Ceftazidima
Non confundir con ceftazidima/avibactam.
Ceftazidima | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Ceftazidima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Fortam, noutros países Fortaz.
Espectro de acción
editarCeftazidima é un antibiótico de amplo espectro, que presenta actividade fronte moitas especies bacterianas, nas que se inclúen:
Grampositivos
- Staphylococcus aureus
- Staphylococcus epidermidis
- Micrococcus spp.
- Streptococcus pyogenes
- Streptococcus Grupo B (Streptococcus agalactiae)
- Streptococcus pneumoniae
- Streptococcus mitis
- Outras especies minoritarias de Streptococcus.
Gramnegativos
- Escherichia coli
- Klebsiella spp.
- Proteus mirabilis
- Proteus vulgaris
- Morganella morganii
- Proteus rettgeri
- Pseudomonas spp. (incluíndo P. aeruginosa)
- Providencia spp.
- Enterobacter spp.
- Citrobacter spp.
- Serratia spp.
- Salmonella spp.
- Shigella spp.
- Yersinia enterocolitica
- Pasteurella multocida
- Acinetobacter spp.
- Neisseria gonorrhoeae
- Neisseria meningitidis
- Haemophilus influenzae
- Haemophilus parainfluenzae
Anaerobios
- Peptococcus spp.
- Peptostreptococcus spp.
- Propionibacterium spp.
- Clostridium perfringens
- Fusobacterium spp.
- Bacteroides spp. (existen cepas de B. fragilis resistentes).
Non obstante, ceftazidima non posúe actividade significativa fronte a Enterococcus, Clostridium difficile, Listeria monocytogenes e Campylobacter[1].
Indicacións clínicas
editarEn España, a axencia española de medicamentos, aprobou ceftazidima para as seguintes indicacións clínicas:
- Sepse, incluíndo pacientes inmunodeprimidos
- Infeccións respiratorias.
- Infección urinaria.
- Infección abdominal, incluíndo a patoloxía biliar e a peritonite
- Infección xinecolóxica
- Infección de pel e partes brandas
- Infección ósea ou articular
Dosificación
editarUnicamente existe solución inxectable (intramuscular ou intravenosa). A dose oscila entre 1 ou 2 gramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe ser axustada en poboación pediátrica e en insuficiencia renal crónica (filtrado menor de 30)[2].
Embarazo e lactación
editarCeftazidima pertence á categoría B da FDA. Escrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se aconsella precaución no seu uso[3].
Interaccións medicamentosas
editarIncompatible na mesma solución con vancomicina e aminoglicósidos.
Efectos secundarios
editarSemellantes ao resto das cefalosporinas. Destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea, incluíndo a colite pseudomembranosa.
Notas
editar- ↑ "Ficha técnica de "ceftazidima" da AEMPS" (PDF) (en Castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2018. Consultado o 17 setembro 2018.
- ↑ Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155.
- ↑ "Ficha técnica de "ceftazidima" da FDA" (PDF) (en inglés). Consultado o 17 setembro 2018.