Elsa Pataky

Revisión feita o 28 de abril de 2012 ás 08:32 por ChuispastonBot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: pl:Elsa Pataky)

Elsa Pataky é unha actriz española que naceu en Madrid o 18 de xullo de 1976. O seu pai José Francisco é químico e a súa nai (de orixes romanesas) é publicista. Fala castelán, francés, inglés e romanés con fluidez, e tamén italiano. Apareceu en varios filmes españois, como coprotagonista na produción francesa Iznogoud e na produción Snakes on a plane xunto con Samuel L. Jackson e dirixida por David Ellis. A súa última aparición foi en Ninette, do gañador do Óscar José Luis Garci.

Elsa Pataky

Comezos

Asistía a clases de xornalismo na Universidad de San Pablo mentres no tempo libre ía a clases de actuación. Estudou con Ángel Gutiérrez e Paco Pino en Madrid e é membro da compañía teatral madrileña Teatro Cámara de Ángel Guitiérrez. As súas primeiras aparicións no escenario foron co Centro Cultural Las Rozas, nesta compañía. Temporalmente deixou as clases cando lle contrataron para Al salir de clase en 1997, coa que tivo moito éxito e entrou no mercado cinematográfico español. Con este empurrón, ofrecéronlle os seus primeiros filmes, Clara (1999) e o thriller El arte de morir de Álvaro Fernández Armero xunto con Fele Martínez e Gustavo Salmerón, tralos que comezou con todo tipo de xéneros cinematográficos: drama, comedia, acción e terror. Algunhas destas cintas foron coproducións con Francia ou Gran Bretaña, o cal lle obrigou a actuar nos respectivos idiomas.

Filmografía

A pesares da súa variedade, na súa filmografía destacan as comedias:

En 2003 aparece en tres estreas durante o verán:

Aínda que centrada no cine, a súa carreira non abandonou outros campos:

Recentemente

Ficheiro:SímboloPataky.png
Tatuaxe de Elsa Pataky

As súas últimas aparicións cinematográficas foron:

No seu tempo libre gústalle montar dacabalo, o snowboard, ver películas e patinaxe. Cun espectacular físico e un rostro de enorme beleza, tén dúas tatuaxes coñecidas por singulares: unha lúa minguante no alto do canal inguinal dereito e dous ángulos entrecruzados entre o ombreiro e o antebrazo dereito (v. imaxe).

Ligazóns externas