Alfredo Erias

historiador galego


Alfredo Erias Martínez, nado en Presedo (Abegondo) o 29 de maio de 1954, é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego. Foi director do Museo das Mariñas, en Betanzos, entre 1984 e 2022.

Modelo:BiografíaAlfredo Erias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Abegondo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquiveiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX916331 BUSC: erias-martinez-alfredo-1954 Dialnet: 889193

Traxectoria

editar

É licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e traballou como arquiveiro-bibliotecario do concello de Betanzos desde 1983 até 2022. Entre 1989 e 1992 foi coordinador da Xunta de Galicia para a organización dos arquivos municipais da Coruña, Lugo e Ourense, realizando o inventario de 52 concellos galegos. Igualmente, desde 1984 até 2022,[1] dirixiu o Museo das Mariñas (Betanzos) e a revista Anuario Brigantino e foi coordinador da revista Restauro. Revista Internacional del Patrimonio Artístico. É presidente da Fundación L. Monteagudo que, entre outras cousas, está a editar a Epigrafía Romana de Galicia.

Ademais do seu labor profesional como historiador e investigador, Alfredo Erias é coñecido polos seus detallados debuxos sobre os máis diversos aspectos da arte e historia medievais galegas: sepulcros, laudas, capiteis, relevos etc.

É membro correspondente do Instituto Cultural Galaico-Minhoto e socio honorario da Mesa para a Defensa do Galego en Asturias.

Coma historiador publicou diferentes traballos en distintas revistas, especialmente no Anuario Brigantino, desenvolvendo aspectos etnográficos, económicos e históricos das idades media a contemporánea. Publicou tamén traballos sobre inventarización de arquivos municipais e eclesiásticos. Centra a súa actividade na comarca de Betanzos.

Dirixiu a edición facsimilar de El Censor primeiro periódico de Betanzos, de tendencia liberal e dirixido por Roque Ponte Peña. Este semanario editouse entre os anos 1883 e 1884.

En 1997 fundou, con María Teresa Garea, a editorial Briga Edicións, onde publicou a súa colección "Debuxos de Galicia", serie de carpetas con 10 a 14 láminas completadas cun estudo de cada elemento debuxado da cultura e arte galegas e, en ocasións, portuguesas. Os distintos cadernos están dedicados a Betanzos (I), ós cruceiros (II), á caza medieval (III), ós músicos do Pórtico da Gloria (IV) e ós cabaleiros medievais (V).

  1. "Ángel Arcay obtiene la plaza de director del Museo das Mariñas". La Opinión de A Coruña (en castelán). 9 de xullo de 2022. Consultado o 20 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • CUNS LOUSA, Julio: Gran Enciclopedia Galega, s. v. Erias Martínez, Alfredo

Ligazóns externas

editar
  • Páxina persoal
  • Galegos.info
  • "As laudas sepulcrais de San Francisco da Coruña I", en Anuario Brigantino 1994, nº 17 [1] e II, en Anuario Brigantino 1998, nº 21 [2]
  • "La eterna caza del jabalí", en Anuario Brigantino 1999, nº 22 [3]
  • "O calendario medieval da igrexa de Santa María do Azougue: un achegamento ás súas imaxes", en Anuario Brigantino 2004, nº 27 [4]