Carta de Xamaica
A Carta de Xamaica é un texto escrito polo político e militar venezolano Simón Bolívar o 6 de setembro de 1815 en Kingston, capital da colonia británica de Xamaica, en resposta a unha misiva de Henry Cullen, un comerciante xamaicano de orixe británica residente en Falmouth, preto de Montego Bay. Bolívar expuxo as razóns que provocaron a caída da Segunda República no contexto da independencia de Venezuela. A carta, cuxo título era Contestación dun Americano Meridional a un cabaleiro desta Illa, pretendía atraer a Reino Unido e ó resto de potencias europeas cara á causa dos patriotas independentistas americanos.[1] A edición en inglés da carta tivo o título A friend e, en castelán, «Un caballero de esta isla». O orixinal máis antigo que se coñecía é o manuscrito borrador da versión inglesa conservado no Arquivo Xeral da Nación (Bogotá), no fondo Secretaría de Guerra e Mariña, volume 323. A primeira publicación coñecida da Carta en castelán apareceu impresa en 1833, no volume XXI, Apéndice, da Colección de documentos relativos a la vida pública del Libertador, compilada por Francisco Javier Yánez e Cristóbal Mendoza.
Non se puido localizar o manuscrito orixinal castelán nin se coñecía copia algunha entre 1815 e 1883, agás as dúas publicadas en inglés de 1818 e 1825, ata que o 4 de novembro de 2014 o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, informou o achado nun arquivo situado en Ecuador do manuscrito orixinal en lingua castelá do documento.[2]
Notas
editar- ↑ Simón Bolívar.
- ↑ Yorcellys Bastidas. "Descubren manuscrito original con la Carta de Jamaica del Libertador escrita en español".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Filippi, Alberto (2015). "Bicentenario de la Carta de Jamaica de Bolívar (1815-2015)" (PDF). Cuadernos Americanos (UNAM) 3 (153): 89–100. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- Martín Díaz, Nelson (2003). Simón Bolívar. Madrid: Arlanza Ediciones.