Art Nouveau
Art Nouveau (do francés: "nova arte") é un estilo internacional de arte, arquitectura e deseño que tivo o seu maior auxe no século XX. Este movemento influenciou diversas áreas do deseño, desde a arquitectura modernista até a tipografía e o mobiliario. Naceu en resposta ao academicismo e á estética historicista do século XIX, procurando unha maior liberdade creativa, unha harmonización entre as diferentes disciplinas artísticas e favorecendo un gusto pola artesanía.
Historia e influencias
editarTerminoloxía
editarOutro termo co que se lle coñece ao Art Nouveau é o modernismo que inclúe o Jugendstil en Alemaña, os Países Baixos e Escandinavia, Młoda Polska en Polonia, Modernisme en Cataluña, e Sezessionsstil na cidade de Viena.
En Rusia, o movemento xirou ó redor da magacine de arte Mir iskusstva ("Mundo da arte"). En Italia, ó redor de Stile Liberty chamado así pola famosa tenda londiniense.
En Portugal o nome é unha tradución literal do francés, Arte Nova. En España, o movemento centrouse ao redor da cidade de Barcelona e foi coñecido como modernismo, en catalán modernisme, co arquitecto Gaudí como a súa figura máis importante, con obras como a casa Batlló. O Art Nouveau tamén tivo grande importancia na Europa do leste, coa influencia de Alfons Mucha na cidade de Praga, na rexión de Moravia (parte da actual República Checa) e no Romanticismo da cidade de Riga, capital de Letonia, e fogar de máis de 800 edificios Art Nouveau.
Desambiguación
editarÉ importante distinguir o termo "modernismo" como se usa en diferentes contextos. Na Península Ibérica, "modernismo" refírese en xeral ao Art Nouveau e aos seus principios estéticos e decorativos. Con todo, en outros contextos, "modernismo" pode ter outra tradución desde a lingua inglesa, referíndose a movementos diferentes como o "modernism" arquitectónico ou "modern movement", ás veces referido como arquitectura moderna, que se centran na simplicidade e funcionalidade en lugar da ornamentación.
En portugués o termo pode ser empregado como en galego, catalán ou castelán, pero tamén pode referirse a todos os movementos artísticos e literarios heteroxéneos do final do século XIX ás vangardas, baseados na reacción contra as correntes tradicionais,[1] e mesmo, por influencia do inglés, ao racionalismo arquitectónico ou variantes como o estilo suave.
O modernismo, no sentido da Art Nouveau (como o modernismo catalán entre outros) tivo a súa prolongación en movementos como o organicismo arquitectónico, e influíu en deseñadores actuais como Echo Chernik, con ilustracións inspiradas no estilo dos carteis do século XIX.
Arquitectura
editarO deseño de edificios da arquitectura modernista destaca pola súa ornamentación fluída e formas inspiradas na natureza, en particular na vexetación, con fachadas decoradas e interiores exuberantes. Exemplos significativos da arquitectura modernista inclúen os traballos de Antoni Gaudí en Cataluña, cuxa obra está profusamente decorada con ferro forxado, trencadís e outros materiais, e Victor Horta en Bélxica.
Arquitectos da Art Nouveau
editar- Émile André (1871-1933)
- Georges Biet (1868-1955)
- Paul Charbonnier (1865-1953)
- Raimondo Tommaso D'Aronco (1857-1932)
- Mikhail Eisenstein (1867-1921),
- August Endel (1871-1925)
- Antoni Gaudí (1852-1926)
- Hector Guimard (1867-1942)
- Josef Hoffmann (1870-1956)
- Victor Horta (1861-1947)
- Charles Rennie Mackintosh (1868-1928)
- Marian Peretiatkovich (1872-1916)
- Fyodor Shekhtel (1859-1926)
- Louis Sullivan (1856-1924)
- Eugène Vallin (1856-1922)
- Henry Van de Velde (1863-1957)
- Otto Wagner (1841-1918)
- Lucien Weissenburger (1860-1929)
Deseño gráfico e mobiliario
editarO impacto do Art Nouveau foi aplicado tamén no deseño de interiores, mobiliario e deseño gráfico. O estilo inclúe tipografías arredondadas e fluídas, deseños de cartelería con motivos naturais e mobiliario con formas orgánicas e decorativas. Exemplos notables son os carteis de Alfons Mucha e Aubrey Beardsley, as cadeiras de Michael Thonet (a máis exitosa foi a nº 14)[2] e o mobiliario e as edículas do metro de París deseñadas entre 1899 e 1900 polo arquitecto Hector Guimard.[3]
Artistas da arte, pintura, e deseño gráfico
editar- Léon Bakst (1866-1924)
- Aubrey Beardsley (1872-1898)
- Ivan Yakovlevich Bilibin (1876-1942)
- Pierre Bonnard (1867-1947)
- Gaston Gerard (1878-1969)
- Tony Sawyer (1889-1945)
- Gustav Klimt (1862-1918)
- Konstantin Korovin (1861-1939)
- Alfons Mucha (1860-1939)
- Edvard Munch (1863-1944)
- Valentin Serov (1865-1911)
- Konstantin Somov (1869-1939)
- Henri de Toulouse-Lautrec (1864-1901)
- Janos Vaszary (1867-1939)
Modernismo na Península Ibérica
editarCataluña e área de influencia
editar- Artigo principal: modernismo catalán.
O modernismo en Cataluña, coñecido como modernisme, alcanzou o seu apoxeo entre finais do século XIX e principios do XX. Este estilo, que se desenvolveu en paralelo co Art Nouveau, é particularmente visible en Barcelona e en vilas e cidades veciñas, como Reus, Tarragona ou Santa Coloma de Cervelló.[4]
Antoni Gaudí é sen dúbida a figura máis emblemática deste movemento, cunha obra que inclúe a Sagrada Familia, a Casa Batlló e o Parc Güell entre outras. Fóra de Cataluña proxectou Casa Botines de León, El Capricho de Comillas, Cantabria, e o Palacio Episcopal de Astorga, de estilo ecléctico que mestura o modernismo e o neogoticismo.[5]
Outros arquitectos destacados son Lluís Domènech i Montaner e Josep Puig i Cadafalch. O modernismo tamén se estendeu ás Illas Baleares e Valencia (véxase modernismo valenciano), e mesmo a Cartaxena, por obra do arquitecto catalán Víctor Beltrí,[6] onde se aprecian influencias semellantes en algúns edificios públicos e residenciais, con características do modernismo catalán.
A Habana tamén é unha das cidades con maior presenza de arquitectura modernista de todo o mundo, principalmente polo labor de arquitectos cataláns.[7]
Galiza
editarEn Galiza, o modernismo, aínda que de xeito menos intenso que en Cataluña, tamén deixou a súa pegada en numerosas vilas e cidades como Santiago de Compostela, onde se poden ver diversas obras na rúa do Hórreo ou na praza de Galicia, algunhas desaparecidas como o antigo edificio de Castromil,[8] e na Coruña, con obras na praza de Pontevedra, praza de Galicia e outras rúas, de arquitectos como Ricardo Boán ou Antonio López Hernández, reflectindo influencias centroeuropeas chegadas a través de catálogos e revistas, fusionando a estética internacional coas tradicións locais adaptadas ao contexto galego.[9]
Portugal
editar- Artigo principal: Arte Nova.
En Portugal, o movemento modernista é coñecido como Arte Nova e influenciou obras de arquitectura, deseño de interiores e mobiliario, reflectindo unha adaptación do Art Nouveau, integrando elementos decorativos locais. Aínda que o seu impacto foi máis moderado en comparación con outros países europeos, tivo unha presenza notable principalmente en Lisboa. no Porto e Aveiro, nomeada Cidade-museu da Arte Nova em Portugal, e membro da "Réseau Art Nouveau Network" á par de Barcelona, Bruxelas, Budapest, Glasgow, Helsinqui ou A Havana.[10]
Notas
- ↑ "modernismo". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-08-28.
- ↑ "The Chair Men - Gebrüder Thonet and the Number 14 Chair". www.europeana.eu (en inglés). 2019-11-05. Consultado o 2024-08-28.
- ↑ "Paris métro, histoire et design - Sybil Canac". Babelio (en francés). Consultado o 2024-08-28.
- ↑ "Inici". Ruta del Modernisme de Barcelona (en catalán). Consultado o 2024-08-29.
- ↑ Vargas, Sofía (2020-01-06). "La magnífica arquitectura 'art nouveau' del gran Antoni Gaudí". My Modern Met (en castelán). Consultado o 2024-08-29.
- ↑ Medina, Alberto Piernas (2022-09-23). "Victor Beltrí: el genio modernista que reinventó Cartagena". Architectural Digest (en castelán). Consultado o 2024-08-28.
- ↑ "La Habana - Réseau Art Nouveau Network". www.artnouveau-net.eu (en inglés). 2019-08-26. Consultado o 2024-08-29.
- ↑ Fuentes-Valcárcel, Alberto (2021-03-06). "Ruta modernista por Santiago de Compostela". Art-Nouveau Coruña (en castelán). Consultado o 2024-08-29.
- ↑ "Modernismo". Turismo da Coruña. Consultado o 2024-08-29.
- ↑ "Rota da Arte Nova (Aveiro)". Centro de Portugal (en portugués). Consultado o 2024-08-29.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Art Nouveau |
Ligazóns externas
editar----
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |