Comarca de Ortegal

comarca de Galicia

A comarca de Ortegal[1] é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (xulgado de instrución, delegación de Facenda, oficina do INSS, notaría, rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Modelo:Xeografía políticaComarca de Ortegal
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°42′N 7°48′O / 43.7, -7.8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalOrtigueira Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.814 (2022) Editar o valor en Wikidata (30,16 hab./km²)
Xeografía
Superficie391,71 km² Editar o valor en Wikidata

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol,[2] onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Demografía

editar
Padrón municipal 2020 11.814 habitantes[3][4]
Menores de 15 anos 929 (7,86 %)
Entre 16 e 64 anos 6.540 (55,36 %)
Maiores de 65 anos 4.345 (36,78 %)

Concellos

editar

Galería de imaxes

editar
  1. Decreto 65/97 do 20 de febreiro
  2. Páxina web da Xunta de Galicia cos datos de referencia Consultado o 27 de xullo de 2019.
  3. Estimación do 1 de xaneiro de 2022: Instituto Nacional de Estadística, Madrid.
  4. "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-25. 

 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.