Herodes Filipos, o tetrarca reerixiuna e deulle o nome de Iulias, na honra de Xulia, a filla de Augusto. Plinio e Xerónimo relatan que se atopaba ó leste do río Xordán, e hai dous sitios posibles: al-Tell ou Masadiya. (Ámbolos dous están moi preto un do outro, pero o segundo está máis preto da ribeira.) Porén, en Marcos 6:45,[1] os discípulos foron enviados do lado leste do Xordán a Betsaida, cara Cafarnaúm (cf. Xoán 6:17);[2] por iso crese na existencia dunha segunda Betsaida ó oeste do Xordán, localizada talvez en Ayn al-Tabigha.