Ricardo Boán
Ricardo Boán Callejas, nado na Habana o 6 de xullo de 1879 e finado na Coruña o 12 de decembro de 1915, foi un arquitecto de orixe cubana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1879 A Habana, Cuba |
Morte | 12 de decembro de 1915 (36 anos) A Coruña, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Irmáns | Óscar Boán Callejas |
Traxectoria
editarBoán naceu na Habana, fillo do capitán de cabalería Ricardo Boán, natural de Guantánamo, e de María Dolores Callejas Becerra, da Habana.[1] A familia tivo que trasladarse a Madrid en 1884 por mor da guerra de independencia cubana. Nesa cidade estudou arquitectura, licenciándose en 1905.[2]
Trasladouse á Coruña, onde foi o introdutor xunto con Antonio López Hernández do modernismo na cidade a partir de 1906.[3] O 7 de decembro de 1906 foi nomeado arquitecto municipal interino de Lugo,[2] posto que ocupou ata o 25 de xuño de 1907.[1]
Posteriormente ocupou as praza de arquitecto de Facenda en Lugo e desde abril de 1911 ata a súa morte a de arquitecto auxiliar da Coruña.[1] Faleceu por tuberculose o 12 de decembro de 1915.[4][5][6]
Obras
editarEntre as súas obras destacan os edificios da rúa de San Nicolao 11-13 e da rúa da Barreira 23-25[7] e a Casa Solla, en Santo André 100.
Familia
editarCasou con Mercedes Núñez Calderón o 20 de marzo de 1911.[1]
Galería
editar-
Edificio da rúa das Ferrerías (A Coruña)
-
Casa Solla
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 136.
- ↑ 2,0 2,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 238.
- ↑ "A arquitectura modernista".
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-12-1915, p. 1, 5.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 17.
- ↑ Xunta de Galicia, ed. (2000). Casas de Indianos. p. 57. ISBN 84-453-2803-4.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 50-51.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Erias Morandeira, Alberto. La “casa de Doña Águeda” (PDF) (en castelán).
- Rivera Vázquez, Iria-Friné (7 de outubro de 2013). "Modernismo galego". Consultado o 14 de decembro de 2014.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.