é un membro fundador da alianza Value Alliance.[1]

Jeju Air
제주항공
濟州航空
IATA
7C
OACI
JJA
Indicativo
JEJU AIR
Fundación25 de xaneiro de 2005
Plan de voo frecuenteRefresh Point
AlianzaValue Alliance
Frota34
Destinos35
HoldingAekyung Group
Páxina web: http://www.jejuair.net

En maio de 2018 a frota de Jeju Air estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Jeju Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-800 34 7 186
189
Total 34 7
  1. Vallue Alliance (ed.). "About". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  2. Planespotters (ed.). "Jeju Air Fleet Details and History". Consultado o 23 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar