Brian Douglas Wilson, nado en Inglewood (California) o 20 de xuño de 1942, é un músico, cantante, compositor e produtor discográfico estadounidense cofundador de The Beach Boys. A miúdo considerado un xenio polos seus enfoques novidosos da composición pop, a súa extraordinaria aptitude musical e o seu dominio das técnicas de gravación, é amplamente recoñecido como un dos compositores máis innovadores e significativos do século XX. A súa obra máis coñecida distínguese polos seus altos valores de produción, harmonías e orquestracións complexas, voces superpostas e temas introspectivos ou enxeñosos. Wilson tamén é coñecido pola súa antiga voz de alto rango e por loitar durante toda a súa vida contra enfermidades mentais.

Modelo:BiografíaBrian Wilson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Brian Douglas Wilson Editar o valor en Wikidata
20 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Inglewood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEl Camino College (en) Traducir
Hawthorne High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, músico, baixista, pianista, actor, produtor musical, compositor, compositor de cancións, cantautor, arranxador musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeagosto de 1961 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop, música rock, Art pop (pt) Traducir e Art rock Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoBaixo, voz, piano, teclado, baixo e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
Sire Records
Brother Records (en) Traducir
Reprise Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMelinda Ledbetter (1995–2024), morte
Marilyn Wilson (1964–1979) Editar o valor en Wikidata
FillosCarnie Wilson
 () Marilyn Wilson
Wendy Wilson
 () Marilyn Wilson Editar o valor en Wikidata
PaisMurry Wilson Editar o valor en Wikidata  e Audree Wilson Editar o valor en Wikidata
IrmánsDennis Wilson
Carl Wilson Editar o valor en Wikidata
ParentesMike Love, curmán entregue
Stan Love, curmán entregue
Kevin Love, second nephew Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbrianwilson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0933092 Rottentomatoes: celebrity/brian_wilson_2 TV.com: people/brian-wilson-1 IBDB: 84068
Facebook: officialbrianwilson Twitter: BrianWilsonLive Instagram: brianwilsonlive MySpace: officialbrianwilson Youtube: UCicb5MX4W2afpGdtZuim55A BNE: XX1160573 Souncloud: brianwilsonmusic Spotify: 4Q82S0VzF8qlCb4PnSDurj iTunes: 61573 Last fm: Brian+Wilson Musicbrainz: 634fe78e-fc6b-4b2a-ba83-c8c66e13a8aa Songkick: 547191 Discogs: 189718 Allmusic: mn0000625736 WikiTree: Wilson-25842 Deezer: 78978002 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Wilson medrou en Hawthorne (California), e entre as súas influencias formativas atopábanse George Gershwin, The Four Freshmen, Phil Spector, e Burt Bacharach. En 1961 comezou a súa carreira profesional como membro de The Beach Boys, servindo como compositor, produtor, co-vocalista principal, baixista, teclista e líder de facto. Tras fichar por Capitol Records en 1962, converteuse no primeiro artista de pop acreditado por escribir, arranxar, producir e interpretar o seu propio material. Tamén produciu a outros artistas, destacando o seu traballo con The Honeys e American Spring. A mediados dos anos 60 xa compuxera máis de dúas ducias de éxitos nos Estados Unidos, incluídos os números un "Surf City" (1963), "I Get Around" (1964), "Help Me, Rhonda" (1965), e "Good Vibrations" (1966). Está considerado un dos primeiros produtores de música de autor e un dos primeiros produtores de rock en utilizar o estudio como un instumento.

En 1964 Wilson tivo un ataque de nervios e renunciou ás xiras regulares, realizando un traballo máis refinado, como o álbum de The Beach Boys Pet Sounds e o seu primeiro lanzamento en solitario acreditado, "Caroline, No" (os dous de 1966), así como o álbu non rematado Smile. A medida que declinaba profesional e psicoloxicamente a finais dos 60, as súas contribucións á banda foron disminuíndo, e xurdiron lendas en torno ao seu estilo de vida de reclusión, hiperalimentación e abuso de drogas.[1] O seu primeiro regreso, que xerou divisións entre os fans, produciu o álbum case en solitario The Beach Boys Love You (1977). Nos anos 80 formou unha controvertida sociedade creativa e comercial co seu psicólogo, Eugene Landy, e relanzou a súa carreira en solitario co álbum Brian Wilson (1988). Wilson desvinculouse de Landy en 1991. Dende 1999 xirou regularmente como artista en solitario.

Anunciando o recoñecemento da música popular como unha forma de arte, os logros de Wilson como produtor axudaron a iniciar unha era de autonomía creativa sen precedentes para artistas fichados por selos discográficos. O espírito da mocidade da década de 1960 asóciase comunmente coas súas primeiras cancións, e está considerado unha importante figura para moitos xéneros e movementos, como o son de California, o art pop, a psicodelia, o chamber pop, a música progresiva, o punk, a música outsider, e o sunshine pop. Dende os anos 80, a súa influencia ampliouse a estilos como o post-punk, o indie rock, o emo, o dream pop, o Shibuya-kei, e o chillwave. Os eloxios de Wilson inclúen varios premios da industria, inducións a múltiples salóns da fama da música, e entradas en varias listas de "mellores de todos os tempos". A súa vida foi dramatizada no biopic de 2014 Love & Mercy.

  1. Carlin 2006, pp. 198, 277

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Bibliografía

editar