Nahum Sokolow (en hebreo: נחום ט' סוקולוב e en yiddish: סאָקאָלאָוו), nado en Wyszogród, preto Plock, Tsarato de Polonia, o 10 de xaneiro de 1859 e finado en Londres o 17 de maio de 1936, foi un líder sionista, escritor, tradutor e pioneiro do xornalismo en hebreo.

Modelo:BiografíaNahum Sokolow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1859 Editar o valor en Wikidata
Wyszogród, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de maio de 1936 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonte Herzl Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, tradución, Sionismo e xornalismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, poeta, político, tradutor, xornalista, escritor, biógrafo Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHelene Sokolow Editar o valor en Wikidata
ParentesStanisław Mendelson, xenro
Nathan Nata Spira Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Encyclopaedia Judaica (2nd edition) (en) Traducir, (vol:18, p.747-749) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado no seu dunha familia rabínica en Wyszogrod (entón parte do Imperio Ruso), Sokolow empezou a escribir para os periódicos locais hebreos, HaTzefirah, cando só tiña dezasete anos. Rapidamente gañou un gran número de seguidores que cruzaron os límites da afiliación política e relixiosa entre os xudeus de Polonia, intelectuais laicos e antisionistas. Co tempo converteuse no principal editor dos periódicos hebreos.

En 1906 pediuse a Sokolow que asumise o cargo de secretario xeral da Organización Sionista Mundial. Nos anos seguintes, percorreu Europa e América do Norte para promover a causa sionista. Durante a primeira guerra mundial, viviu en Londres, onde foi un destacado defensor da Declaración Balfour de 1917, na que o goberno británico declarou o seu apoio a unha patria xudía en Palestina. En 1931 foi elixido presidente da Organización Sionista Mundial, e serviu neste cargo ata 1935, cando foi sucedido por Chaim Weizmann. Tamén se desempeñou como Presidente da Axencia Xudía para Palestina entre 1931 e 1933 e foi sucedido por Arthur Ruppin.

Sokolow foi un prolífico autor e tradutor. Os seus traballos inclúen un volume da historia de tres de Baruch Spinoza e o seu tempo, e varias outras biografías. Tamén foi o primeiro en traducir o libro de Theodor Herzl , a súa utópica novela Altneuland ao hebreo, dándolle o nome de Tel Aviv (literalmente, "Un antigo outeiro da primavera"). En 1909, o nome foi adoptado para a primeira cidade moderna de fala hebrea: Tel Aviv.

Sokolov marchou a Francia e Italia entre abril e maio de 1917 para obter o apoio para o plan dun estado xudeu en Palestina. En Roma falou a Monseñor Eugenio Pacelli, futuro papa Pío XII,[1] e incluso hai rexistros de que chegou a expoñer as aspiracións sionistas co propio Bieito XIV.[2][a][b] Ao seu regreso a Francia, Sokolow conseguiu obter o compromiso francés por escrito, a carta de Cambon, aínda que quedou sen publicar nese momento.[2]

Morreu en Londres en 1936.

  1. Sokolow escribiu unha descrición do encontro, que se conserva nos Arquivos Centrais Sionistas, pero non existen rexistros no Vaticano.[3]
  2. Friedman atribúe a cita a "CZA, A 18/26, Report, dated 4 May 1917, on an interview with the Pope". A nota inclúe a seguinte conversa:
    "Súa Santidade:Estou seguro de que non veu unicamente cun papel cerimonial senón como representante da idea sionista. Que ten gran significado. Refírese a reconstrución de Xudea polo pobo xudeu –non é iso? Vaia xiro histórico. Hai novecentos anos Roma destruíu o voso país, e agora, querendo reconstruílo, acudides a Roma
    Sokolow: Estou profundamente conmovido por esas memorias históricas, que son moi aptas. Permítame a liberdade de engadir que a Roma destruíu Xudea foi debidamente castigada. Desvaneceuse, mentres que non só os xudeus viven, senón que teñen a vitalidade de reclamar a súa terra.
    Súa Santidade Si, si, é providencial; Deus o quixo."[4]
  1. http://www.aciprensa.com/noticia.php?n=30264
  2. 2,0 2,1 Kramer, Martin (12 de xuño de 2017). "How the Balfour Declaration Became Part of International Law". Mosaic. Consultado o 14 de xuño de 2017. 
  3. Minerbi, Sergio I. (1990). The Vatican and Zionism: Conflict in the Holy Land, 1895-1925. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-505892-5. 
  4. Minerbi, Sergio I. (1990). The Vatican and Zionism: Conflict in the Holy Land, 1895-1925. Oxford University Press. p. 110. ISBN 978-0-19-505892-5. Os arquivos Vaticanos relativos a este período non inclúen ningún documento relativo a estas conversas, e como resultado tan só contamos co testemuño de Sokolow sobre as súas conversas no Vaticano. Estes reportes son necesariamente subxectivos e en máis dunha ocasión, contradín a política adoptada pola Santa Sé. Non sería raro que en ocasións Sokolow escoitara o que quería escoitar 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar