Baixa Saxonia
A Baixa Saxonia[1][2] (en alemán Niedersachsen, en baixo saxón: Neddersassen, en frisón oriental: Läichsaksen) é un dos dezaseis estados federados de Alemaña. O estado ten unha poboación preto dos oito millóns de habitantes nunha superficie de 47,618 km², sendo o segundo estado maior en terreo da Alemaña e o cuarto en poboación. A lingua maioritaria é o alemán, aínda que nalgunhas zonas rurais segue a empregarse o baixo saxón (Plattdeutsch).
Niedersachsen (de) | |||||
Lema | «Niedersachsen. Klar.» (2016–) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Saxóns | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Capital | Hannover | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.003.421 (2021) (168,09 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua frisoa oriental East Frisian Low Saxon (en) Lingua baixo alemá Hochdeutsch (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47.614,07 km² | ||||
Bañado por | Mar do Norte e German Bight (en) | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Punto máis alto | Wurmberg (971,2 m) | ||||
Comparte fronteira con | Estado de Bremen, dentro Hessen, sur Turinxia, sur Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen, Suroeste Provincia de Groninga - Provincie Groningen, oeste Drenthe, oeste Saxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt, sueste Mecklemburgo-Antepomerania, Nordés Brandeburgo, leste Schleswig-Holstein, norte Hamburgo, norte Overijssel, oeste | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Hanôver (pt) , State of Brunswick (en) , Free State of Oldenburg (en) e Free State of Schaumburg-Lippe (en) | ||||
Creación | 1 de novembro de 1946 | ||||
Organización política | |||||
• Minister-President of Lower Saxony (en) | Stephan Weil (pt) (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of Lower Saxony (en) , (Escano: 146) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of Lower Saxony (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | DE-NI | ||||
Código NUTS | DE9 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 03 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Tokushima (2007–) | ||||
Páxina web | niedersachsen.de | ||||
A Baixa Saxonia está bañado no seu extremo setentrional polo Mar do Norte, facendo fronteira cos Estados de Schleswig-Holstein, Hamburgo, e Mecklemburgo-Antepomerania ao norte; Brandeburgo e Saxonia-Anhalt ao leste; Turinxia, Hessen e Renania do Norte-Westfalia ao sur; e cos Países Baixos ao oeste. En total, a Baixa Saxonia é o estado alemán que está rodeado por máis estados distintos. O Estado de Bremen forma dous enclaves dentro da Baixa Saxonia, un a Cidade de Bremen e outro a cidade portuaria de Bremerhaven. As principais cidades do estado son Hannover, Braunschweig, Lüneburg, Osnabrück, Oldenburg e Gotinga (Göttingen). Hai unha importante presenza de galegos, especialmente en cidades como Buxtehude, Stade e Cuxhaven, onde hai un Centro Galego.[3][4]
Clima
editarO clima da Baixa Saxonia está entre o clima temperado típico dos países de Europa occidental e o continental dos países do Leste de Europa. Os invernos mostran temperaturas baixas con meses de neve e no verán as temperaturas son suaves sen chegar aos 30 graos Celsius. A temperatura media oscila entre os 8 °C (7,5 °C en Alten Land até os 8,5 °C no Distrito de Cloppenburg). As choivas son abundantes e nótase na verde vexetación que rodea as vilas.
Cultura
editarPatrimonio da Humanidade da UNESCO
editarHai catro Patrimonio da Humanidade da UNESCO na Baixa Saxonia como Patrimonio da Humanidade en Alemaña. Isto inclúe o patrimonio en dúas partes da Catedral de St. Mariae e a Michaeliskirche en Hildesheim. O sitio patrimonial de tres partes no oeste de Harz está formado pola mina Rammelsberg, a cidade vella de Goslar e a Upper Harz Water Regale coa Grube Samson e o Kloster Walkenried. O sitio Patrimonio da Humanidade máis recente foi a Fábrica Fagus en Alfeld en 2011. O Mar de Wadden da Baixa Saxonia é Patrimonio da Humanidade. A Biblioteca Leibniz - Biblioteca Estatal de Baixa Saxonia contén a correspondencia de Gottfried Wilhelm Leibniz, que pertence ao Patrimonio Documental Mundial da UNESCO desde 2007. A Biblioteca Estatal e Universitaria de Baixa Saxonia en Göttingen alberga un exemplar da Biblia de Gutenberg impresa en pergamiño. Este libro, coñecido por ter 42 liñas de texto por páxina, é unha peza valiosa do patrimonio mundial pola innovación que representou no mundo da imprenta.
En 2012, o estado de Baixa Saxonia propuxo a paisaxe cultural en Altes Land e o Rundlingsdörfer no Wendland de Hannover para a lista alemá de propostas para o futuro Patrimonio da Humanidade da UNESCO (lista tentativa), para as que cada estado alemán pode presentar dúas propostas. O Ministerio de Ciencia e Cultura da Baixa Saxonia anunciou os dous candidatos o 18 de xuño de 2012 tras un proceso de selección que comezara en 2011. En 2013, a Kultusministerkonferenz decidía cales serían as solicitudes dos estados federais que se incluirían na lista de propostas alemá ('lista provisional'), entre as que a UNESCO seleccionaría novos sitios Patrimonio da Humanidade a partir de 2017. A cidade de Lüneburg presentou máis solicitudes a nivel estatal para o seu centro histórico e o Verein Naturschutzpark (VNP) para o Uzal de Lüneburg. O ministerio recomendou que ambas institucións presentasen solicitudes en serie, no caso de Lüneburg xunto con "lugares de sal" comparables e no caso do VNP xunto con outros lugares "agro-pastoralen".[5] A solicitude da cidade de Wunstorf para o nomeamento da Sigwardskirche en Idensen como un pequeno edificio sagrado importante do románico non foi considerada "por motivos tácticos".[6]
Notas
editar- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Diciopedia do século 21. Galaxia. p. 1508. ISBN 9788482893600.
- ↑ "Cocido-galego-na-Baixa-Saxonia". emigracion.xunta.gal. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Emigración, Secretaría Xeral da. "Centro Cultural Gallego de Cuxhaven". Consultado o 2023-09-16.
- ↑ "„Altes Land“ und „Rundlingsdörfer des Hannoverschen Wendlandes“ werden für die deutsche Tentativliste gemeldet". www.mwk.niedersachsen.de; Nds. Ministerium für Wissenschaft und Kultur. Consultado o 2023-09-16.
- ↑ [https://web.archive.org/web/20210414194206/https://www.haz.de/Nachrichten/Der-Norden/Uebersicht/Wer-wird-Welterbe Arquivado 14 de abril de 2021 en Wayback Machine. Quen será Patrimonio da Humanidade? en: Hannoversche Allgemeine Zeitung do 18 de xuño de 2012] .
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa Saxonia |
Outros artigos
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |