Rage Against the Machine

grupo musical estadounidense

Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California. A raíz disto, a banda continuou dando concertos en varios festivais ata que finalmente se separou no ano 2011. O 1 de novembro de 2019 anunciouse que a banda reuniríase novamente para realizar varios concertos na primavera de 2020.[1]

Rage Against the Machine
OrixeOs Ánxeles (California),
Período1991 - 2000
2007 - 2011
2019 - presente
Xénero(s)rap metal, funk metal,
Selo(s) discográfico(s)Epic Records
MembrosZack de la Rocha
Tom Morello
Tim Commerford
Brad Wilk
Na rede
http://www.ratm.com
IMDB: nm1500281 TV.com: people/rage-against-the-machine
Facebook: RATM Twitter: ratm Instagram: rageagainstthemachine Tumblr: ratm MySpace: ratm Youtube: UCFcytuxeGAHyM67L_nHDTIA Spotify: 2d0hyoQ5ynDBnkvAbJKORj iTunes: 899409 Last fm: Rage+Against+the+Machine Musicbrainz: 3798b104-01cb-484c-a3b0-56adc6399b80 Songkick: 470548 Discogs: 12212 Allmusic: mn0000863790 Deezer: 113 Genius: Rage-against-the-machine Editar o valor en Wikidata

Rage Against the Machine editou o seu primeiro álbum, Rage Against the Machine, no ano 1992 cun grande éxito comercial e da crítica, conseguindo un espazo no festival de Lollapalooza de 1993. En 2003, o álbum foi listado no número 368 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos. O seu segundo disco, Evil Empire, foi publicado en 1996. O terceiro, The Battle of Los Angeles, apareceu en 1999, e en 2003 foi listado no número 426 da anterior lista. Durante os seus primeiros nove anos de carreira converteuse nunha das bandas máis populares e influentes da historia da música.[2] Tamén foron situados no número 33 da lista de VH1 dos 100 mellores artistas de hard rock. A banda tivo unha grande influencia no xénero do nu metal aparecido durante a segunda metade dos 90.

Características

editar
 
Logo de Rage Against the Machine.

O seu estilo característico é unha sólida fusión de hip hop, rap, funk, punk, hardcore, e hard rock. Os sons do guitarrista de Tom Morello recálcanse polas seu prominentes uso de pedais e efectos, e sobresaen as súas emulacións dos scratch e outros efectos dos djs de hip hop. O cantante, Zack da Rocha, participou en grupos de punk e hardcore metal antes de volverse un apaixonado das rimas do rap: de aí vén o seu estilo agresivo de rapear e os fortes berros que inclúe nalgunhas cancións. Apréciase tamén un pequeno toque de jazz por parte do baixista Tim Commerford, que pertenceu a un grupo dese estilo a mediados dos anos 1980; finalmente, a batería de Brad Wilk está cargada de ritmos funk especialmente contundentes. Este estilo de fusión foi máis tarde imitado por outras bandas, atribuíndoselle a etiqueta de Rapcore ou Rap metal.

Son tamén coñecidos polo contido sociopolítico das súas cancións. As súas letras son rotundas, cun claro posicionamiento en contra do capitalismo e a globalización, e as formas de pensamento, mentalidade e relación social que xeran. De tendencias políticas de esquerda, R.A.T.M. destacou, ademais, polas súas múltiples iniciativas de protesta e solidariedade con distintos movementos de reivindicación sociais e musicais. O cantante Zack Da Rocha participou en movementos derivados do EZLN. Nos días posteriores aos atentados do 11 de setembro, as emisoras de radio estadounidenses censurarían ao grupo por alentar o antipatriotismo.

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar
Álbum Ano Selo
Rage Against the Machine 1992 Epic Records
Evil Empire 1996 Epic Records
The Battle of Los Angeles 1999 Epic Records
Renegades 2000 Epic Records

Álbums ao vivo

editar
Álbum Ano Selo
Live & Rare 1998 Sony Japan
Live at the Grand Olympic Auditorium 2003 Epic Records
  1. Baltin, Steve. "Confirmed: Rage Against The Machine To Reunite In 2020, Headline Coachella". Forbes (en inglés). Consultado o 2019-11-01. 
  2. Devenish, Colin (2001), Rage Against the Machine: St. Martin's Griffin ISBN 0-312-27326-6

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar