Club Deportivo Atlético Baleares

club de fútbol de Palma, Illas Baleares
(Redirección desde «Atlético Baleares»)

O Club Deportivo Atlético Baleares (en catalán: Club Esportiu Atlètic Balears) é un club de fútbol de España da cidade de Palma, nas Illas Baleares. Foi fundado en 1920 e actualmente xoga na Primeira Federación.

Atlético Baleares
NomeClub Deportivo Atlético Baleares
Alcume(s)Balearicos
Fundación14 de novembro de 1920
EstadioSon Malferit,
Palma,
Illas Baleares, España
Inauguración8 de maio de 1960
Capacidade18.000
PropietarioProcampo
Presidente Fernando Crespí
AdestradorChristian Ziege [1]
Liga2ªB - Grupo 3
2015–16
VestimentaJoma
PatrocinadorAir Europa
Na rede
http://www.cdatb.com
Facebook: cdatleticbalears Twitter: atleticbalears Instagram: cdatleticbalears Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Historia

editar

Os antecedentes do club remóntanse á creación do Mècanic Futbol Club (1920), un equipo formado polos traballadores da compañía Isleña Marítima e que tiña no seu equipamento as cores branquiazuis. En 1920 o Mècanic FC fusiónase co Mallorca FC para formar o Baleares Futbol Club.

O 27 de maio de 1942 naceu o actual Atlético Baleares a partir da absorción do Athletic Futbol Club (creado en 1922) por Baleares FC, con Pedro Serra como presidente. O equipo logrou os seus maiores éxitos nos anos 50, cando en 1951 ascendeu a Segunda División. Nesa categoría estivo desde 1951 ata 1953, e tras descender volveu xogala de 1961 ata 1963.

O equipo descendeu a Terceira División nos anos 90 e pasou o seu peor momento no ano 2005, cando baixou á Rexional Preferente Balear. Con todo, o club puido ascender a Terceira. Na tempada 2007-08, o Atlético Baleares regresou a Segunda B tras quedar primeiro na fase regular e vencer por 2 a 0 ao SD Gernika Club. Tras descender a Terceira na tempada 2008-09, o club conseguiu o campionato de liga 2009-10 e xogou en Segunda B a tempada 2010-11 logo de gañar ao CD Tudelano no play-off de ascenso.

A tempada 2011-12 marcouse o obxectivo de clasificarse entre os catro primeiros para xogar a promoción. Logo dunha brillante liga regular, o Atlético Baleares proclamouse campión do grupo 3 e disputou o playoff contra o Mirandés, co ascenso directo en xogo. O equipo non superou a eliminatoria (1-0 en Miranda e 1-2 no Estadio Balear) e viuse abocado a xogar as eliminatorias de repesca para o ascenso. Tocoulle o Lugo, ao cal tampouco puido superar (3-1 en Lugo e 0-0 no Estadio Balear).

Palmarés

editar

Tempadas

editar
  • Tempadas en Segunda División (4): 1951-52, 1952-53, 1961-62 e 1962-63
  • Tempadas en Segunda División B (11): 1977-78, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 2008-09, 2010-11, 2011-12, 2012-13, 2013-14, 2014-15 e 2015-16
  • Tempadas en Terceira División (53): 1943 a 1951, 1953 a 1961, 1963 a 1973, 1975 a 1977, 1978 a 1981, 1984 a 1987, 1990 a 2005, 2006 a 2008 e 2009-10
  • Tempadas en Rexional Preferente (8): 1940 a 1943, 1973-74, 1974-75, 1981-82, 1982-83 e 2005-06

Títulos

editar
  • Campionatos da Segunda División B (1): 2012
  • Campionatos da Terceira División (11): 1951, 1956, 1961, 1965, 1968, 1998, 2000, 2001, 2002, 2008 e 2010
  • Subcampionatos da Terceira División (10): 1957, 1958, 1960, 1964, 1966, 1986, 1987, 1994, 1995 e 1997
  • Campionatos da Rexional Preferente (3): 1975, 1983 e 2006
  • Trofeos Nicolás Brondo (24): 1966, 1967, 1970, 1974, 1975, 1977, 1979, 1980, 1987, 1989, 1991, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015

Clasificaciones na Liga

editar
  • 1940-41: 1ª Rexional (6º)
  • 1941-42: 1ª Rexional (3º)
  • 1942-43: 1ª Rexional (2º)
  • 1943-44: 3ª División (8º)
  • 1944-45: 3ª División (7º)
  • 1945-46: 3ª División (3º)
  • 1946-47: 3ª División (3º)
  • 1947-48: 3ª División (7º)
  • 1948-49: 3ª División (9º)
  • 1949-50: 3ª División (7º)
  • 1950-51: 3ª División (1º)
  • 1951-52: 2ª División (10º)
  • 1952-53: 2ª División (14º)
  • 1953-54: 3ª División (7º)
  • 1954-55: 3ª División (5º)
  • 1955-56: 3ª División (1º)
  • 1956-57: 3ª División (2º)
  • 1957-58: 3ª División (2º)
  • 1958-59: 3ª División (3º)
  • 1959-60: 3ª División (2º)
  • 1960-61: 3ª División (1º)
  • 1961-62: 2ª División (10º)
  • 1962-63: 2ª División (14º)
  • 1963-64: 3ª División (2º)
  • 1964-65: 3ª División (1º)
  • 1965-66: 3ª División (2º)
  • 1966-67: 3ª División (3º)
  • 1967-68: 3ª División (1º)
  • 1968-69: 3ª División (5º)
  • 1969-70: 3ª División (8º)
  • 1970-71: 3ª División (17º)
  • 1971-72: 3ª División (10º)
  • 1972-73: 3ª División (19º)
  • 1973-74: Rexional Preferente (3º)
  • 1974-75: Rexional Preferente (1º)
  • 1975-76: 3ª División (15º)
  • 1976-77: 3ª División (6º)
  • 1977-78: 2ª División B (20º)
  • 1978-79: 3ª División (17º)
  • 1979-80: 3ª División (13º)
  • 1980-81: 3ª División (19º)
  • 1981-82: Rexional Preferente (3º)
  • 1982-83: Rexional Preferente (1º)
  • 1983-84: 3ª División (4º)
  • 1984-85: 3ª División (3º)
  • 1985-86: 3ª División (2º)
  • 1986-87: 3ª División (2º)
  • 1987-88: 2ª División B (12º)
  • 1988-89: 2ª División B (6º)
  • 1989-90: 2ª División B (20º)
  • 1990-91: 3ª División (3º)
  • 1991-92: 3ª División (3º)
  • 1992-93: 3ª División (8º)
  • 1993-94: 3ª División (2º)
  • 1994-95: 3ª División (2º)
  • 1995-96: 3ª División (3º)
  • 1996-97: 3ª División (2º)
  • 1997-98: 3ª División (1º)
  • 1998-99: 3ª División (4º)
  • 1999-00: 3ª División (1º)
  • 2000-01: 3ª División (1º)
  • 2001-02: 3ª División (1º)
  • 2002-03: 3ª División (8º)
  • 2003-04: 3ª División (9º)
  • 2004-05: 3ª División (19º)
  • 2005-06: Rexional Preferente (1º)
  • 2006-07: 3ª División (6º)
  • 2007-08: 3ª División (1º)
  • 2008-09: 2ª División B (20º)
  • 2009-10: 3ª División (1º)
  • 2010-11: 2ª División B (13º)
  • 2011-12: 2ª División B (1º)
  • 2012-13: 2ª División B (11º)
  • 2013-14: 2ª División B (5º)
  • 2014-15: 2ª División B (12º)
  • 2015-16: 2ª División B (9º)
  • 2016-17: 2ª División B

Estadio

editar

O Estadio Balear, inaugurado en 8 de maio de 1960 atópase na localidade de Palma, próximo á autovía coñecida como Vía de cintura, por iso é polo que se lle coñeza tamén como o Estadio de la Vía de Cintura.

Ten unha capacidade de 18.000 espectadores (3.000 deles con asentos) e posúe unhas dimensións de 102 metros de longo por 67 metros de ancho. Está provisto de céspede artificial.

Primeiro equipo tempada 2011-12

editar

Xogadores

editar
Posto País Xogador
1 POR   Nicolas Bonis
2 DEF   Rafel Sastre
3 DEF   Pau Albertí
4 MED   David Sánchez
5 DEF   Antonio del Castillo
6 DEF   Dani Guillén
8 DEL   Walter Pandiani
9 DEL   David Agudo
10 MED   Thiago Benevides Gonçalves
11 DEL   Salva Chamorro
15 DEF   José C. Fernández
16 MED   Samuel Baños
Posto País Xogador
17 MED   Daniel Fragoso
18 MED   Cristian Portilla
19 DEF   Ander Gago
20 DEF   Jorge Rojas
21 MED   Femi Balogun
22 POR   Xavi Ginard
23 POR   Ian Mackay
24 MED   Xavi Molina
25 MED   Nicolás Pandiani
26 DEL   Roque Mesa
27 DEL   Cristian López
28 DEF   José Picón

Corpo técnico

editar
  • Adestrador:   Francesc "Chichi" Soler Atencia
  • Segundo adestrador:   Ángel Sánchez García, "Layos"
  • Adestrador porteiros:   Toni Amengual Miralles
  • Preparador físico:   Pau Albertí Cabot
  • Médico:   Martí Cladera Cifre
  • Fisioterapeuta:   Eduard Nicuesa Batlle
  • Preparador físico:   Tere Arrom Pascual
  • Delegados:   Pepe Gómez Sabidó,   Miquel Garau Orell
  • Utilleros:   Jeroni Tegla Medina,   Vicenç Barceló,   Joan Mascaró Font

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  1. http://www.sueddeutsche.de/muenchen/sport/fussballtrainer-ziege-balearen-hoch-1.2764592