Ansu Fati

futbolista guineano

Anssumane Fati Vieira (Bisáu, Guinea-Bisáu, naceu o 31 de outubro do 2002), coñecido como Ansu Fati, é un futbolista bisauguineano nacionalizado español. Xoga como dianteiro no Fútbol Club Barcelona da Primeira División de España e é internacional coa selección española.

Modelo:BiografíaAnsu Fati

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Bissau Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHerrera (2008–) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfro-Spaniard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade18 de setembro de 2017 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–   FC Barcelona 80(22)
2023–2024 cesión Brighton & Hove Albion F.C. 19(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2020–   España 10(2)

IMDB: nm11577159 Facebook: Anso-fati-103189247731726 Twitter: ansufati Instagram: ansufati TikTok: ansufati BNE: XX6326875 UEFA: 250117471 Editar o valor en Wikidata

Foi considerado por Eurosport como un dos novos talentos do mundo do fútbol no ano 2020.[1]

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Ansu Fati trasladouse con seis anos, xunto coa súa familia, á localidade sevillana de Herrera. Alí comezou a xogar ao fútbol nas filas da Escola Peloteros Serra Sur e o C. D. F. Herrera ata que, en 2010, incorporouse ao Sevilla Fútbol Club. En 2012, tras dous anos na canteira hispalense, decidiu marcharse ao Fútbol Club Barcelona para xogar no seu equipo alevín.[2][3][4][5]

O 13 de decembro do 2015, nun partido co Infantil A fronte ao R. C. D. Espanyol, sufriu unha grave fractura de tibia e peroné na súa perna dereita que o tivo dez meses sen poder xogar.[6][7]

F. C. Barcelona

editar

O 24 de xullo do 2019 asinou o seu primeiro contrato profesional co F. C. Barcelona, que incluía unha cláusula de rescisión de cen millóns de euros e tería unha duración de tres anos máis outros dous opcionais.[8] Tiña ficha no equipo xuvenil, o 25 de agosto do 2019 converteuse no segundo xogador máis novo, tras Vicenç Martínez Alama, en debutar no persoal do primeiro equipo aos 16 anos e 298 días. Ansu Fati substituíu no minuto 78 a Carles Pérez no triunfo por 5 a 2 ante o Real Betis, no Camp Nou, correspondente á segunda xornada de Liga.[9]

O seu primeiro gol como profesional anotouno o 31 de agosto no empate 2-2 ante o Club Atlético Osasuna, cando só levaba cinco minutos no terreo de xogo do Sadar.[10] Co seu tanto, converteuse no futbolista máis novo de toda a historia do Barça en marcar en Primeira División, con 16 anos e 304 días de idade, e no terceiro xogador mais novo na historia da liga, por detrás de Fabrice Olinga e Iker Muniain.[11] Dúas semanas despois debutou como titular na Liga no Camp Nou, marcando o 1-0 no minuto 2 e asistindo para o 2-0 ante o Valencia C. F. nun partido que acabou 5-2 a favor do conxunto catalán.[12] A súa precocidade continuou o 17 de setembro cando se converteu no xogador máis novo do club catalán en debutar na liga de Campións da UEFA nun partido de fase de grupos fronte ao Borussia Dortmund.[13] Ao cumprir os 17 anos, Ansu xa disputara 7 partidos oficiais co primeiro equipo, sumando un total de 282 minutos cunha bagaxe de 2 goles e unha asistencia.[14]

O 4 de decembro de 2019 o conxunto barcelonés anunciou a mellora do seu contrato até o 30 de xuño de 2022, coa posibilidade de prolongalo dous anos máis, e un aumento da cláusula de rescisión a 170 millóns de euros, que se ampliaría a 400 unha vez asinase o seu primeiro contrato como xogador do primeiro equipo, ademais de pasar a ter ficha co filial.[15] Seis días despois, o 10 de decembro, anotou o gol da vitoria do seu conxunto ante o Inter de Milán por 1 a 2, e converteuse así no goleador máis novo na historia da liga de Campións con 17 anos e 40 días.[16]

Tamén foi o futbolista máis novo en debutar nunha competición, a Supercopa de España, no partido do 9 de xaneiro do 2020 fronte ao Atlético de Madrid ao disputar os últimos dous minutos da derrota por 2-3 en semifinais.[17] Un mes despois, o 2 de febreiro, anotou un dobre na vitoria 2-1 ante o Levante Unión Deportiva e converteuse no xogador máis novo da historia da liga en logralo.[18] O 5 de xullo do 2020 anotou o definitivo 1-4 na vitoria ante o Vilarreal C. F., gol que foi o número 9000 en partido oficial na historia do club.[19] Dúas semanas despois marcou o primeiro na goleada do Barcelona por 0-5 sobre o Deportivo Alavés en Mendizorroza, o seu sétimo gol na liga 2019-20.[20]

O 23 de setembro foi confirmado coa ficha do primeiro equipo, lucindo o dorsal 22 e pasando a ter unha cláusula de rescisión de 400 millóns de euros como se acordou na súa anterior renovación do contrato.[21] Catro días despois iniciou a tempada 2020-21 marcando dous goles, os dous primeiros, e provocando un penalti na vitoria ante o Vilarreal C. F. por 4-0.[22] O 1 de outubro abriu o marcador na vitoria do Barça 0-3 sobre o R. C. Celta de Vigo na 4.ª data da liga 2020-21.[23] O 20 de outubro anotou na goleada por 5-1 sobre o Ferencváros T. C. en Liga de Campións e converteuse no primeiro menor de 18 anos en meter dous tantos na máxima competición continental.[24]

O 24 de outubro converteuse no xogador máis novo en marcar no Clásico, no minuto 8 no Camp Nou, igualando o partido 1-1.[25] Con este gol, ademais, converteuse no xogador que máis goles marcara na historia da liga sendo menor de idade, igualando a marca de José Iraragorri.[26] O 7 de novembro sufriu unha lesión de xeonllo contra o Real Betis Balompé e foi substituído no descanso; as probas posteriores confirmaron que se desgarrara o menisco do xeonllo esquerdo.[27] Dous días despois foi operado e o club anunciou que estaría fóra durante aproximadamente catro meses.[28]

O proceso de recuperación foi máis lento do previsto e acabou perdendo o que restaba de tempada, recibindo alta médica o 25 de setembro de 2021.[29] Ao día seguinte volveu xogar e marcou un gol despois de case 11 meses lesionado, pechando a vitoria por 3-0 sobre o Levante U. D. en Liga.[30] Un mes despois da súa volta ás canchas renovou o seu contrato até o 30 de xuño de 2027 cunha cláusula de rescisión de 1000 millóns de euros.[31] O 2 de novembro anotou o único gol na vitoria sobre o Dynamo de Kíiv na liga de Campións que colocaba ao equipo na segunda posición do grupo.[32]

Sub-21

editar

A súa precocidade foi extensible á súa carreira na selección nacional, xa que o 10 de outubro do 2019 a FIFA daba autorización á Federación Española para poder convocalo e só un día despois, o seleccionador da sub-21, Luís de la Fuente, chamouno para cubrir a baixa por lesión do seu entón compañeiro no F. C. Barcelona, Carles Pérez.[33][34] O 15 de outubro de 2019 converteuse no segundo xogador máis novo en xogar coa selección sub-21 de España tras substituír a Marc Cucurella no minuto 79 da vitoria de España por 0-2 ante Montenegro en partido correspondente á clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 2021.[35]

Absoluta

editar

O 20 de agosto de 2020 foi convocado por primeira vez coa selección absoluta para os partidos da liga das Nacións da UEFA Alemaña e Ucraína.[36]O 3 de setembro debutou no encontro ante a selección de Alemaña substituíndo no descanso a Jesús Navas e converténdose así no segundo xogador máis novo, con 17 anos e 308 días, e o número 800 en xogar coa selección.[37]Tres días máis tarde foi titular ante Ucraína, logrando un gol co que se converteu no goleador máis novo na historia da selección con 17 anos e 311 días, superando a marca que mantiña Juan Errazquin desde 1925.[38]

Goles internacionais

editar
N.º Data Estadio Rival Gol Resultado Competición
1 6 de setembro de 2020 Estadio Alfredo Dei Stéfano, Madrid, España   Ucraína 3-0 4-0 Liga das Nacións da UEFA 2020-21

Estatísticas

editar

Actualizado ao último partido disputado o 6 de novembro de 2021. 

Club Div. Tempada Liga Copas
nacionais[1]
Copas
internacionais[2]
Total[3] Media
goleadora
Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.
F. C. Barcelona
  España
1.ª 2019-20 24 7 1 4 5 1 33 8 1 0.24
2020-21 7 4 3 1 2 10 5 2 0.5
2021-22 5 3 2 1 3 1 10 5 0 0.5
Total club 36 14 1 6 1 0 11 3 2 53 18 3 0.34
Total carreira 36 14 1 6 1 0 11 3 2 53 18 3 0.34
  1. Inclúe datos de España: Copa do Rei e Supercopa de España (2019-act.).
  2. Inclúe datos da Liga de Campións da UEFA (2019-act.).
  3. Non inclúe datos de partidos amigables.
Fontes: UEFA - LaLiga - BDFutbol - Transfermarkt.

Goles en competición internacional

editar
Partidos nos que anotou tres ou máis goles: Actualizado de acordo ao último partido xogado o 4 de novembro de 2020. 

Palmarés

editar

Títulos nacionais

editar
Título Club País Ano
Copa do Rei F. C. Barcelona   España 2021

Distincións individuais

editar
Distinción Ano
Premio NxGn ao mellor futbolista novo do mundo 2021[39]
  1. "Top 30 Talents: The best young players in the world (10-1) - Eurosport". 
  2. "El Sevilla paga cara LaLiga Promises: saqueado por el Barça y el Madrid... otra vez". 25 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  3. "Ansu Fati, la perla culé que se crio en Marinaleda gracias a Sánchez Gordillo". 25 de agosto de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  4. "Descalzo y en bañador: así fueron los inicios de Ansu Fati, la nueva perla del Barça". 26 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  5. "La historia de Ansu Fati". 26 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  6. "Anssumane Fati se rompe la tibia y el peroné". 13 de decembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  7. "Anssumane Fati, el regreso más esperado en la Masía". 16 de setembro de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  8. "Ansu Fati: “Soy feliz por seguir tantos años en el Barça”". 24 de xullo de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  9. Arguedas, Marcela Aguilar (27 de agosto de 2019). "Ansu Fati, el adolescente al que abrazó efusivo Messi". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  10. "Ansu Fati evita la tragedia". 31 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  11. "Ansu Fati, el goleador más joven del Barça en la Liga". 31 de agosto de 2019. Consultado o 31 de agosto de 2019. 
  12. López, Marcos (15 de setembro de 2019). "El descomunal impacto de Ansu Fati". Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  13. "Ansu Fati, el debutante más joven de la historia del Barça en la Champions". 17 de setembro de 2019. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  14. "Ansu Fati: un cumpleaños muy especial". Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  15. "El FC Barcelona mejora el contrato y amplía la cláusula de Ansu Fati". 4 de decembro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  16. "Ansu Fati se convierte en el goleador más joven de la historia de la Champions". 10 de decembro de 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  17. "Ansu Fati se convirtió en el jugador más joven en debutar en la Supercopa". 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2020. 
  18. "Ansu Fati, el más joven de la historia en conseguir un doblete en Liga". 2 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2020. 
  19. "El Barça llega a los 9.000 goles". 5 de xullo de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  20. "Séptimo gol de Ansu Fati en la Liga y récord de asistencias de Messi (21)". 19 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  21. "Ansu Fati pasa a formar parte del primer equipo y lucirá el dorsal '22'". 23 de setembro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  22. "Un huracán llamado Ansu Fati arrasa al Villarreal". 27 de setembro de 2020. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  23. "Ansu Fati repite gol y ya está en el grupo de Pichichis". 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  24. "Ansu marca y ya es el primero con dos goles en Champions antes de los 18 años". 20 de outubro de 2020. Consultado o 20 de outubro de 2020. 
  25. "Ansu Fati se estrena como goleador y ya es el más precoz en los Clásicos". 24 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  26. "Ansu Fati iguala el récord de máximos goleadores en LaLiga menores de 18 años". 24 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  27. "Ansu Fati, amb una lesió al genoll esquerre" (en catalán). 7 de novembro de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  28. "Ansu Fati estará unos cuatro meses de baja". 9 de novembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021. 
  29. "Ansu Fati, novedad en la lista de convocados". 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  30. "¡Ansu Fati vuelve a jugar y marcar con el Barça!". 26 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro. 
  31. "Ansu Fati: azulgrana hasta 2027". 20 de outubro de 2021. Consultado o 20 de outubro de 2021. 
  32. "Ansu empuja al Barça a soñar con lo octavos". 2 de novembro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2021. 
  33. Moñino, Ladislao J. (10 de outubro de 2019). "Ansu Fati ya puede ser convocado con la selección española". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  34. "Ansu Fati, convocado por España". 11 de outubro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  35. "Ansu Fati, el segundo más joven en debutar con la Sub-21". 15 de outubro de 2019. Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  36. "Ansu Fati, Eric García y Óscar Rodríguez encabezan una lista repleta de caras nuevas". 20 de agosto de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  37. "Ansu Fati hace su debut con España". 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  38. "Ansu Fati se convierte en el goleador más joven de la historia de España". 6 de setembro de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  39. "Ansu Fati gana el premio NxGn 2021 al mejor jugador joven del mundo". estadiodeportivo.com. 23 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.