Arthur Miller
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Arthur Asher Miller, nado en Nova York o 17 de outubro de 1915 e finado en Roxbury, Connecticut, o 10 de febreiro de 2005, foi un dramaturgo e guionista estadounidense.
Traxectoria
editarFoi fillo dunha familia de inmigrantes xudeus polacos de clase media. O seu pai, Isadore, posuía unha próspera empresa téxtil, o que permitiu á familia vivir en Manhattan, xunto a Central Park. Con todo, a Gran Depresión acabou coa empresa familiar, polo que a familia tivo que mudarse a un modesto apartamento en Brooklyn. Este apartamento serviríalle posteriormente como modelo da vivenda do protagonista de Morte dun viaxante.
Acabado o bacharelato, traballou nun almacén de repostos para automóbiles para poder costearse a universidade. Estudou xornalismo na Universidade de Míchigan, na que recibiu o primeiro dos premios da súa vida, o Premio Avery Hopwood. Trala súa graduación (1938), trasladouse novamente a Nova York, onde gañou a vida escribindo guións radiofónicos. Ós 28 anos estreou a súa primeira obra en Broadway, a comedia Un home con moita sorte, que só estivo en cartel en catro representacións. En 1947 estrea Todos eran os meus fillos. Con esta obra, que permaneceu en carteleira durante case un ano, recibiu en 1948 o Premio da Crítica outorgado polo Círculo de Críticos de Teatro de Nova York. Nesta obra denuncia o cinismo das empresas de armamentos.
Crítica social
editarXa desde os seus primeiros títulos deixa entrever o que sería o elemento fundamental de toda a súa obra: a crítica social, que denuncia os valores conservadores que comezaban a asentarse na sociedade de Estados Unidos. A súa consagración definitiva prodúcese en 1949, con Death of a Salesman, na que denuncia o carácter ilusorio do soño americano. Nesta traxedia, o seu protagonista, Willy Loman, un viaxante de comercio (vendedor) que cría no soño americano, oculta ós seus achegados os seus fracasos no seu emprego e, tras ser despedido, estrelouse co seu coche para que a súa familia puidese cobrar o seu seguro de vida e o seu fillo tivese unha vida mellor cá súa. En 1988 Miller declararía: Xamais imaxinei que adquiriría as proporcións que tivo. Era unha obra literal sobre un vendedor, pero logo converteuse nun mito, non só aquí, senón en moitas outras partes do mundo. A obra foi galardoada co Premio Pulitzer, con tres Premios Tony e de novo co da Crítica de Nova York.
Caza de bruxas
editarNa década de 1950 foi vítima da caza de bruxas. Acusado de simpatías comunistas por Elia Kazan, refusou revelar os nomes dos compoñentes dun círculo literario sospeitoso de ter vínculos co Partido Comunista ante a Comisión de Actividades Antiamericanas en 1956, acolléndose á protección constitucional. A pesar das presións que sufriu (foille retirado o pasaporte, non pudendo viaxar a Bruxelas para asistir á estrea dunha das súas obras), Miller non deu ningún nome, declarando que, aínda que asistira a reunións en 1947 asinando algúns manifestos, non era comunista. En maio de 1957 declaróuselle culpable de desacato ó Congreso por terse negado a revelar nomes de supostos comunistas. Malia isto, en agosto de 1958, o Tribunal de Apelación dos Estados Unidos anulou a sentenza, de forma que non tee que ingresar na cadea.
A atmosfera daquel tempo plasmouse en The crucible, (1953). Nesta obra sérvese dun acontecemento real do século XVII para atacar a caza de bruxas dirixida polo senador McCarthy da que el mesmo foi vítima. Unha produción de As bruxas de Salem foi presentado polo Departamento de Teatro de Addison Trail en novembro de 2005.
En 1955 publicou A Memory of Two Mondays e A View from the Bridge, levada con éxito ó cine e ó teatro e coa que obtivo o seu segundo premio Pulitzer. O 29 de xuño de 1956 casou con Marilyn Monroe, matrimonio que duraría catro anos e medio.
En 1961 escribe o guión de The Misfits, escrito para a súa dona, Marilyn Monroe e levada ó cine por John Huston, contando ademais con Montgomery Clift e Clark Gable como protagonistas. Esta sería a última película de Marilyn e de Gable, mortos ambos pouco despois.
En 1964, Miller reflectiu os cinco atormentados anos de relación con Marilyn na controvertida After the Fall, co carácter autodestrutivo da protagonista, Maggie. Outras obras súas son Incident at Vichy (1964), The Price (1968), o seu último éxito de crítica e público, e The Creation of the World and Other Business (1972). A década de 1970 foi o comezo dunha etapa de escuridade, na que foi etiquetado de anticuado, moralista ou sermoneador. Non sairía do seu relativo ostracismo ata 1994, co éxito de Broken Glass. Durante esta etapa de escuridade, Miller viaxa por todo o mundo, sendo aclamado coma un clásico vivo, pero encontrando no seu país cada vez máis dificultades para estrear.
Como escritor, obtén o seu maior éxito coa publicación en 1987 da súa autobiografía Timebends: A Life.. En 1998 escribe Mr Peter’s Connections e en 2000 volve a estrear en Broadway The Ride Down Mt. Morgan, escrita en 1991 e para a que tardou dez anos en atopar unha produción axeitada.
Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2002.
Casou en tres ocasións. Antes de casar con Marilyn Monroe fixérao o 5 de agosto de 1940 coa súa moza da escola , Mary Slattery, a filla católica dun vendedor de seguros. Con ela tivo dous fillos, Jane e Robert antes de divorciarse en 1956. E despois de Marilyn (o matrimonio coa actriz durou entre 1956 e 1961) contraeu matrimonio en 1962 coa fotógrafa de prensa Inge Morath. Xuntos tiveron dous fillos e a unión mantívose ata a morte dela en 2002.
Miller tamén é coñecido polo seu intenso activismo político e social. Arremeteu contra a deshumanización da vida estadounidense; aproximouse ó marxismo, criticándoo máis tarde; opúxose activamente á caza de bruxas de McCarthy e denunciou a intervención de Estados Unidos na Corea e na Vietnam. Foi delegado na convención demócrata de 1968, pero terminou nunha posición escéptica respecto da política.
Morreu o 10 de febreiro de 2005 uns meses antes de cumprir os 90 anos.
Obras
editar- No Villain (teatro, 1936)
- They Too Arise (teatro, 1937, baseada en No Villain)
- Honors at Dawn (teatro, 1938, baseada en They Too Arise)
- The Grass Still Grows (teatro, 1938, baseada en They Too Arise)
- The Great Disobedience (teatro, 1938)
- Listen My Children (teatro, con Norman Rosten, 1939)
- The Golden Years (, 1940)
- The Man Who Had All the Luck (teatro, 1940)
- The Pussycat and the Plumber Who Was a Man (teatro para radio, 1941)
- William Ireland’s Confession (teatro para radio, 1941)
- Jed Chandler Harris (teatro para radio, 1941)
- Captain Paul (teatro para radio, 1941)
- The Battle of the Ovens (teatro para radio, 1942)
- Thunder from the Mountains (teatro para radio, 1942)
- I Was Married in Bataan (teatro para radio, 1942)
- Toward a Farther Star (teatro para radio, 1942)
- The Eagle’s Nest (teatro para radio, 1942)
- The Four Freedoms (teatro para radio, 1942)
- The Half-Bridge (teatro, 1943)
- That They May Win (teatro para radio, 1943)
- Listen for the Sound of Wings (teatro para radio, 1943)
- Bernardine (teatro para radio, 1944)
- I Love You (teatro para radio, 1944)
- Grandpa and the Statue (teatro para radio, 1944)
- The Philippines Never Surrendered (teatro para radio, 1944)
- The Guardsman (teatro para radio, 1944, baseada na obra de Ferenc Molnár)
- Pride and Prejudice (teatro para radio, 1944, baseada na novela homónima de Jane Austen)
- The Story of G.I. Joe (película, 1943)
- Focus (novela, 1945)
- Three Men on a Horse (teatro para radio, 1946, baseada na obra de George Abbott e John C. Holm)
- All My Sons (teatro, 1947)
- The Story of Gus (teatro para radio, 1947)
- The Hook (película, 1947)
- Death of a Salesman (teatro, 1949)
- An Enemy of the People (teatro, 1950, baseada na obra de Henrik Ibsen An Enemy of the People)
- The Crucible (As bruxas de Salem) (teatro, 1953)
- A View from the Bridge (teatro, 1955)
- A Memory of Two Mondays (teatro, 1955)
- The Misfits (relato curto, 1957)
- The Misfits (guión, 1961)
- After the Fall (teatro, 1964)
- Incident at Vichy (teatro, 1964)
- I Don’t Need You Anymore (relatos curtos, 1967)
- The Price (teatro, 1968)
- Fame (teatro para televisión, 1970)
- The Reason Why (teatro para radio, 1970)
- The Creation of the World and Other Business (teatro, 1972)
- The Archbishop's Ceiling (teatro, 1977)
- The American Clock (teatro, 1980)
- Playing for Time (teatro para televisión, 1980)
- Elegy for a Lady (obra curta de teatro, 1982, primeira parte de Two Way Mirror)
- Some Kind of Love Story (obra curta de teatro, 1982, segunda parte de Two Way Mirror)
- Everybody Wins (guión, 1984)
- Playing for Time (versión de montaxe, 1985)
- I Think About You a Great Deal (teatro, 1986)
- I Can’t Remember Anything (teatro, 1987, tamén coñecida como Danger: Memory)
- Clara (teatro, 1987, tamén coñecida como Danger: Memory)
- The Last Yankee (teatro, 1991)
- The Ride Down Mt. Morgan (teatro, 1991)
- Homely Girl (relato curto, 1992, publicado no Reino Unido como Plain Girl: A Life 1995)
- Broken Glass (teatro, 1994)
- The Crucible (guión, 1995)
- Mr Peter’s Connections (teatro, 1998)
- Resurrection Blues (teatro, 2002)
- Finishing the Picture (teatro, 2004)
Obras de non-ficción
editar- Situation Normal (1944).
- In Russia (1969).
- In the Country (1977), con fotografías de Morath e texto de Miller.
- Chinese Encounters (1979).
- Salesman in Beijing (1984).
- Timebends: A Life. (1998)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arthur Miller |