41ª edición dos Óscar
A 41.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 14 de abril de 1969 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Por primeira vez desde a 11.ª edición non houbo mestre de cerimonias.
Premios
editarOs gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.
Premios de honra
editar- John Chambers pola maquillaxe de O planeta dos simios
- Onna White polas coreografías de Oliver!
Premio Humanitario Jean Hersholt
editarControversias
editarA actuación de Cliff Robertson en Charly tivo unha acollida xeralmente mixta por parte da crítica e do público. Cando gañou o Óscar ao Mellor Actor, xerou certa controversia: menos de dúas semanas despois da cerimonia, a revista Time mencionou as preocupacións xeneralizadas da Academia pola "solicitude excesiva e vulgar de votos" e dixo que "moitos membros coincidiron en que o premio de Robertson estaba baseado máis na promoción que no rendemento".[1]
Young Americans foi anunciado como gañador da longametraxe documental, pero o 7 de maio de 1969, o filme foi descualificado cando se descubriu que se estreara en outubro de 1967, polo que non podía optar a un premio de 1968. Journey into Self, o primeiro finalista, recibiu o Óscar ao día seguinte.
A noite da cerimonia creouse unha polémica cando Johnny Carson e Buddy Hackett anunciaron nun sketch no Tonight Show desa noite, gravado tres horas antes da cerimonia de entrega dos premios, que Oliver! sería o gañador do mellor filme e que Jack Albertson gañaría o premio ao mellor actor secundario. A columnista Frances Drake afirmou que a maioría dos que viron creron que Carson e Hackett "estaban facendo unha broma práctica ou fixeron unha suposición afortunada".[2] Como Carson lembrou anos despois, creou unha gran controversia e houbo despedimentos en Price Waterhouse. Referíndose ao feito como "o grande engano de Carson", PricewaterhouseCoopers afirmou nun comunicado de prensa de 2004 que "máis tarde se comprobou que Carson e Hackett fixeron algunhas suposicións afortunadas para a súa rutina, disipando os rumores de violación da seguridade e mantendo intacto a integridade do proceso das votacións".[3] A Academia máis tarde contratou a Carson cinco veces para presentar a cerimonia.
Notas
editar- ↑ "The Trade: Grand Illusion". Time. 25 de abril de 1969. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 03 de febreiro de 2022.
- ↑ "Hackett, Carson On Inside Track?". Galveston Daily News. 21 de abril de 1969. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2015-10-22.
- ↑ "PricewaterhouseCoopers Celebrates 70th Anniversary Managing Academy Awards(R) Balloting". 12 de febreiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 2014-03-01. Consultado o 2014-03-01.
Predecesor: 40ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 41ª edición dos Óscar |
Sucesor: 42ª edición dos Óscar |