Antropoloxía cultural
A antropoloxía cultural é unha póla da antropoloxía que estuda o ser humano como un ente cultural, entendendo como cultura todo o que a persoa fai sobre a natureza: ferramentas, comercios, prácticas, roupa, casas, relixións, música, relacións sociais, etc. Principalmente trata de explicar as causas dos estilos de vida dos seres humanos,[1] os seus cambios e estancamentos nas culturas de tódolos tempos.[2] Pode axudarse das outras pólas da antropoloxía para aumentar a calidade das conclusións da súa investigación.[1] Algúns autores consideran que a antropoloxía cultural é sinònima da social[1][3] mentres que outros as diferencian.[4] Ámbolos dous poden agruparse baixo o termo "antropoloxía socio-cultural".[5]
En principio, a antropoloxía non fixo distincións entre a física e a cultura, todo está baseado nas leis da evolución de Charles Darwin e estudou as culturas subdesenvolvidas. Coidaban que o desenvolvemento dunha cultura con respecto a outras se explicaba polo tamaño do cranio dos seus habitantes.[6]
Historia da antropoloxía cultural
editarOs antropólogos europeos consideran a Heródoto o primeiro antropólogo, especialmente antropólogo cultural, porque non só rexistrou o que vía e o que contaban sobre outras culturas senón que tamén se preguntou o porqué das diferenzas entre os pobos.[7]
Máis tarde, os viaxeiros e os colonos dos séculos XVI e XVII tamén se preguntaron o mesmo que Heródoto.[8]
O ensaísta francés Montaigne (que viviu no século XVI) foi un destes viaxeiros e escribiu un ensaio sobre os caníbales. Durante o século XVI houbo discusións teolóxica sobre se os humanos de pel escura tamén eran descendentes de Adán. Os misioneiros españois crían que os habitantes do Caribe non tiña alma.
Durante o século XVII, Hobbes cría que os nativos americanos vivían en estado natural de loita constante.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Harris 1990, p. 14.
- ↑ Harris 1990.
- ↑ Mair 1982, p. 9.
- ↑ Harris 1990, p. 21.
- ↑ Fisher, William F. (21 de outubro de 1997). "Doing good? The Politics and Antipolitics of NGO Practices". Annual Review of Anthropology 26: 439–464. doi:10.1146/annurev.anthro.26.1.439.
- ↑ Diccionario de Filosofía (en castelán) (1a ed.). Barcelona: SPES Editorial. 2003. p. 10. ISBN 84-8332-398-2.
- ↑ Mair 1982, p. 24.
- ↑ Mair 1982, p. 25.