Agustín Portela Paz
Agustín Portela Paz, nado en Pontevedra o 3 de xaneiro de 1906 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 1992, foi un debuxante e aparellador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1906 Pontevedra, España |
Morte | 6 de decembro de 1992 (86 anos) Pontevedra, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | debuxante e aparellador |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | César Portela |
Pai | Francisco Portela Pérez |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Portela Pérez. Cursou estudos de bacharelato en Pontevedra onde tivo como profesor de debuxo a Castelao. Trasladouse a Madrid e realizou estudos nas escolas de Enxeñeiros Industriais, Aparelladores e Belas Artes. De regreso a Pontevedra, traballou como aparellador no Concello e na Deputación Provincial, e presidiu o Colexio de Aparelladores durante 22 anos. Vinculado ao Partido Galeguista, foi promotor e fundador da Liga de los Derechos del Hombre en España. Durante o franquismo sufriu varios procesos.
Obra
editarÉ autor dunha extensa obra como debuxante e aguafuertista e ilustrou libros de autores galegos. Colaborou en revistas e periódicos e publicou en 1947 unha colección de debuxos con notas de escritores como Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fermín Bouza Brey co título Pontevedra, boa vila. Tamén ilustrou o libro Pontes do Lérez (1987) e publicou en 1992 O Trasno. Traballa o linóleo coas planchas de "O Mayo", "Peixeira" e a muller que vai ao mercado coa filla e mais a galiña; colabora na escola linoelista de Spes.
Vida persoal
editarFoi pai de César Portela.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Portela Sandoval, Francisco José (2005). "Galicia en los dibujos de Agustín Portela". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (8): 135–144. Consultado o 12 de novembro de 2013.