Xurxo Borrazás
escritor galego
Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1963 (61 anos) Carballo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor, mestre |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarEstudou filoloxía inglesa e desde 1990 vive en Vigo. A súa narrativa, explícita e radical, tanto na escolla e tratamento dos temas coma nos aspectos formais, foi cualificada de transgresora e experimental. Novelas como Cabeza de Chorlito ou Eu é cítanse como paradigmas da narrativa posmoderna.
Obra
editarNarrativa
editar- Cabeza de chorlito (Sotelo Blanco, 1991; novela). Foi traducida ao castelán.[1]
- Criminal (Sotelo Blanco, 1994; novela). Premio da Crítica Española 1994 e Premio Arcebispo San Clemente 1995. Foi traducida ao inglés.[2]
- Eu é (Sotelo Blanco, 1996; novela). Foi traducida ao castelán.[3]
- Contos malvados (Xerais, 1998; relatos).
- O desintegrista (Xerais, 1999; miscelánea).
- Na maleta (Sotelo Blanco, 2000; novela). Premio Antón Losada Diéguez 2001.
- Pensamentos impuros (Xerais, 2002). Foi traducida ao castelán.[4]
- Ser ou non (Galaxia, 2004; novela). Foi traducida ao castelán,[5] ao portugués[6] e ao ruso.[7]
- Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008; novela).
- Covalladas. Prosa vertical (Galaxia, 2010; relatos).
- Brevedume (Galaxia, 2020; aforismos)
Ensaio
editar- Arte e parte, Dos patriarcas á arte suicida (Galaxia, 2007). Premio da Crítica de Galicia 2008 na categoría Ensaio e Pensamento.
- Brevedume (2019). Galaxia. 224 páxs. ISBN 978-84-9151-351-3
Obras colectivas
editar- Novo do trinque (BNG, 1997).
- Longa lingua: Os contos da Mesa (Xerais, 2002).
- Materia prima: relatos contemporáneos (Xerais, 2002).
- Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (Foreign Demand, 2008).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
- Follas de Carballo (Asociación Cultural Lumieira, 2011).
- Contos da taberna (Edicións Embora, 2014).
Traducións
editar- Trópico de Cáncer, de Henry Miller (Galaxia, 2006).
- O ruído e a furia, de William Faulkner (Galaxia, 2008).
Notas
editar- ↑ "Cabeza de chorlito". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Vicious". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Yo es el enemigo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Pensamientos impuros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "La aldea muerta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Ser ou não". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ "Ser ou non". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-28.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 127.