STS-130

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-130 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 8 de febreiro de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-130
Lanzamento da misión STS-130
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de febreiro de 2010, 9:14 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,75 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso22 de febreiro de 2010[6]
Sitio de regresoCabo Cañaveral
NSSDC ID2010-004A

Características

editar

STS-130, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante George Zamka, o piloto Terry Virts e os especialistas de misión Nicholas Patrick, Robert Behnken, Kathryn Hire e Stephen Robinson.[3][5][6][7]

O Endeavour levou o módulo Tranquility coa súa cúpula característica, que quedou instalado tras tres paseos espaciais. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 22 de febreiro de 2010.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 130" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 22 May 2010 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-54840(E)). 24 de xuño de 2010: 3. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 130" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-130 / ISS 20A" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-130" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (1 de marzo de 2010). "STS-130" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar