Lingua aragonesa
O aragonés[2] é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.
Aragonés | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [aɾaɣoˈnes] | |
Falado en: | España | |
Rexións: | Norte de Aragón | |
Total de falantes: | 54.481 (incluíndo falantes vivindo fóra da área nativa); (2011) | |
Familia: | Itálica Románica Occidental Ibero-románica Aragonés | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Academia de l'Aragonés | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | an
| |
ISO 639-2: | arg | |
ISO 639-3: | arg
| |
SIL: | ARG
| |
Mapa | ||
Status | ||
Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.
Descrición lingüística
editarFonoloxía e escritura
editarAlgúns trazos históricos do aragonés son:
- Os O e E abertos do romance resultan sistematicamente nos ditongos [we] e [je], por exemplo VET'LA > biella (gal: vella)
- Perda do -E final non acentuado, exemplo GRANDE > gran (gal: grande)
- A diferenza do castelán, preservase o F- romance en inicio, exemplo FILIU > fillo (gal: fillo)
- O iode romance (GE-,GI-,I-) convértese en consoante africada palatal xorda ch [ʧ], exemplo IUVEN > choben (gal: xove), GELARE > chelá(r) (gal: xear)
- Igual que en occitano os grupos cultos romances /-ult-/ e /-ct-/ pasan a [jt], exemplo FACTU > feito (gal feito, cat fet)
- Os grupos romance /-x-/, /-ps-/ e /scj-/ convértense en fricativa palatal xorda ix [ʃ], exemplo COXU > coixo (gal coxo, cat coix)
- A diferenza do castelán, os grupos romances -Lj-, -C'L-, -T'L- convértense en lateral palatal 'll' [ʎ], exemplo MULIERE > mullé(r) (gal: muller, cat: muller), ACUT'LA > agulla (gal: agulla, cat: agulla)
- A diferenza do castelán, o -B- latino permanece nas terminacións do imperfecto de indicativo na segunda e terceira conxugación: teniba (gal tiña, cat tenia)
Aspectos históricos, sociais e culturais
editarHistoria da lingua
editarTen a súa orixe no dialecto latino que se formou nos vales pirenaicos aragoneses durante os séculos VII e VIII sobre un acusado substrato vascón. A lingua tamén recibe, no seu período medieval, a denominación entre lingüistas de navarroaragonés, pola inicial dependencia aragonesa do Reino de Navarra.
A chamada "Reconquista", ou expansión do primitivo Reino de Aragón cara ao sur sobre terras musulmás, levaría consigo o idioma por todo o territorio conquistado, sendo os séculos XIII e XIV aqueles nos que abarcaría a súa maior extensión. A unión do Reino de Aragón co Condado de Barcelona no que sería a Coroa de Aragón supuxo unha importante influencia da lingua catalá sobre a aragonesa. A Chancelería Real tería o latín, o catalán e o aragonés por linguas de uso, e ocasionalmente o occitano.
Coa instauración, en 1412, da dinastía castelá dos Trastámara na Coroa de Aragón, o castelán vaise convertendo progresivamente na lingua da corte e da nobreza aragonesa. As clases altas e os núcleos urbanos serán os primeiros focos de castelanización, quedando o aragonés cada vez mais relegado a lingua de ámbito rural ou doméstico, e a sufrir un desprestixio social progresivo. Os séculos posteriores ao Decreto de Nova Planta de Filipe V, mediante o cal se suprimía a independencia política de Aragón, e a presión lingüística a favor do castelán da ditadura franquista no século XX, suporían a implantación case total da lingua castelá en Aragón, onde actualmente é o único idioma oficial.
Nos anos posteriores á ditadura de Franco, o aragonés contou cunha notable revitalización, que levou á creación de asociacións defensoras e promotoras do idioma, a progresivos intentos de estandarización dos dialectos -así como dunhas normas ortográficas consensuadas-, a unha crecente creatividade artística, principalmente literaria, e a unha busca da súa cooficialidade en varios municipios altoaragoneses. Porén, e a pesar do aumento de estudantes de aragonés e da xente concienciada coa salvagarda do idioma, este segue a contar con moi pouca axuda por parte das institucións, e o seu estado de conservación é cada vez mais precario entre os seus falantes nativos, a maioría dos cales fala un híbrido entre ambos idiomas, aragonés e castelán. Hoxe as falas aragonesas mellor conservadas danse nos vales xacetanos de Hecho-Echo chamado Cheso, e Ansó no val de Gistau-Chistau, e as falas da Ribagorza occidental, que son de transición ao catalán, principalmente en Benás-Benasque.
Dezanove persoas integran a primeira "Academia de l'Aragonés" unha entidade que naceu o pasado 15 de xullo, dentro do Segundo Congreso de l'Aragonés, que se celebrou en Zaragoza e Huesca. Por primeira vez, falantes de variedades coma o cheso, o chistabín, o belsetán, o ribagorzano (alto e baixo) ou o semontanés traballarán conxuntamente con estudosos que aprenderon esta pequena lingua de adultos e que escriben e falan na modalidade "común".
Uso e distribución
editarDistribución xeográfica
editarA lingua falase principalmente nos vales do Pireneo aragonés e estendese para o sur até Huesca. Áreas nas que se pode afirmar que se conserva o aragonés (clasificadas de maior a menor vitalidade) son: val de Bielsa, zona de Ayerbe, val de Aragüés, Alto Cinca, Somontano de Barbastro, Alto Gállego e val de Tena, Sobrarbe central, ribeira do Basa, ribeira do Gállego e val de Rasal, Xacetania, ribeira de Fiscal, Somontano de Huesca, val de Broto e val de Canfranc.
O Anteproxecto da Lei de Linguas de Aragón Arquivado 23 de abril de 2007 en Wayback Machine. recoñece como municipios que poden ser declarados zonas de utilización predominante da súa respectiva lingua ou modalidade lingüística propia ou zonas de utilización predominante do aragonés normalizado os seguintes municipios: Abiego, Abizanda, Adahuesca, Agüero, Aínsa-Sobrarbe, Aísa, Albero Alto, Albero Bajo, Alberuela de Tubo, Alcalá del Obispo, Alerre, Almudévar, Almunia de San Juan, Alquézar, Angüés, Ansó, Antillón, Aragüés del Puerto, Ardisa, Argavieso, Arguis, Ayerbe, Azara, Azlor, Bagüés, Bailo, Banastás, Barbastro, Barbués, Barbuñales, Bárcabo, Benás-Benasque, Berbegal, Biel, Bierge, Biescas, Bisaurri, Biscarrués, Blecua y Torres, Boltaña, Borau, Broto, Caldearenas, Campo, Canal de Berdún, Canfranc, Capella, Casbas de Huesca, Castejón de Sos, Castejón del Puente, Castiello de Jaca, Castillazuelo, Colungo, Chía, Chimillas, Estada, Estadilla, Fago, Fanlo, Fiscal, Fonz, Foradada del Toscar, El Frago, La Fueva, Gistaín, El Grado, Graus, Hoz de Jaca, Hoz y Costean, Huerto, Huesca, Ibieca, Igriés, Ilche, Jaca, Jasa, La Sotonera, Labuerda, Longás, Laluenga, Perdiguera, Lascellas-Ponzano, Laspuña, Loarre, Loporzano, Loscorrales, Lupiñén-Ortilla, Mianos, Monflorite-Lascasas, Monzón, Murillo de Gállego, Naval, Novales, Nueno, Olvena, Palo, Panticosa, Las Peñas de Riglos, Peraltilla, Perarrúa, Pertusa, Piracés, Plan, Pozán de Vero, La Puebla de Castro, Puente la Reina, Puértolas, El Pueyo de Araguás, Quicena, Robres, Sabiñánigo, Sahún, Salas Altas, Salas Bajas, Salillas, Sallent de Gállego, San Juan de Plan, Sangarrén, Santa Cilia, Santa Cruz de la Serós, Santa Eulalia de Gállego, Santaliestra y San Quílez, Santa María de Dulcis, Secastilla, Seira, Senés de Alcubierre, Sesa, Sesué, Siétamo, Tardienta, Tella-Sin, Tierz, Torla-Ordesa, Torralba de Aragón, Torres de Alcanadre, Torres de Barbués, Valle de Bardají, Valle de Hecho, Valle de Lierp, Vicién, Villanova, Villanúa, Yebra de Basa e Yésero.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aragonés.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua aragonesa |
Vexa no Galizionario as palabras en Aragonés |
Bibliografía
editar- Autores Varios, El aragonés: identidad y problemática de una lengua, 1982 Zaragoza ISBN 84-7078-022-0
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Asoziazión Nogara
- II Congreso de la lengua aragonesa
- Consello d'a Fabla Aragonesa
- Academia de l'Aragonés
- Arredol Arquivado 23 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. - Diario digital en aragonés