Arcanxo Rafael

arcanxo

Rafael (hebreo: רָפָאֵל (en hebreo: עברית); grego antigo: Ῥαφαήλ, Raphaḗl; copto: ⲣⲁⲫⲁⲏⲗ, Rafaêl; árabe: رفائيل‎, Rafā’īl, ou إسرافيل, Isrāfīl; amhárico: ሩፋኤል, Rufaʾel) é o arcanxo responsable das curacións na maioría de relixións abrahámicas. Con todo, non todas as relixións consideran a identificación de Rafael como canónica.

Modelo:BiografíaArcanxo Rafael

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Día de festividade relixiosa24 de outubro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

No cristianismo, Rafael está xeralmente asociado a un anxo sen nome do Evanxeo de Xoán, que mantén as augas curativas da piscina de Bethesda, aínda que é unha das figuras principais do Libro de Tobías. No islam, Rafael é o cuarto anxo en relevancia, e na tradición islámica é coñecido como Israfil. Aínda que non é nomeado no Corán, o hadith identifica a Israfil co anxo do Corán 6:73.

Rafael no xudaísmo

editar

Os anxos mencionados na Torá, o libro máis antigo da Biblia hebrea, carecen de nomes. Segundo o Talmud babilónico, Rafael identifícase como un dos tres anxos que se lle apareceron a Abrahán no carballo de Mamre, na rexión de Hebrón. Miguel camiñaba no medio, con Gabriel á súa dereita e Rafael á súa esquerda, albergando cada un dos tres anxos unha misión específica. A misión de Gabriel era destruír Sodoma, a de Miguel informar a Sara de que daría luz a Isaac no prazo dun ano, e a de Rafael sandar a Abrahán da súa recente circuncisión e salvalo de Lot.

Rafael no cristianismo

editar
 
Abrahán cos tres anxos, Rembrandt, 1646.

Catolicismo e ortodoxos

editar

De acordo co Libro de Tobías 5,4, Yahveh enviou a Rafael para acompañar a Tobías, fillo de Tobit, nunha viaxe longa e perigosa para conseguirlle unha esposa. Esta é Sara, quen vira morrer sete prometidos porque un demo, de nome Asmodeo, estaba namorado da muller e mataba o esposo na noite de vodas.[1]

Os católicos e os ortodoxos consideran que o Libro de Tobías deuterocanónico é canónico. Nel, Rafael aparece con aparencia humana cando acompaña o fillo de Tobit, Tobías, e inicialmente Rafael preséntase como «Azarías, fillo do grande Ananías». Durante a viaxe, en varias ocasións, amósase a influencia protectora do arcanxo. Despois da súa travesía e a cura da cegueira de Tobit, Azarías preséntase como "o anxo Rafael, un dos sete, que se presenta ante o Señor". Venérase como San Rafael o Arcanxo.[1]

Con respecto aos poderes curativos que se lle atribúen a Rafael, el declara a Tobit que o Señor o envía para curalo da súa cegueira e entregarlle a Sara, a súa futura nora. Durante a viaxe, dá instrucións a Tobías para pescar un peixe, do que extraería as vísceras máis tarde para afastar o demo Asmodeo namorado de Sara e curar a cegueira do seu pai. Debido a isto, a Rafael considérao protector dos noivos ou o noivado e o peixe pertence á súa simboloxía.[2]

No Novo Testamento, só se mencionan os arcanxos Gabriel e Miguel. Manuscritos máis tardíos do apóstolo Xoán mencionan un anxo que descendía á piscina de Bethesda e movía a auga. Debido aos seus poderes curativos, este anxo asóciase habitualmente con Rafael.[3]

Santo padroeiro

editar

Debido ás súas accións no Libro de Tobías e o Evanxeo de Xoán, San Rafael asóciase como patrón dos viaxeiros, os cegos, as reunións felices, os enfermeiros, os físicos, os traballadores sanitarios, os casamenteiros, os matrimonios cristiáns e os estudos católicos. Como inimigo particular do demo, foi protector na Europa católica dos mariñeiros: nunha esquina do Palacio Ducal de Venecia áchase un relevo que mostra a Rafael cun manuscrito no que pode lerse: "Efficia fretum quietum" (mantén o golfo tranquilo).

Iconografía

editar

Como patrón dos peregrinos e viaxeiros, a miúdo represéntase cun caxato. Tamén é moi común velo sobre un peixe ou enarborándoo, alusión á cura de Tobit coas entrañas do mesmo. Algúns mosaicos primitivos móstrano xunto a outros arcanxos como un cortesán bizantino.[4]

  1. 1,0 1,1 "CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: St. Raphael the Archangel". Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  2. Weninger, Francis Xavier (1876). Lives of the Saints: July-Dec (en inglés). P. O'Shea. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  3. "Sts. Michael, Gabriel, Raphael, Archangels" (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  4. "St. Raphael and Tobias in Christian Art and Iconography". Consultado o 21 de agosto de 2020.