Coalición Democrática
Coalición Democrática (CD) foi unha coalición electoral española formada en 1979 para concorrer ás eleccións xerais, trala aprobación da Constitución en decembro do ano anterior. Nun primeiro momento adoptou o nome de Confederación Democrática Española. A coalición agrupaba a diversos partidos de centro dereita: Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Ciudadana Liberal, de José María de Areilza e Alfonso Osorio, Partido Demócrata Progresista, Renovación Española e Partido Popular de Cataluña, de Luis Montal. Alfonso Osorio e José María de Areilza foran ministros nos gobernos da UCD, dos que saíran por discrepancias co presidente Suárez. O candidato á presidencia do goberno era Manuel Fraga.
Coalición Democrática | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | CD |
Tipo | coalición electoral |
Data de fundación | 1979 |
Sede | Madrid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Acadou 9 escanos no Congreso, case a metade dos que a súa predecesora, Alianza Popular, acadara nas do 1977. Diante dos pésimos resultados, Fraga presentou a súa dimisión como líder da coalición e proseguiu en solitario á fronte de Alianza Popular. En 1982, Alianza Popular formou con outros partidos unha ampla coalición, Coalición Popular.