Bizén Fuster

político español

Bizén Fuster Santaliestra, nado en Naval, Huesca o 4 de decembro de 1959 é un político aragonés.

Modelo:BiografíaBizén Fuster

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Bizén Fuster Santaliestra Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Naval, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes de Aragón
Provincial deputy of Zaragoza (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoChunta Aragonesista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Xeografía e Historia, diplomado en Ciencias Políticas e mestrado en Xestión Ambiental; profesionalmente, é funcionario con praza como Secretario-Interventor de Concello. Foi un dos fundadores en 1986 da Chunta Aragonesista (CHA), da que foi vicepresidente de 1988 a 1995 e presidente dende 1995 até 2008, permanecendo no Consello Nazional, onde exerceu como Secretario de Infraestruturas e Urbanismo até 2012 e, como Secretario Territorial de Zaragoza, de 2012 a 2016.

Foi deputado pola provincia de Huesca nas Cortes de Aragón de 1999 a 2011, (eleccións a Cortes de Aragón de 1999, 2003 e 2007) e presidente do grupo parlamentario de Chunta Aragonesista. Tamén foi Secretario Primeiro das Cortes de Aragón de 1999 a 2003. Foi cabeza de lista por Zaragoza nas eleccións xerais de 2000, 2004 e 2008, xunto a José Antonio Labordeta.

Dende xuño de 2011 é voceiro de Chunta Aragonesista na Deputación Provincial de Zaragoza, onde ademais é Deputado Delegado de Arquivos e Bibliotecas dende 2011; e dende 2015, delegado de Turismo. Igualmente dende xuño de 2011 é voceiro de CHA no concello de Cuarte de Huerva.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar