China Southern Airlines
China Southern Airlines (chinés simplificado: 中国南方航空公司; chinés tradicional: 中國南方航空公司) é unha aeroliña chinesa baseada en Guangzhou. É a sexta aeroliña máis grande do mundo en número de pasaxeiros transportados, e a máis grande de Asia en pasaxeiros e número de avións. Tamén é a cuarta aeroliña do mundo en tráfico doméstico. Dende os seus dous principais centros de operacións nos aeroportos de Guangzhou Baiyun e Beijing Capital, a aeroliña voa a 121 destinos usando 422 avións.
China Southern Airlines | ||
---|---|---|
IATA CZ | OACI CSN | Indicativo CHINA SOUTHERN |
Fundación | 1988 | |
Plan de voo frecuente | Sky Pearl Club | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 368 | |
Destinos | 200 | |
Holding | China Southern Airlines Co., Ltd. | |
Páxina web: http://www.csair.com |
China Southern Airlines creouse o 1 de xullo de 1988 despois da reestruturación da Administración Chinesa de Aviación Civil. Dende entón, a compañía adquiríu e fusionouse con varias aeroliñas domésticas, converténdose nunha das tres máis grandes do país (xunto con Air China e China Eastern Airlines). China Southern Airlines é membro da alianza SkyTeam.
En 2010 China Southern Airlines transportou a 76,5 millóns de pasaxeiros e tivo uns beneficios de 883 millóns de dólares.
Destinos
editarChina Southern Airlines voa a 193 destinos en 35 países distintos de todo o mundo. Mantén unha forte presenza no mercado doméstico cos seus centros de conexión principais no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital, no Aeroporto Internacional de Cantón-Baiyun, o Aeroporto Internacional de Chongqing Jiangbei e o Aeroporto Internacional de Urumchi-Diwopu, xunto con outras cidades centrais como Changchun, Changsha, Dalian, Shanghai, Shenyang, Shenzhen, Wuhan e Zhengzhou. Os plans da aeroliña pasan por continuar desenvolvendo Chongqing e Urumchi como centros de conexión ademais de explotar o potencial do mercado doméstico.
China Southern actualmente oferta 485 diarios dende o seu centro de Guangzhou e 221 dende o de Pequín. A aeroliña proporciona servizos a 65 destinos internacionais. A meirande parte destes unen Guangzhou con cidades de todo o mundo. Tamén ten moitos outros voos internacionais operado a través de Pequín, Urumchi (sobre todo cara Asia Central) e Dalian (cara ao Xapón, Corea do Sur e Rusia). China Southern Airlines desenvolveu unha extensa rede cara ao sueste asiático e tamén se converteu na aeroliña chinesa con maior presenza en Australia. China Southern está tamén considerando espandirse cara ao mercado suramericano, ademais de dirixirse cara ao africano.
Frota
editarEn novembro de 2018 a frota da China Southern Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1][2]
Aeronave | En servizo | Ordes | Pasaxeiros | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
F | C | W | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 25 | — | — | 8 | 24 | 90 | 122 | 7 alugados a Chongqing Airlines
12 van ser vendidos a United Airlines en 2018-2019 |
Airbus A320-200 | 120 | 25 | 24 | 120 | 152 | 13 alugados a Chongqing Airlines
1 alugado á Real Forza Aérea de Cambodia 2 coa librea de SkyTeam 1 coa librea GAC-Mitsubishi Outlander | ||
Airbus A320neo | 13 | 87 | 4 | 138 | 166 | 24 arrendados a AerCap, equipados con PW1100G | ||
Airbus A321-200 | 99 | 6 | 12 | 143 | 179 | 3 coa librea SkyTeam | ||
Airbus A321neo | 12 | 38 | — | 4 | 24 | 167 | 195 | Entregas dende 2018 |
Airbus A330-200 | 10 | — | 4 | 24 | 47 | 142 | 217 | B-6057 coa librea dos Xogos Asiáticos de 2010 B-6528 coa librea de SkyTeam |
6 | — | 49 | 184 | 257 | ||||
Airbus A330-300 | 33 | 1 | 4 | 48 | 208 | 284 | B-5928 coa librea de SkyTeam | |
Airbus A350-900 | — | 20 | — | 28 | 24 | 262 | 314 | Serán entregados entre 2019 e 2022[3] |
Airbus A380-800 | 5 | — | 8 | 70 | — | 428 | 506 | |
Boeing 737-700 | 26 | — | — | 8 | 24 | 88 | 120 | |
— | 119 | 143 | ||||||
Boeing 737-800 | 165 | 1 | 8 | 132 | 164 | 3 coa librea de SkyTeam | ||
Boeing 737 MAX 8 | 21 | 59[4] | — | 4 | 24 | 150 | 178 | Entregas dende 2017 |
Boeing 777-300ER | 10 | 8[5] | 4 | 34 | 44 | 227 | 309 | |
Boeing 787-8 | 10 | — | 4 | 24 | — | 200 | 228 | |
Boeing 787-9 | 7 | 13 | ||||||
Comac C919 | — | 20 | — | |||||
Embraer E-190LR | 20 | — | — | 6 | — | 92 | 98 | Alugados a CLC |
Total | 582 | 278 |
- ↑ "China Southern Airlines Fleet | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-01.
- ↑ "China Southern Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-01.
- ↑ "China Southern orders 20 A350-900 aircraft". Air Transport World. Consultado o 2018-12-1.
- ↑ "China Southern places order for B777-300(ER), MAX 8s". ch-aviation (en inglés). Consultado o 2018-12-01.
- ↑ "China Southern to take 38 Boeing jets including 777s". Flightglobal.com (en inglés). 2017-10-20. Consultado o 2018-12-01.