Bandeira de Macedonia do Norte

A bandeira de Macedonia do Norte é un pano de cor vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos.

Bandeira de Macedonia do Norte
Bandeira de Macedonia do Norte
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción5 de outubro de 1995
Cores     Vermello     Amarelo

O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade no himno nacional Denes nad Makedonija (Hoxe sobre Macedonia). A relación entre o ancho e o longo da bandeira é de 1:2.

Versión anterior

editar

En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991, cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o sol de Verxina. O sol (ou estrela) de Verxina é o elemento central da rexión grega do mesmo nome en bandeiras non oficiais, representacións gráficas etc. e a súa adopción por parte de Macedonia do Norte como símbolo nacional xerou protestas en Grecia.

Deseño

editar

A proporción da bandeira é 1:2 (alto/ancho), con dúas cores:

Sistema Vermello Amarelo
RGB 210-0-0 255-230-0
Hex #D20000 #FFE600
 
Construción da bandeira.

Outras bandeiras

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar