Casablanca
Casablanca[1] (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade de Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
الدار البيضاء (ar) Tigmmi tumlilt (shi) Casablanca (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Monarquía constitucional | Marrocos | |||
Rexión | Casablanca-Settat (pt) | |||
Prefectura | Casablanca (prefeitura) (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 3.499.000 (2018) (9.111,98 hab./km²) | |||
Número de fogares | 909.228 (2024) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 384 km² | |||
Altitude | 115 m | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Nabila Rmili (pt) (2021–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20000 à 20200 | |||
Fuso horario | ||||
ISO 3166-2 | MA-CAS | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 27 de novembro de 2013 | |||
Identificador | 5848 | |||
Páxina web | casablanca.ma | |||
Historia
editarA historia de Casablanca comeza coa cidade chamada Anfa creada entre o século X e o século XI sobre un territorio ocupado polo ser humano dende seguramente a prehistoria. Durante a primeira metade do século XX, Casablanca foi considerada como unha cidade de modernidade, en particular a causa da súa arquitectura.
Antigüidade e alta Idade Media
editarInda que sen probas arqueolóxicas, seica dende a alta antigüidade houbo nese lugar da costa atlántica magrebí un poboado de pescadores bérberes que asemade servía de escala aos navíos fenicios.
Entre os séculos VII e VIII, xa islamizados, pertencían ao emirato Berghouata da rexión de Tamesna que entre 744 e 1068 profesaba unha versión heterodoxa do islam.
Anfa
editarO que semella máis probable é que no século XI alí fora fundada polos bérberes Zenatas unha vila co nome de Anfa. Dende o 1068 en poder dos almorábides e despois dos almohades, foi converténdose (séculos XII e XIII) en porto comercial cada vez máis activo con importantes relacións coa Península Ibérica. O declinar do poder merínida de Fez no século XIV levou a cidade a unha economía de seu baseada na piratería.
En 1468 a monarquía portuguesa organizou unha expedición de castigo que culminou co incendio e destrución de Anfa. Algúns autores falan dun novo ataque en 1515 e dunha posible reconstrución en 1575. Os portugueses tamén a fortificarían dándolle o nome de Casa Branca. O continuo hostigamento da poboación indíxena veciña e o gran terremoto do 1755 rematarían co abandono portugués do lugar. Porén, xa no 1515 o intento de construír unha fortaleza fracasa polos ataques bérberes. E así as ruínas dominaron o terreo de Anfa por tres séculos. De feito, a enseada central que servía de porto entre as rochas chamábase portuguesa e será o arranque do porto moderno.
Refundación
editarEn 1786 o sultán alauita Mohamed Ben Abdallah, por medo de ataques portugueses, reconstrúea co nome de Dar el-Beida. Erixe unha mesquita, madrasa, hamán e a fortifica cunha muralla (4 km, 50Ha, conforme ao tipo tradicional de medina árabe), repoboándoa con bérberes doutras rexións (e unha xudería, Mellah). O monopolio do comercio é concedido aos españois (posible razón de que rematara impoñéndose a tradución ao castelán, Casablanca, do seu nome árabe). Xa en 1794 era residencia do gobernador da provincia de Chaouia [2][3][4].
A metade do século XIX unha crise de aprovisionamento de la e gran en Europa fan da cidade a principal exportadora, experimentando así un primeiro desenvolvemento comercial. O tráfico portuario comeza a creceres en detrimento do de Tánxer e pronto faise necesaria a decisión de dotárese dun porto axeitado.
Protectorado francés
editarA axuda francesa para a construción do porto trouxo conflitos (1907, paso do ferrocarril do porto por un cemiterio musulmán) que remataron coa intervención militar francesa e a sinatura do Protectorado (1912) [5]. O resultado para a cidade foi a construción dun dos maiores portos de África e a explosión urbana subseguinte organizada no Plan Prost (1915 [6]). Tratábase dun deseño semirradioconcéntrico que evitaba a cuadrícula apostando pola zonificación: as actividades comerciais e industriais, barrios de obreiros inmigrantes marroquinos do rural, ao leste entre o porto e a estación; as residenciais, maiormente dos europeos e as elites, no oeste. No medio a vella medina conxestionada (unida a cidade pola Praza de Francia e o Boulevar da Gare) e unha nova medina ao sur rentes do pazo real. Foi o tempo da Casablanca art déco, con numerosos exemplos de arquitectura cosmopolita [7].
No período de entreguerras o éxodo rural non fixo máis que acrecentarse tendo por consecuencia a aparición dunha coroa de bidonvilles. As secas entre 1936 e 1952 dispararon o problema [8]. En 1947 as autoridades encomendaron ao urbanista Michel Ecochard un novo plan de extensión de Casablanca [9]. Amparado nas ideas do movemento moderno proxectou unha cidade lineal costeira seguindo o porto entre a urbe e a veciña Fedala (Mohammedia) con infraestruturas axeitadas, zonificación de usos e unha especial énfase na vivenda e equipamentos sociais. Os especuladores inmobiliarios, que xa fixeran diluír a incidencia do plan Prost, deixaron pouco espazo as intervencións de Ecochard.
Independencia e futuro
editarEn 1956 Marrocos conseguiu a independencia. Inda coa marcha da poboación europea e xudía, Casablanca seguiu a representar o papel de centro económico do país, ampliando mesmo a súa compoñente industrial.
As dinámicas antes expostas continuaron a acentuarse (inmigración do rural, especulación e certa anarquía urbanística, bidonvilles). Tamén actuacións excepcionais tentando dar unha icona representativa á vila (vg. a Gran Mesquita Hassan II, ao noroeste da medina, a segunda maior do mundo [10][11]).
A toma de conciencia da metrópole cara ao seu futuro semella querer retomar o mellor dos plans do pasado (rede de metro) xunto as inevitables intervencións das cidades globais (un centro de negocios no porto con rañaceos e unha mariña tamén con edificios en altura [12]).
Notas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ "Mapa da Medina de Casablanca ata 1900". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2012.
- ↑ O costado sueste de Casablanca fora de murallas (Praza de Francia en 1905) [1]
- ↑ Ídem mirando cara ao porto, 1914
- ↑ Plano do porto de Casablanca en 1913 partindo da antiga enseada portuguesa de Anfa [2]
- ↑ "Plan de extensión de Casablanca, Henri Prost". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Páxina con exemplos da arquitectura decó e moderna en Casablanca". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2011.
- ↑ "Mapa de Casablanca en 1953 co cinto de bidonvilles". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2011.
- ↑ Esquemas do plan de M. Ecochard para Casablanca; N. de Mazieres (documento pdf, 2Mb) [3] Arquivado 21 de decembro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Vista aérea xeral da Gan Mesquita Hassan II
- ↑ Vista da Gran Mesquita Hassan II na ribeira
- ↑ Proxecto da Mariña de Casablanca[Ligazón morta]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casablanca |