Armando Calderón Sol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Armando Calderón Sol, nado en San Salvador o 24 de xuño de 1948, é un avogado, empresario e político, Presidente do Salvador entre 1994 e 1999.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1948 San Salvador, O Salvador |
Morte | 9 de outubro de 2017 (69 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | San Salvador |
41º Presidente do Salvador | |
1 de xuño de 1994 – 1 de xuño de 1999 ← Alfredo Cristiani – Francisco Flores Pérez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Aliança Republicana Nacionalista (pt) |
Premios | |
Traxectoria
editarEn 1977 recibiu un doutoramento en Xurisprudencia e Ciencias Sociais. Foi un dos fundadores da Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) en setembro de 1981. Foi Alcalde de San Salvador (1988-1994).
Presentouse como candidato presidencial nos comicios do 20 de marzo de 1994, pero non alcanzou a maioría en primeira volta, tendo que competir na segunda rolda electoral do 24 de abril co candidato de esquerda, Rubén Zamora da coalición FMLN-CD. Tras vencer na segunda elección, tomou posesión o 1º de xuño dese ano. A Calderón correspondeulle implementar varios puntos pendentes da aplicación dos Acordos de Paz de Chapultepec como o despregue da Policía Nacional Civil e a desmobilización da antiga Policía Nacional.
Xunto co seu conselleiros económicos, Juan José Daboub e Manuel Enrique Hinds, Calderón Sol puxo en marcha unha serie de medidas neoliberais como privatización das compañías telefónicas e de distribución eléctrica e os fondos de pensións ata entón de propiedade gobernamental. Durante a súa xestión, o territorio salvadoreño foi abordelado polo paso do Furacán Mitch, que provocou importantes danos na infraestrutura do país. Terminado o seu mandato, o 1 de xuño de 1999, Calderón Sol paso a ser Deputado do Parlamento Centroamericano, desde entón mantivo un alto perfil político e ocupou o cargo de presidente honorario da ARENA.
Notas
editarPresidente do Salvador | ||
---|---|---|
Segue a: Alfredo Cristiani |
Armando Calderón Sol | Precede a: Francisco Flores Pérez |
ARENA |