Aeroporto de Vitoria
O Aeroporto de Vitoria (en éuscaro: Gasteizko aireportua; IATA: VIT, OACI: LEVT) é un aeroporto xestionado por Aena, inaugurado en 1980. Sitúase a 8 km do centro da cidade de Vitoria, en terreos do antigo municipio de Foronda e moi preto dos pobos de Foronda e Andetxa, polo que recibiu no seu momento o nome de Aeroporto de Foronda. Debido á súa construción e por motivos de seguridade tívose que derrubar a localidade de Otaza, que quedaba ao final da pista e moi preto do perímetro do aeroporto.
Aeroporto de Vitoria Aeropuerto de Vitoria / Gasteizko aireportua
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Cidade/Illa | Vitoria | ||
Localización | Vitoria | ||
Elevación (msnm) | 512,60 metros / 1 682 pés | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 3 500x45 | 11 480x197 | formigón |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 84 261 | ||
Aumento pasaxeiros | 128,3% | ||
Operacións | 8 434 | ||
Aumento operacións | 26% | ||
Carga (ton.) | 60 484 | ||
Aumento carga | 16% | ||
Fonte: AENA[1] |
As instalacións construíronse co propósito de transportar a todos os viaxeiros de Áraba e zonas limítrofes dende Foronda. Non obstante non conseguiu desbancar aos aeroportos de Bilbao e Donostia, a pesar de ter unhas características operacionais superiores e moita mellor visibilidade e facilidade para a engalaxe e a aterraxe, xa que está situado nunha ampla chaira e posúe unha gran pista de aterraxe bidireccional (04/22) de 3,5 km de longo (conta, ademais, cun localizador ILS para a cabeceira 04). A pista conta ademais cunha rúa de rodaxe paralela, que axiliza a circulación de aeronaves polo aeroporto e reduce o tempo de ocupación da pista principal.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Ryanair | Bérgamo, Colonia/Bonn (comeza en outubro de 2017), Sevilla (comeza en outubro de 2017), Tenerife-Sur |
Carga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
ASL Airlines Belgium | Liexa |
DHL Aviation | Alacant, Barcelona, Lisboa, Santiago de Compostela, Sevilla |
DHL Aviation operado por DHL Air UK |
Leipzig/Halle |
DHL Aviation operado por European Air Transport Leipzig |
Bruxelas |
DHL Aviation operado por Swiftair |
Leipzig/Halle, East Midlands |
Notas
editar- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do Aeroporto de Vitoria na web de AENA Arquivado 04 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)