Castilla Unida
Castilla Unida (CUn) (Castela Unida en galego) é un partido rexionalista castelanista rexistrado o 18 de outubro de 2010[1] con sede na cidade de Burgos. O seu presidente e fundador é Luis Vivar Nebreda, profesor da Universidade de Valladolid e antigo cofundador do desaparecido Partido Nacionalista de Castela e León (PANCAL).[2] O ideario de Castela Unida, que segue a liña doutras formacións afíns como La Unión en Cantabria ou Unidad Castellana, define ao partido como social, liberal, humanista, laico, profundamente democrático e popular, progresista, hispanista e europeísta. O seu ámbito de actuación esténdese ás comunidades autónomas de Cantabria, A Rioxa, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.
Castilla Unida | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Nacionalismo castelán |
Data de fundación | 18 de outubro de 2010 |
Sede | Burgos |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ "Rexistro de partidos". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ El partido Castilla Unida nace con el objetivo de cambiar el modelo regional