Baltazar Maria de Morais Júnior
Baltazar Maria de Morais Junior, nado en Goiânia (Estado de Goiás) o 17 de xullo de 1959, foi un futbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1959 (65 anos) Goiânia, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1978 - 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarIniciou a súa carreira profesional en 1978 no Atlético-GO, acadando o título de máximo goleador do Campionato Goiano. No ano seguinte fichou polo Grêmio, onde conquistou os seus primeiros títulos co bicampionato Gaúcho de 1979 e 1980, e sendo máximo goleador do Campionato Gaúcho en 1980 (28 goles) e 1981 (20 goles)[1]. En 1981 fixo o gol que lle deu o primeiro título brasileiro ao Grêmio na final contra o São Paulo no Morumbi, logo de errar un penalti no partido de ida no estadio Olímpico Monumental. Baltazar xogou tamén no Flamengo, Botafogo e Palmeiras.
Chegou ao Celta de Vigo na tempada 1985-1986 logo de ser o máximo goleador na liga do Brasil con 51 goles. No seu primeiro ano non destacou demasiado pero na tempada 1986/87 formou unha letal parella con Pichi Lucas, que levou baixo a batuta de Colin Addison o equipo olívico ao ascenso a Primeira División con 34 goles, marcando tamén o penalti decisivo co que o Celta de Vigo gañou o play-off de ascenso a Primeira División ante o Deportivo da Coruña en Riazor.
No verán de 1988 foi traspasado ao Atlético de Madrid, na súa primeira campaña no equipo colchoneiro gañou o trofeo Pichichi de Primeira División con 35 goles, o que tamén lle valeu a Bota de Bronce como terceiro máximo goleador europeo do ano, por detrás dos romaneses Mateut (Dinamo de Bucarest) con 43 goles e Coras (Victoria de Bucarest) con 36 dianas.
Coa chegada de Javier Clemente ao banco do Atlético de Madrid no verán de 1989 perdeu a condición de titular, aínda que conseguiu ser, á idade de 30 anos, o terceiro máximo anotador da Liga, con 18 tantos. Ao ano seguinte o equipo madrileño fichou ao alemán Bernd Schuster e decidiu prescindir do brasileiro, que rematou a tempada no FC Porto, onde conquista a Copa de Portugal.
No verán de 1991 ficha polo Stade Rennes francés, onde xogará dúas tempadas, despois das cales regresa ao equipo da súa vila natal, o Goiás, aos 34 anos. Apraza o plan inicial de retirarse alí a causa dunha oferta da liga xaponesa e incorpórase ao Kyoto Purple Saga, onde se retira en 1996.
Foi convocado en sete ocasións pola Selección de fútbol do Brasil, marcando tres goles e gañando a Copa América de 1989.
Na actualidade segue sendo o xogador que máis goles marcou nunha mesma tempada en Segunda División.
Traxectoria
editarAno | Club | País |
---|---|---|
1976-1979 | Atlético Mineiro | |
1979-1983 | Gremio Portoalegre | |
1983-1984 | Palmeiras | |
1984-1985 | Flamengo | |
1985-1986 | Botafogo | |
1985-1988 | Celta de Vigo | |
1988-1990 | Atlético de Madrid | |
1990-1991 | Porto | |
1991-1993 | Stade Rennes | |
1993-1994 | Goias | |
1991-1994 | Kyoto P.S. |
Notas
editar- ↑ SEBEN, Paulo. Dicionário gremista. Caxias do Sul, RS: BelasLetras, 2010. p. 57.