Parlamento de Cataluña
O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya) é o órgano lexislativo da Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán.[1] É unha das institucións que forman a Generalitat de Catalunya, xunto coa Presidencia da Generalitat de Cataluña, o Consello Executivo ou Goberno, o Consello de Garantías Estatutarias, o Síndic de Greuges, a Tribunal de Contas e o Consello do Audiovisual de Cataluña.[2] Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.
Parlament de Catalunya | |
---|---|
XIII Lexislatura | |
Datos xerais | |
Ámbito | Cataluña |
Creación | 1980 |
Tipo | Parlamento autonómico (unicameral) |
Límite | Lexislatura de 4 anos |
Liderado | |
Presidente | Laura Borràs (Junts per Catalunya) desde o 12 de marzo de 2021 |
Presidente da Cámara Baixa | Anna Caula (ERC) desde o 12 de marzo de 2021 |
Vicepresidenta segunda | Eva Granados (PSC) desde o 12 de marzo de 2021 |
Presidente da Generalitat (en funcións) | Pere Aragonès (ERC) desde o 12 de marzo de 2021 |
Composición | |
Membros | 135 deputados |
Grupos representados | |
Eleccións | |
Sistema electoral | Representación proporcional por listas |
Última elección | 14 de febreiro de 2017 |
Sede(s) | |
Palau del Parlament de Catalunya, Barcelona | |
Sitio web | |
https://www.parlament.cat/ |
Os primeiros antecedentes da institución remóntanse ó século XI. O Parlamento actual restabeleceuse no ano 1980.[3] A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados,[2] estando formado no presente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.
A actual presidenta do Parlamento é Laura Borràs, que tomou posesión do seu cargo o 12 de marzo de 2021 en substitución de Roger Torrent.
Historia
editarCortes catalás (1283-1714)
editarEstablecidas en 1283, segundo Thomas Bisson, as Cortes catalás foron consideradas polos historiadores o verdadeiro modelo dun parlamento medieval. O historiador do constitucionalismo inglés Charles Howard McIlwain escribiu: "na definición de organización e regularidade de procedemento, nin o parlamento inglés nin os estados franceses poden compararse coas Cortes de Cataluña" do século XIV.
Os primeiros antecedentes da institución parlamentaria catalá remóntanse ao século XI, coas asembleas de Pau i Treva e a Corte Condal. Durante o reinado de Xaime I, a Corte Condal transformouse nas Cortes Xerais de Cataluña, institución que se consolidou nos reinados posteriores. As Cortes Xerais tiñan tres brazos: o brazo militar, que reunía os representantes da nobreza; o brazo eclesiástico, cos representantes da xerarquía relixiosa; e o brazo real, cos representantes dos municipios. Non obstante, amplos sectores da poboación non estaban representados na corte.
No século XIV, das Cortes Xerais xorde un organismo permanente, a Deputación do Xeneral ou Generalitat. Durante os séculos XVI e XVII, esta institución actuou como goberno de Cataluña, defendendo o sistema constitucional ante os monarcas da Casa de Austria, que gobernaban desde Madrid.
No século XVIII, despois da Guerra de Sucesión, o Decreto de Nova Planta aboliu calquera institución catalá de autogoberno.
Mancomunidade de Cataluña (1913-1925)
editar- Artigo principal: Mancomunidade de Cataluña.
Non foi ata principios do século XX cando volveu a instaurarse un órgano de autogoberno catalán, a Mancomunidade de Cataluña (1913-1925), que foi abolida pola ditadura de Miguel Primo de Rivera.
Aínda que tiña soamente funcións administrativas e as súas competencias só abarcaban as deputacións provinciais, adquiriu unha grande importancia política, representando o primeiro recoñecemento por parte do estado español da personalidade e da unidade territorial de Cataluña dende 1714.
Estaba integrada por unha asemblea que reunía os 96 deputados de Cataluña nas Cortes españolas, e polo Consell, formado por oito consellers e o President. A súa acción política estivo rexida polo consenso entre as diferentes orientacións presentes, foran ou non catalanistas.
O Parlament republicano (1932-1939)
editarEn 1931 instituíuse a Generalitat de Cataluña e con ela o Parlament. As primeiras eleccións ao Parlament tiveron lugar o 20 de novembro de 1932 e a sesión constitutiva celebrouse o 6 de decembro. A guerra civil española significou novamente o fin do parlamento, en 1938.
O Parlament actual (1980-actualidade)
editarO Parlament actual foi restaurado pouco despois que a Generalitat de Cataluña e legalizado formalmente coa aprobación do Estatut de 1979. As primeiras eleccións ao Parlament celebráronse o 20 de marzo de 1980 e a sesión constitutiva tivo lugar o 10 de abril do mesmo ano.
O 27 de outubro de 2017 aprobouse unha declaración unilateral de independencia (DUI) nunha votación secreta con 70 votos a favor, 10 en contra e 2 en branco, coa maioría da oposición ausente en protesta. A declaración foi anulada polo Tribunal Constitucional a causa dun recurso do Goberno de España.
Composición
editarPartidos políticos no Parlament durante a XII Lexislatura | |||
Partido | Líder | Voceiro | Escanos |
Ciutadans - Partit de la Ciutadania (C's) | Inés Arrimadas | Carlos Carrizosa | 36 |
Junts per Catalunya (JxCAT) | Jordi Sànchez | Albert Batet | 34 |
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | Sergi Sabrià | Anna Caula | 32 |
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) | Miquel Iceta | Eva Granados | 17 |
Catalunya En Comú-Podem | Xavier Domènech | Elisenda Alamany | 8 |
Candidatura d'Unitat Popular (CUP) | Carles Riera | 4 | |
Partit Popular Català (PPC) | Xavier García Albiol | 4 |
Mesa do Parlamento
editarA Mesa é o órgano reitor do Parlament, que representa á cámara e xestiona e goberna a institución. A actual composición é a seguinte:
- Presidente: Roger Torrent (ERC)
- Vicepresidente primeiro: Josep Costa (JxC)
- Vicepresidente segundo: José María Espejo-Saavedra (Cs)
- Secretario primeiro: Eusebi Campdepadrós (JxC)
- Secretario segundo: David Pérez Ibáñez (PSC)
- Secretario terceiro: Joan García (Cs)
- Secretaria cuarta: Alba Vergés (ERC)
Presidentes
editarDurante a Segunda República Española o Parlament tivo tres presidentes:
- 1932-1933: Lluís Companys (ERC)
- 1933-1938: Joan Casanovas (ERC)
- 1938-1939: Josep Irla (ERC)
Despois da restauración da democracia, os presidentes da cámara foron:
- 1980-1984: Heribert Barrera (ERC)
- 1984-1988: Miquel Coll (UDC)
- 1988-1995: Joaquim Xicoy (UDC)
- 1995-1999: Joan Reventós (PSC)
- 1999-2003: Joan Rigol (UDC)
- 2003-2010: Ernest Benach (ERC)
- 2010-2015: Núria de Gispert (UDC)
- 2015-2017: Carme Forcadell (JxSí)
- 2018-2021: Roger Torrent (ERC)
- 2021-presente: Laura Borràs (Junts)
Sede
editarA sede do Parlament é o Palau del Parlament de Catalunya, que se atopa no Parc de la Ciutadella da cidade de Barcelona. Foi construído no século XVIII e está declarado Ben cultural de interese local.
Notas
editar- ↑ Pérez de Lama, Ernesto (dir.) (1998). Manual del Estado Español 1999. Madrid: LAMA. p. 466. ISBN 84-930048-0-4.
- ↑ 2,0 2,1 Llei Orgànica 6/2006, de 20 de juliol, de reforma de l'Estatut d'autonomia de Catalunya
- ↑ "El Palau del Parlament". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |