John Maclean, nado en 1879 e finado en 1923, foi un político escocés.

Modelo:BiografíaJohn Maclean

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1879 Editar o valor en Wikidata
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1923 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Glasgow
Queen's Park Secondary School, Glasgow (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocial Democratic Federation (en) Traducir
Communist Labour Party (en) Traducir
British Socialist Party (en) Traducir
Scottish Workers Republican Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
Condenado porSedición (1918) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Glasgow nunha familia orixinaria das Higlands. Maclean converteuse en mestre de escola e só entón acudiu á universidade, alí desenvolveu o seu pensamento político, na certeza que só a adopción do marxismo podía liberar as masas traballadoras das súas condicións de vida. Integrouse na Federación Social Democrática (SDF) que máis tarde deu orixe ó Partido Socialista Británico, converténdose Maclean no seu líder en Escocia.

Opúxose á primeira guerra mundial por considerala unha guerra imperialista que dividía ós traballadores. En 1915 as autoridades cesárono no seu posto de mestre e en 1916 pasou pola prisión durante un ano. Tras a revolución soviética Lenin deulle o posto de cónsul soviético en Glasgow. Cando en 1920 o PSB e outros grupos organizaron o Partido Comunista de Gran Bretaña, Maclean intentou organizar, sen éxito, un Partido Comunista Escocés.

En 1923 fundou o Partido Republicano dos Traballadores Escoceces de tendencia independentista e comunista que buscaba a implantación dunha república comunista de Escocia que herdaría a tradición do comunismo de clans celta.