Atamante
Atamante foi un rei eocio da mitoloxía grega.
Vida
editarUniuse en primeiras nupcias a Néfele, coa que tivo a Frixo, Hele e Macisto. Despois repudiouna para casar con Ino, da que tivo a Learco e Melicertes. Como Ino tentou matar os seus fillastros, Zeus enviou o vélaro de ouro, que levou aos nenos voando á Cólquida. Ao decatarse Atamante do ocorrido, Ino foxe das iras do seu esposo. O rei, crendo que estaba morta, casa en terceiras nupcias con Temisto. Con esta última ten a Esfinxio e Orcómeno. Esta vez é Temisto quen atenta contra os fillos de Ino, pero, confundida pola noite, mata aos seus propios fillos en vez de aos seus fillastros.
Noutra versión do mito son Atamante e Ino os que matan aos seus propios fillos entolecidos por Hera como castigo por axudar a Dioniso.