Jesús Eguiguren
Jesús Eguiguren Imaz, nado en Alzarna o 2 de xuño de 1954, é un profesor universitario, xurista e político socialista da Comunidade Autónoma do País Vasco.[1]
Traxectoria
editarDoutorado en Dereito, é membro do Parlamento Vasco polo Partido Socialista de Euskadi desde 1982, onde chegou a ser Presidente de 1988 a 1991. É Presidente do Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra e, con anterioridade, foi Secretario Xeral do mesmo partido en Guipúscoa. Tamén é membro do Comité Federal do PSOE.
Jesús Eguiguren participou e foi clave nos contactos previos con membros de ETA e Batasuna, desde 2002 cando era Presidente do Goberno José María Aznar, que no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero permitiron a declaración de alto o fogo permanente e o proceso de paz coa organización, máis tarde frustrado por un atentado da mesma organización[2].
Ten publicado distintos ensaios políticos: El PSOE en el País Vasco, 1886-1986, Euskadi, tiempo de conciliación, El socialismo vasco y la izquierda vasca, 1886-1994, Los últimos españoles sin patria (y sin libertad), e La crisis vasca. Entre la ruptura y el diálogo.
Notas
editar- ↑ Ficha biográfica no PSE-EE
- ↑ "Así fue el diálogo con ETA", El País, 10 de xuño de 2007 (en castelán).