Uniforme do Deportivo da Coruña

Artigo principal: Deportivo da Coruña.

Desde 1912, o Deportivo da Coruña emprega un uniforme con camiseta de franxas brancas e azuis.

Xogadores do Deportivo da Coruña en 2008

Historia

editar

O uniforme do Deportivo da Coruña ten experimentado diversos cambios dende que se fundou en 1906. Contra o ano 1907, o daquela Club Deportivo da Sala Calvet, decidiu empregar unha camisola de raias azuis e brancas e un pantalón de cor negra, aínda que o equipo adoitaba disputar os seus partidos cunha camisola branca e un pantalón negro. Non foi ata 1912 cando o equipo adoptou o escudo e as cores azul e branca nos seus partidos, realizando pequenos cambios na camisola, especialmente no tamaño, localización e sentido das raias e dorsais.[1]

Ata 1923 as raias da camisola eran estreitas, adoptándose unhas máis anchas consideradas máis "modernas", se ben dous anos despois recuperáronse as raias estreitas, e tan só na tempada 1939/40 imperaron as raias anchas. A partir dese momento o equipamento pasou a estar dominado por unha camisola de raias estreitas e pantalón azul, deseño que se mantivo dende a tempada 1940/41 á 1967/68, na que o equipo recuperou as raias anchas, que permaneceron no uniforme ata a tempada 1973/74.

Na Asemblea Ordinaria do Deportivo de mediados de 1990, a directiva do club redeseñou a camisola cara a un deseño máis moderno que se estreou na segunda metade de liga e que ampliaba o tamaño dos dorsais, creaba maiores espazos brancos e amosaba unhas raias azuis máis amplas nos bordos laterais da camisola. Pouco despois, na tempada 1991/92, con Rox como provedor, o club modificou radicalmente a imaxe da camisola, introducindo unha raia horizontal á altura dos ombreiros e outra á altura do peito, pasando dunhas raias totalmente verticais a unha forma de "T", un deseño que se mantería case igual ata a tempada 1997/98, xa coa firma alemá Adidas, que eliminaría as raias horizontais, recuperando así un deseño de liñas totalmente verticais que na tempada seguinte se tornarían máis grosas.[1]

A pesar dos trocos nos patrocinadores e provedores, o deseño da camisola non mudou substancialmente na tempada 2001/02, cando se introduciu unha pequena liña vermella nas costas á altura dos ombreiros e se desprazou o escudo do equipo, que pasou de estar sobre o corazón a situarse no centro do peito. Esa tempada o pantalón do equipo tamén experimentou un lixeiro cambio: se ben seguiu a ser azul, engadíuselle unha ampla banda vermella na cintura. Foi, con todo, no segundo e terceiro equipamentos onde houbo máis novidades, pasando a segunda de amarela a vermella e negra para a Liga, e gris prateada cunha banda azul escura cruzando o peito para a Liga de Campións. Con motivo da final da Copa do Rei dese ano fronte ó Real Madrid, o club deseñou un modelo especial de camisola que incluía unha serie de detalles bordados nas mangas, e que substituía o reberete vermello do pescozo, pantalón e mangas por outro azul mariño, e mudando o pescozo a redondo en lugar do pescozo a xeito de camisa.[1]

Con todo, dende ese momento os equipamentos non experimentaron maiores cambios que o grosor da liñas verticais, ata a tempada 2009-10, cando a firma italiana Lotto introduciu un deseño no que as liñas se cortaban na parte do peito para deixar a parte superior en branco cun detalle en gris prata; a mesma firma introduciu na seguinte tempada un deseño de raias estreitas que ensanchou na tempada 2011-12, incluíndo unha liña horizontal á altura do peito na seguinte tempada que foi abandonada ó finalizar a mesma. Volveuse entón a un deseño de raias verticais que se mantivo, con lixeiros cambios ata a tempada 2016-17, cando na pretempada se introduciu unha camisola cunha raia vertical máis grosa.[2]

Un dos cambios máis drásticos da historia do club respecto á súa vestimenta, viviuse na tempada 2019/20, na que se cambiaron as tradicionais raias verticais por raias horizontais, nunha polémica elección que causou rexeitamento entre parte da afección.[3] Para a seguinte campaña recuperáronse as raias verticais.

Camiseta galega

editar

Entre as segunda e terceiras vestimentas, cómpre salientar a presentación na tempada 2014/15 dunha segunda camisola do equipo na que lucía a bandeira de Galicia.[4] Dende entón, e debido ao éxito da idea, unha das tres camisetas inclúe sempre a bandeira galega, engadíndoselle en ocasións outros detalles propios de Galicia, como a letra do himno galego ou a silueta do mapa de Galicia.[5][6][7]

Evolución

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2012-2013


 
 
 
 
 
 
 
 
2013-2014


 
 
 
 
 
 
 
 
2014-2015


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2015-2016


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2016-2017


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2017-2018


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2018-2019


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2019-2020


Uniforme 2024/25

editar

Para a tempada 2024/25, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes:

  • Uniforme titular (Arsenio Estrela): camiseta a franxas azuis e brancas. Na parte interna do pescozo inclúese unha imaxe de Arsenio Iglesias e a frase "Volve guiarnos" Pantalón azul e medias azuis cunha franxa negra na parte superior.[8]
  • Uniforme alternativo (Arsenio Lenda): camiseta de cor azul escuro, en imitación á roupa de adestramento que adoitaba usar Arsenio Iglesias. Inclúe unhas franxas brancas e azuis na parte dereita do peito e bordos vermellos nas mangas e no pescozo. Na parte interna do pescozo inclúese unha imaxe de Arsenio e unha das súas expresións máis célebres: "orde e talento". Pantalón azul escuro, con bordes vermellos e medias azul escuro.[9]
  • Terceiro uniforme (Arsenio Galego): camiseta coa franxa da bandeira de Galicia e coa silueta de Arsenio Iglesias erguendo a Copa do Rei 1994/95. Na parte interna do pescozo inclúese unha imaxe de Arsenio e outra das súas expresións célebres: "que duda cabe". Pantalón branco e medias brancas.[10]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Titular


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Alternativo


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Terceiro


Provedores e patrocinadores

editar
Período[11] Provedor Patrocinador
1985–1986 Austral Hotel Rías Altas
1986–1888 Gilcor Ningún
1988–1989 Rafrei
1989–1990  
1990–1992  
1992–1997    
1997–2000  
2000–2001  
2001–2007   Fadesa
2007–2008 Canterbury
2008–2009  
2009–2017  
2017–2021  
2021–  
  1. 1,0 1,1 1,2 "Evolución histórica de la camiseta" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 25 de xullo de 2016. 
  2. "Imaxe do equipo coa camisola". RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  3. "¿Debe el Deportivo enterrar la camiseta de rayas horizontales?". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  4. "Presentadas las equipaciones del Dépor 2014-2015" (en castelán). RCD A Coruña. 19 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  5. Rodríguez, Dani (22 de agosto de 2024). "Ranking de las 11 camisetas del Dépor con los colores de Galicia". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  6. "Galicia, o terceiro equipamento do Dépor 2019-2020". 25 de xullo de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  7. "As Nosas Cores: Galicia Atlántica, tercera camiseta del Dépor 22-23". 12 de agosto de 2022. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  8. "As Nosas Cores: Arsenio Estrela, primeiro equipamento do Dépor 24-25". 23 de xullo de 2024. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  9. "As Nosas Cores: Arsenio Lenda, segundo equipamento do Dépor 24-25". 29 de xullo de 2024. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  10. "As Nosas Cores: Arsenio Galego, equipamento galego do Dépor 24-25". 9 de agosto de 2024. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  11. "Evolución histórica de la camiseta". rcdeportivo.es.