Condado de Poitiers

O Condado de Poitiers, tamén coñecido como Condado de Poitou, foi un Estado feudal francés.[1] O título de conde de Poitiers, ou conde de Poitou, foi usado, sobre todo na Idade Media, por membros da Casa Ducal da Aquitania, e por membros da familia real francesa. O Poitou foi unha antiga provincia no centro-oeste de Francia, cuxa capital era Poitiers. Desde o século VII, os condes de Poitiers —ou condes de Poitou− estiveron á fronte dun conxunto territorial que evolucionou ao longo dos séculos, o Condado de Poitiers.

A provincia do Poitou no ámbito do Reino de Francia.

Historia

editar

O Poitou formou parte do Reino visigodo con capital en Tolosa. Despois da batalla de Vouillé, no 507, foi conquistado polos Merovinxios e pasou a formar parte do Reino de Aquitania, que foi agregado ben ao Reino de Neustria, ben ao Reino de Austrasia.

Aquitania foi gobernada por duques en nome do rei dos francos de Neustria ou de Austrasia. Pero durante o século VIII, a rexión ao redor da cidade de Poitiers comezou a considerarse como un Condado autónomo, dependente primeiro do Ducado e despois ao Reino de Aquitania.

O condado de Poitou foi erixido como tal por Carlomagno, que enviou en 778 a un certo Abbon a administrar o territorio. Desde moi cedo, e sempre baixo a época carolinxia, dúas familias francas enfrontáronse entre si polo título condal: os guilhelmides (ou wilhelmides), descendentes de Guillerme I de Tolosa, ou de Aquitania, e os ranulfides, descendentes de Ranulfo I de Poitiers, que finalmente o conseguirían en 902. O Condado acabou sendo independente, e posteriormente os condes de Poitiers convertéronse en duques de Aquitania.

A nova dinastía plenamente instaurada polos ranulfides converteuse na famosa Casa de Poitiers, da que Leonor de Aquitania foi a última herdeira. O Condado quedou en mans dos Plantagenet, no fillo de Leonor, Ricardo Corazón de León, en 1169. Despois de Xoán sen Terra (1199-1204), o Condado foi reconquistado en 1204 por Filipe Augusto, e foi incorporado ao dominio real francés, e dado en apanaxe —desde 1241— aos fillos dos reis de Francia.

Actualmente, a casa de Poitiers, (os Ranúlfidos), vive no Brasil (despois da última restauración legal da casa), onde o xefe da casa (Príncipe e Duque de Aquitania). Dom Edyelso I), mantén tradicións e costumes, así como cariño pola xente de Aquitania, e mantén estreitas relacións con moitos cidadáns da rexión, estando a casa cualificada legalmente como "no exilio por memoria".

O Condado permaneceu desde 1422 até a Revolución francesa nas terras da Corona de Francia.

Lista de condes

editar

Condes merovinxios

editar

Condes carolinxios

editar
 
Armas dos condes de Poitiers.

Con Guillerme II, coñecido como Guillerme IV de Aquitania, o condado de Poitiers seguiu a sorte do Ducado de Aquitania, en canto que os duques levaban tamén o título de conde de Poitiers.

Artigo principal: Duques de Aquitania.

Restauración

editar
 
Armas de Afonso de Poitiers.

O título de conde de Poitiers, autónomo do título de duque de Aquitania foi retomado, no 1226, cando, segundo disposición testamentaria, segundo a Layettes du Trésor des Chartes II, o rei de Francia, Lois VIII, á súa morte deixou o título de conde de Poitiers, cos territorios en Poitou e en Auvernia (comitatum Pictavie et totam Alverniam) ao seu cuarto fillo (quartus filius noster)[20], Afonso:

Á morte de Afonso, sen descendencia, o condado de Poitiers volveu á coroa de Francia, pero o título foi retomado outras veces e houbo outros cinco condes de Poitiers:

  1. Na Idade Media o latín era a lingua oficial, e os condes denominábanse Comes Pictavorum, que se pode traducir ao galego como "condes dos Poitevinos" (condes de Poitou ou de Poitiers).
  2. Joseph Abbadie (1857): Vie de saint Savin, anachorète du Lavedan. Volume 2. Tarbes: Impr. de T. Telmon. Savin naceu en Hispania nos séculos VII ou VIII, fillo dun conde de Barcelona, e era, segundo se di, irmán de Hentilio, conde de Poitiers e parente dos reis de Francia, de dar creto a certos historiadores. (pp. 9 e 10). Pai de Forminio tivo como preceptor a san Savin, un parente da familia
  3. Hentilio pronto foi capaz de apreciar o mérito e a precoz intelixencia do seu sobriño; e, sen ter en conta a idade, quixo darlle unha clara consideración da súa máis alta confianza, encargándolle a educación do seu fillo. De feito, este neno bieito non puido encontrar un mellor mestre para formar ao mesmo tempo o seu espírito na ciencia, o seu corazón na bravura cabaleiresca da época a a súa alma na piedade máis sólida. (Joseph Abbadie, Op. cit. p. 13.
  4. Annales Mettenses, p. 36 (en latín).
  5. Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, tomus tertius: Annales Francorum Ludovici Dufour , p. 702 (en latín).
  6. Monumenta Germaniae Historica, tomus II: Vita Hludovici imperatoris, p. 608 (en latín).
  7. Dillange 1995.
  8. Charles Cawley, Condes de Poitou en Medieval lands (en inglés). Nomeado por Carlomagno en 778, Abbón quizais permaneceu como conde até 811, data na cal sería o Comes Abo (code Abbón), personaxe que confirmou a paz entre o emperador Carlomagno e Hemming, rei dos daneses.
  9. Revue historique de l’Ouest, nº 13, 1897.
  10. Michel Dillange, Op. cit.. p. 29.
  11. Monumenta Germaniae Historica, tomus II: Einhardi vita Karoli imperatoris, p. 463 (en latín).
  12. Besly.
  13. Michel Dillange, Op. cit., p. 29.
  14. Foundation for Medieval Genealogy: Bernard en Medideval Lands.
  15. 15,0 15,1 Ademarus Engolismensis Historiarum, pp. 31 e 32.] (en latín)
  16. Ademarus Engolismensis Historiarum, pp. 35 e 36] (en latín).
  17. 17,0 17,1 (en inglés) Foundation for Medieval Genealogy : COMTES de POITOU (778-826)
  18. (en latín) Chronicon Santi Maxentii Pictavinis, páx 372
  19. (en latín) Ademarus Engolismensis Historiarum, pax 43 par 25
  20. (en latín) Layettes du Trésor des Chartes II, doc.1710, pag. 54
  21. (en francés) Chronique de Guillaume de Nangis, pag.150

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Fontes primarias
Literatura historiográfica
  • Alfred, Richard (1903): Histoire des comtes de Poitou 778-1204. Pau: Alphonse l’Hiaul & fils éditeurs.
  • Besly, Jean (1840): Histoire des comtes de Poitou et des ducs de Guyenne depuis 811 à Louis le Jeune. Niort: Robin & Cie Libraires.
  • Dillange, Michel (1995): Les comtes de Poitou, ducs d'Aquitaine: 778-1204. Mougon: Geste éd. ISBN 2-9109-1909-9.
  • Tapsell, Robert Frederick (1983): Monarches, Rulers, Dynasties and Kingdoms of the World: an encyclopaedic guide to more than 13,333 rulers and 1,000 dynasties from 3,000 B.C. to the twentieth century. Londres: Thames and Hudson. ISBN 978-0-8719-6121-1.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar