Mensaxes anteriores:
User talk:Xosé/Arquivo0
User talk:Xosé/Arquivo1
User talk:Xosé/Arquivo2

Angela_l.d.

editar

Moitas grazas,aínda que o fixen a toda presa e sen ter moito coñecemento disto.Apenas atopei información e ningunha foto. En breves terei que facer outro artigo.Espero que non me custe demasiado.


Imaxe da Semana

editar

Xosé, bótame unha man para carga-la miña proposta de imaxe da semana para "Image:101 0159.jpg" [1]. Intentei segui-las instrucións pero non houbo forma. Creo que xa che dixen algunha vez que non lle dou vento ás axudas da Galipedia. Pedro --Lameiro 20:12, 20 xullo 2007 (UTC)

  • Grazas Xosé. Non podo entender que importe tanto a forma de escribi-la extensión, pero así de puñetera é a informática. Respecto ó segundo, de acordo con "discrepo", moito mellor. Pedro --Lameiro 09:57, 21 xullo 2007 (UTC)

¿pódense utilizar fotografías de Flickr?

editar

Esta fotografía (como tantas outras preciosas) viríame moi ben para uns artigos que estou preparando sobre cetáceos [2]. O que non entendo é iso que di Flickr de que "Todos los derechos reservados" e, a continuación "esta imagen es pública". ¿Como se interpreta isto? Pedro --Lameiro 13:16, 21 xullo 2007 (UTC)

Xaquín Lorenzo

editar

Entendido agora e plenamente de acordo. Saúdos. Pedro --Lameiro 14:08, 22 xullo 2007 (UTC)

Organización non gobernamental para o desenvolvemento

editar

Ese artigo non di realmente nada, e ademais temos xa unha organización non gobernamental (sen apelidos) no que se clasifican e se incúen estas para o desenvolvemento. Así as cousas ¿non tería máis sentido elimina-la primeira que non achega nada á segunda? Pedro --Lameiro 23:12, 22 xullo 2007 (UTC)

Xosé, tes que renomear, trasladar ou o que vexas *orca a candorca, que é o nome correcto (*orca é castelán). Se fose só redireccionar xa o facía eu pero aquí hai que trasladar texto, historial e todo ese rollo que me supera. Pedro --Lameiro 00:00, 23 xullo 2007 (UTC)

autocontrol

editar

Propoñías o outro día cambiar de nome o artigo autocontrol. Supoño que, fóra de contexto, autocontrol non nos leva a pensar no que se describe no artigo senón a algo relacionado co control ou dominio dun mesmo (non perde-los estribos, vamos). Unha alternativa sería "sistema de autocontrol", denominación técnica e correcta pero que non arregla moito. Outra sería "control das (ou nas) empresas alimentarias", pero é que unha cousa é o control que fai a Administración sobre as empresas (control oficial) e outra o autocontrol que debe aplica-la propia empresa sobre os seus produtos e procesos. Por iso tampouco é suficientemente explícito control alimentario.

Agora ben, esta última fórmula si que nos podería servir se completo o artigo explicando -engadindo- o control oficial. É dicir: introduzo o artigo explicando a necesidade do control dos alimentos e das empresas que os elaboran; sigo dicindo que hai dúas formas: o autocontrol da propia empresa (que sería o texto do artigo actual) e o control oficial; e remato explicando este último a continuación.

¿Pode valer esta solución? Logo, se queres, tamén pode quedar autocontrol, como entrada que redireccione a control alimentario, e non sei se crear outra nova: control oficial da empresa alimentaria (¿moi longo?), que tamén redireccionaría aí.

Xa me dirás que che parece. Pedro --Lameiro 19:32, 23 xullo 2007 (UTC)

  • Pois como non me botes unha man... non che sei que facer. Esperaremos a ver se alguén máis suxire algo por onde saír, pero non confío moito. Pedro --Lameiro 19:46, 23 xullo 2007 (UTC)

Agosto 2007

editar

Estarei totalmente ausente até finais de agosto. --Xosé (✉) 13:09, 26 xullo 2007 (UTC)

Plantas

editar

Vaites, vese que cheguei tarde, ;) Farei logo a reclasificación da categoría Botánica a pata, ;) Pásao ben nas vacacións --Xabier Cid 08:07, 27 xullo 2007 (UTC)

    • Baixei de 209 a 89 rexistros na categoría Botánica. Aínda queda por chapodar, pero será nunha segunda tanda. --Xabier Cid 09:11, 27 xullo 2007 (UTC)

Correo

editar

Fútbol

editar

Revisando as categorías de deportes atopei que moitas das que fan referencia a fútbol escríbense correctamente con minúscula, mentres que outras, como 'Estadios de Fútbol' ou 'Premios individuais de Fútbol', o fan incorrectamente con maiúsculas. Podería o teu axente armado facer unha limpeciña por aí? --Xabier Cid 17:06, 10 agosto 2007 (UTC)

Polinesias

editar

Creouse unha categoría que é Polinesia francesa. O seu nome correcto é Polinesia Francesa, que xa fora creada con anterioridade. Hai unha trintena de artigos nela que cumpriría mover para a outra... Moitas grazas (espero non ser demasiado pedichón ao respecto...). Mándame a paseo cando cumpra. --Xabier Cid 13:55, 24 agosto 2007 (UTC)

Ola de novo, agardo non ser demasiado latoso... Á páxina de homónimos de Ovo redirixen unahs 70 páxinas de significado diverso... Podes soltar o bot nese monte? Moitas moitas grazas, e se me paso avisa. --Xabier Cid 10:58, 28 agosto 2007 (UTC)

Deica outra

editar

Espero que cando voltes das vacacións non te asustes moito. Grazas por todo e sorte. Lansbricae (Ti dirás) 22:54, 30 agosto 2007 (UTC)

  • Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:09, 1 setembro 2007 (UTC)
  • Ola, retireille ao artigo racismo o marcador de en uso por levar sen ser editado desde hai tempo, sempre podes volver poñer o marcador se vas traballar nel.--Miñato 17:36, 3 setembro 2007 (UTC)

Grazas

editar

Moitísimas grazas, de verdade. Pedirei en canto poida, ;) --Xabier Cid 21:45, 3 setembro 2007 (UTC)

  • Perdoa, revisei varias páxinas á vez e só me fixei en quen puxera o marcador.--Miñato 21:57, 3 setembro 2007 (UTC)
  • Cando propuxen esa medida pensaba que era o mellor, pero agora non o teño tan claro e máis ben estou pensando que iría contra a propia Galipedia, eu tampouco acabo de comprender ben todo o que pasou e aínda estou perplexo, apenas teño experiencia como administrador e tiven que tomar unha serie de medidas para as que francamente penso que non estaba preparado.--Miñato 22:02, 3 setembro 2007 (UTC)

Desculpa, despisteime na categorización...,;) Grazas --Xabier Cid 13:16, 5 setembro 2007 (UTC)

Grazas

editar

Grazas. Alma 16:15, 6 setembro 2007 (UTC)

Admeis de poder ler as miñas palabras e as de Lambriscae (con quen espero ter quedado como amigos) na piña páxina de usuario agradézoche que leas a miña demisión en Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 6 setembro 2007 (UTC)

  • Xa que o dis, pois propóñote un traballiño para o bot: ademáis ---> ademais. Un saúdo, e cando se me ocurra outro erro frecuente volverei abusar de ti. Chao. AlberteSi, digame? 20:05, 6 setembro 2007 (UTC)

Traballo para bots

editar
  • Ta ben o aviso, Xosé. Oiche, abaixo propóñoche palabras para que mude un bot, porque aforra traballo. De todas as formas, ás veces á par que corrixo traballos así, sempre acabo encontrando artigos nos que acaba facendo outras melloras (e non sempre de corrección da lingua). Mais agrádame que me avisases. O que hai que ter coidado nestas mudanzas e que non faga o cambio a discreción, pois ás veces non se debe facer tal mudanza por seren citas de libros en castelán, ou ligazóns externas e, se se mudan, non furrulan. Mais supoño que xa o terás en conta.
  • Outras mudanzas interesantes que pode facer un bot:

conducción > Condución, conducta > conduta, e estoutras (poño só o grupo reducido): construción, construtor, dicionario, ditado, estrito, estrutura, flutuación, frutífero, introdutor, obstrución, produción, redución, reprodución, vítima, Vítor, vitoria, xurisdición, produto, condutor; rector > reitor, secta > seita, espacio > espazo. Hai máis, mais con estas xa facemos unhas cantas melloras da lingua. Recibe un moi cordial saúdo.--Xoán Carlos Fraga 21:46, 6 setembro 2007 (UTC)

  • Un par deles maís: língua-> lingua, clube -> club. Se tib¡vera eu un bot faríao eu, pero son bastante inculto para esas cousas. AlberteSi, digame? 15:05, 8 setembro 2007 (UTC)

Grazas pola mensaxe

editar

Grazas, así o farei, pregunteille a Alberte porque non tiña claro qué facer porque en artigos con contido similar o descontrol de categorías era enorme e onte cando traducín o artigo Dereitos humanos, arregloume unha categoría que eu creei dentro de Dereito, de Dereitos humanos para incluilo artigo com artigo principal de dita categoría, pero este artigo aínda que relacionado cos dereitos humanos require unha maior especificación, por eso pedínlle o súa opinión. Pero tes razón que é mellor abrir un debate. Grazas de novo. Alma 13:51, 8 setembro 2007 (UTC)

  • Hai algo que acabo de ler e non mo creo, pódense transferir os dereitos de administración como se isto fose unha monarquía.--André 15:34, 8 setembro 2007 (UTC). Non sei se fun algo duro pero a min encántanme aumentar un artigo, crear artigos sobre temas dos que hai pouco na Galipedia, corrixir erros, comentar nas páxinas de discusións se atopo algún erro ou algo que eu pense que estea mal, etc, etc. Pero para contribuír teño que saber cales son as condicións, teño que saber se hai máis administradores pantasmas, se comento algo que non lle gusta a un administrador van vir todos (ou polo menos varios) por min (e iso é algo que xa pasou e non sei se vai volver pasar), e se despois un soposto moderador vai aparentar que modera, se unha vez que se é administrador pódese facer de todo e mesmo transferir contrasinais de administrador a quen me caia ben, e máis cousas; todo iso teño que telo claro desde o principio para saber se me vou sentir a gusto ou non.--André 17:01, 8 setembro 2007 (UTC)
    • Respondo algunhas das túas preguntas: non hai máis usuarios pantasmas, alén da sospeita de que Moderador sexa un. Din por aí que van aclarar o tema. Se comentas algo que non lle guste a un administrador ninguén vai ir por ti, e iso non sucedeu nunca (polo menos dende que estou eu aquí). Así que non teñas medo, aquí ninguén come a ninguén. Saúdos. AlberteSi, digame? 17:16, 8 setembro 2007 (UTC)
  • A sensación que me dá e que estades tirando balóns fóra ata que escampe, non vexo vontade de resolver nada.--André 17:32, 8 setembro 2007 (UTC)
  • Eu fixen unhas preguntas e ti non respondeches, desta volta só vou facer unha:

1-o usuario Xelo afirmou nunha resposta a Miñato que Moderador fora creado polos administradores (e el foi administrador) e que despois de ser bloqueado deulle o contrasinal a outra persoa, Xelo xa como usuario normal dálle os dereitos de administración (que el non ten) a outra persoa para que empregue a User:Moderador que segue a ter dereitos de administración, e eu pregunto iso a ti paréceche correcto, non sequera como administrador, pódesme contestar como persoa se queres, para min iso non é ético e eu non podo colaborar nun lugar onde non hai unha ética mínima, e non me vale que digas que entraches tarde, porque agora ti estás aquí, non tes que facer nada pero non me deas escusas.--André 19:04, 8 setembro 2007 (UTC)


  • Xosé, concordo con André ao 100% (son feitos, asi que non se pode discordar):
    • Xelo confirmou o que xa dixera Miñato: que Moderador era un usuario inexistente e que era usado estilo "títere" polos varios administradores de vez en cando, Xelo incluso o utilizaba para "mediar" entre el mismo e outros usuarios "comuns".
    • O feito de que ata hoxe nin ti nin Albert Galiza o quixéstedes confirmar/desmentir pareceme significativo. André detectou moi ben a táctica: alguns están "tirando balóns fóra ata que escampe"
    • cando onte vos preguntei polo usuario títere "Moderador", resposdeume Albert Galiza con evasivas e Xabier Cid con descalificacions persoais, pero sin entrar ao tema do usuario títere (non teño claro se hai 1 soamente).
    • pareceme ademais moi significativo que á minima oportunidade se tente calar a André: uns minutos despois de pedir que se lle borre de usuario por estar desanimado coa vosa actitude, e a resposta é, en vez de explicar as cousas, simplemente .. borralo inmediatamente (claro, é que non é doado explicar)

Eu non vou darvos a excusa de pidir o borrado da miña paxina de usuario como fixo André, asi que seguirei dicindo a verdade mal que lle pese a alguns.--Maañón 19:23, 8 setembro 2007 (UTC)

Sobre o cambio

editar

Ola, vin que quitaches o anuncio da páxina creada por ti. Non me parece mal, non. Vin que o colgaches na taberna e paréceme unha decisión a respetar. O que non sei é si a propia existencia da páxina co nome que leva é útil. De qué trata de ver quen levou a razón en agosto? Supoño que os dous pensamos que non. De que vai logo? Eu creo que de propostas de políticas de administración da Galipedia. Alguén está interesado niso? Eu sí, outra xente semella que si ou non, non o sei.

Polo que che escribo esta mensaxe é para decirche que o título, ao meu entender, non propicia á participación. Ao mellor non é o título senón que o tema non lle interesa a nadie máis que a mín. Nese caso a súa existencia quedaría en entredito, e o lóxico sería o seu borrado creo eu. Eu entendía esto como un "wikiproxecto" un tanto sui generis, no que se englobaran as posibles fallas do proxecto sinaladas por distintos usuarios durante este mes de agosto. Tamén sei que o normal é que a xente adoite fuxir de temas compricados e liosos como este. De feito eu persoalmente creo que a causa principal de este wikiproxecto foi que a Galipedia estabase a sustentar sobre o labor dunha persoa, Prevert, e que esta dependencia da comunidade cara a el estaba a causar nefastas consecuencias na súa persoa.

Espero que entendas que non quero quitar ferro as miñas responsabilidades no asunto nin a responsabilidade doutros, só quería decirche o que penso.

Que ti como administrador e o resto de administradores non participedes activamente nesa páxina, a favor ou en contra do exposto, incluso só para decir que non existen tales problemas, creo que está a danar a imaxe do proxecto gravemente. Non pretendo establecer unha división na Galipedia, pero creo o silencio dos administradores está a coadxuvar nelo, xa que nin se nega nada nin se afirma nada. Semella que a solución preferida por moitos é que a cousa siga como se nada. No caso do silencio dos administradores está a provocar a debilidade do proxecto. Non creo que debamos voltar a esperar a que chegue alguén e asuma todas as responsabilidades e esperar a ver canto tempo aguanta o tirón, xa que voltariamos a pasar o marrón que ten que asumir toda a comunidade a alguén que quixera levalo de boa fe.

Espero que a miña mensaxe non te teña molestado e como usuario te posiciones. Non é xusto todo o que estades a pasar agora os administradores e só a comunidade vos pode reforzar na vosa posición. Creo que é fundamental reforzar a vosa situación como paso inicial a todo o demais discutido, e incluso creo que deberiades valorar incorporar temporalmente, ata que haxa elecións, aos outros dous candidatos propostos por Prevert para que poidades repartir mellor o traballo que sempre é moito. Repito que só quería facerche saber o que penso que podería ser máis construtivo para o proxecto. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:36, 8 setembro 2007 (UTC)

Apoio Público

editar

Ola, só quería facerche público o meu apoio ao teu labor como administrador que estás a desenvoler. Anímote a seguir facendoo sen que a situación actual sexa un impedimento e póñome a túa disposición para o que precises e consideres que poida ser de utilidade para que o teu labor sexa máis doado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:37, 9 setembro 2007 (UTC)

Artigos duplicados

editar

Moi bo traballo. Só unha cousa e non é por amolar, na páxina de axuda explicativa non fas mención da páxina Wikipedia:Artigos duplicados. Ao mellor é que si a tiveches en conta pero non te deixo nin tempo para respirar, se e así dimo. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 16:57, 10 setembro 2007 (UTC)

  • Crear User:André1 e User:André2 foi unha falta de respeto, pídoche que elimines eses usuarios, non volverei ter esa actitude.--André 17:13, 10 setembro 2007 (UTC)

Eliminación de contas de usuario

editar
  • Non sei se na actualidade cambiou pero non se poden eliminar as contas de usuario, no caso de André1 e André2 procédese a bloquear e bórranse as páxinas.--Rocastelo(fálame aquí) 18:43, 10 setembro 2007 (UTC)

Páxina de Conflictos

editar

Ola, senón estou a facer algo ben na páxina de conflitos dame o toque, o que tento é quitar o xa aprobado para que sexa máis fácil de seguir (e quitar algún desproposito feito por min, non todos porque nun xa votaron positivamente. Lansbricae (Ti dirás) 19:32, 10 setembro 2007 (UTC)

Proposta de categoria

editar

ola, quería saber qué diferenza había entre a miña proposta e a de Carlos Fraga, porque a miña a fixen o día 8, penso que é lóxica tamén, hai dous usuarios dacordo, ninguén en contra, se hai algo que estea mal, dimo para correxilo, ou se a teño que trasladar a outro sitio, e que non sei porqué unha si se aproba e da outra non se di nada? Non me entendas mal, só quero saber que é o que teño que facer ou corrixir para que se leve a cabo? Grazas e un saúdo. Alma 13:42, 11 setembro 2007 (UTC)

Entón, podo ir creándoas?, e que hai un descontrol enorme neses artigos (algúns incluso están sen categoría), e así penso que polo menos habería algo de orde. Grazas. Alma 14:01, 11 setembro 2007 (UTC)

Template IS Propostas

editar

Bo traballo, é un marcador para colocar nas imaxes propostas como imaxe da semana non?, o que sçi é que agora as imaxes das semana están listadas cronolóxicamente a máis antiga arriba cando no template se indica que se poña a máis nova arriba de todo. Logo creo que ben se cambian as imaxes propostas que están agora ou o template. Outra cousa máis sería o template de como se usa que fixo Miguel.Lima, o único que ten de malo é que eu non sei como se usa pero Xabier llo puso ao mogollón de templates que fixo das bandeiras de paises e quedaba moi ben. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 14:19, 11 setembro 2007 (UTC) Grazas, tentarei usalo, entón. A mín tamén me gusta a orde actual, logo só habería que poñer na plantilla copie este texto ao final do listado na vez de arriba non?. Lansbricae (Ti dirás) 14:36, 11 setembro 2007 (UTC)

Artigo destacado

editar

Creo que xa está .Mira a ver que che parece. Grzas pela túa axuda.--Chabi 16:01, 11 setembro 2007 (UTC)

Sí. Tés razón. A min tamén me parecía mal, pero como non havía moitos artigos destacados aquí, traducín un da wikipedia en castelán. Se cres que hai que quitar a proposta, non teño reparo algo. Perdóa por a molestia e grazas pela túa axuda. --Chabi 16:49, 11 setembro 2007 (UTC)

Re:Eliminar usuarios

editar

Entendo que o podes facer ti, pero o ideal sería comentarllo previamente e deixar un tempo para que se exprese. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 08:41, 12 setembro 2007 (UTC)

Portal'

editar

Se che refires ao portal Euskal Herria fíxenos eu pero queren borralo porque din que está en inglés. Estou traducindo aos poucos e non teño moito tempo. Por iso necesito axuda. --Chabi 10:30, 12 setembro 2007 (UTC)

acabo de ver el portal y me has borrado todo. Supongo que tendrás razón, veré a ver que hago, lo saqué todo de [3]. --Chabi 10:33, 12 setembro 2007 (UTC)

Máis correccións para bots

editar
  • Xosé, 2000 correccións é magnífico!, parabéns. Sen ánimo de che dar traballo nin présa, senón que queda como suxestión, aquí deixo algún outro cambio que viría ben para termos un mellor galego na Galipedia. Son estes:
  • gracias > grazas, desgracia > desgraza, licencia >licenza, perseverancia> perseveranza, presencia>presenza, sentencia>sentenza, servicio > servizo, servicial >servizal, tercio >terzo, tercia> terza, espaciar > espazar, sen embargo > porén, nembargantes > porén, pao> pau, bacallao> bacallau, esto>isto, eso>iso, aquelo>aquilo, triple > triplo ou tripla, alomenos > polo menos, entonces > entón, tal vez>talvez, anque > aínda que
  • Penso que xa é abondo. --Xoán Carlos Fraga 11:05, 12 setembro 2007 (UTC)
  • E algún máis para outra volta: batir > bater, convertir > converter, debatir > debater, pertenecer > pertencer, temblar > tremer, garantizar > garantir, insertar > inserir, poseer > posuír, reflexar > reflectir, toser > tusir, amortiguar > amortecer, amortiguador > amortecedor, interrumpir > interromper. --Xoán Carlos Fraga 11:11, 12 setembro 2007 (UTC)
  • Insisto no dito, parabéns. Un bot é un bot, moi útil pero con algunha limitación. E que eu prefiro corrixir que crear (case sempre, aínda que ambos son necesarios), e por iso ando así sempre ollando aquí e aló. Cóidate moito. --Xoán Carlos Fraga 11:26, 12 setembro 2007 (UTC)

Grazas, era para ir facendo as ligazóns xa ben feitas, logo cambiolle o nome e metoo na cat Historia de Galicia. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:20, 13 setembro 2007 (UTC)

  • Xosé, en primeiro lugar, grazas por corrixires estes erros. É que na Galipedia hainos a centos, e era ben eliminar todos os que se puidesen. Segundo, non sei por que é, mais se poño na caixa de procurar "Sen embargo" aparecen 414 resultados -e a inmensa maioría están sen corrixir-; por que non os detectou o bot? Ao mellor era boa idea poñer varios bots a facer correccións para eliminar os erros -propúxeno na taberna-, porque polas contas que xa me contache (2000 o outro día) na Galipedia debe haber de 20.000 erros lingüísticos para arriba, e son moitos. Mais co tempo habemos eliminar a maioría, limpar o gordo polo menos. Finalmente, un cordial saúdo e moita saúde. --Xoán Carlos Fraga 19:40, 14 setembro 2007 (UTC)
  • Ola, Xosé, como vai todo? Espero que che vaia ben. Oíche, non sei como mudar o "SenReferencias", o outro día fíxeno cun modelo destes, mais xa non lembro como. Ten un erro aparezcan > aparezan. E no modelo da "Benvida" temos que mudar outro erro: suxerencias> suxestións. Cando poidas, dícesme como cambialo ou falo tu, tanto me ten. Espero que non te canses de min. Recibe un moi cordial saúdo. :)--Xoán Carlos Fraga 18:52, 15 setembro 2007 (UTC). Vaia, non me fagas caso, xa me lembrei e corrixin eses dous erros. --Xoán Carlos Fraga 19:19, 15 setembro 2007 (UTC)
  • Ola, mentres non teño o meu propio Bot :D unha máis para a lista: tabla -> táboa. Un saúdo --Banjo tell me 22:45, 15 setembro 2007 (UTC)
  • Ola, Xosé, como vai? Moito ben o traballo do bot. Oíche, cando falas de oracións enteiras, refíreste para o bot ou manualmente? Vouche pór máis palabras e expresións para que o bot non se aburra: abandoar > abandonar, abandoa > abandona, a veces > ás veces, urbán > urbano, humán > humano, mezcla > mestura, mezclar > mesturar, álbumes > álbums, linea > liña, cumplir > cumprir, vai a ser > vai ser, vai a estar > vai estar, vai a haber > vai haber, búsqueda > busca, desarrollar e desenrolar > desenvolver (95% das veces), desenrolar (5%, + ou -), ordear > ordenar, ordea > ordena, otorgar > outorgar. Outro día póñoche máis. Cóidate. --Xoán Carlos Fraga 11:38, 22 setembro 2007 (UTC)
  • Tes razón, ás veces hai artigos enormes nos que non se ve nin un infinitivo conxugado, ademais do que dices. Normalmente vou ao gordo (o que máis se ve), e deixo aspectos nos que hai varias posibilidades e normalmente non se usa a tradicional galega. Isto ás veces débese a traducións literais do castelán (hai moitos artigos traducidos así), que teñen os seus perigos. Terei en conta o que me dices para próximas revisións. Que vaia ben, Xosé. --Xoán Carlos Fraga 11:51, 22 setembro 2007 (UTC)
  • Mais un traballiño para o bot: Petroglifo --> Petróglifo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:41, 23 setembro 2007 (UTC)
  • Estás facendo un traballo incríbel coa limpeza de erros da lingua. Estivo ben a broma da Dolly, o de desenrolala. Xa postos, algunhas palabras máis: creer>crer, leer>ler, apodo>alcuño, apodado>alcuñado, álbume>álbum, reemplazar>reemprazar, según>segundo, ambente>ambiente, asamblea>asemblea, romería>romaría, calqueira>calquera, caluroso>caloroso, calurosa>calorosa, conquerir>conseguir (case 100%), corto>curto, curtar>cortar, crudo>cru, cruda>crúa, disminuír>diminuír, fotografiar>fotografar, gaseosa,-o>gasosa,-o, frol-fror>flor, interés>interese (agás no sentido de xuros), mediciña>medicina, parexa>parella, perruquería>salón de peiteado, riguroso>rigoroso, sábana>saba, sabiduría>sabedoría, semán>semana, soio>só, tos>tose, vasallo>vasalo, vidrio>vidro, viuda,-o>viúva,-o, xarabe>xarope, xuzgar>xulgar.

Castellón

editar

"o que parece indicar certa motivación ideolóxica no asunto" ---> Parece mas non é. Eu xa estaba rexistrada con unha conta mas como non consigo entrar, tivo que criar outro usuario. Só tentei corrixir o nome Castellón, como se di, máis nada, sen segundas intensións ni otros motivos ocultos. Bote o artigo como quixer. Un saúdo. PFernandes 01:23, 15 setembro 2007 (UTC)

Ola Xosé, necesito algo de axuda. Estou mirando de facer un bot, aínda que me vai levar algo de tempo. Necesito que me deas algunha instrucción ou consello sobre como facelo xa que fai tempo que mirara de facer un pero agora mesmo ando algo perdido. Creo que hai algunha explicación na páxina do mediawiki, poderías confirmarme isto? Un saúdo e grazas --Banjo tell me 18:57, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Estou coas probas si :D. Teño un problemiña, xa teño posto BanjoBot como nome de usuario, pero nos cambios recentes aparéceme a IP e non o nome do bot, non sei moi ben porqué. Estou probando os distintos módulos para o bot, en canto o controle un pouco e solucione esto último pedirei a aprobación. Gracias pola axuda --Banjo tell me 14:29, 22 setembro 2007 (UTC)
  • Si, o meu user-config.py é igual, teño posto 'BanjoBot'. Cando fago algo pídeme o contrasinal de BanjoBot, pero logo miro aquí nos cambios recentes e só aparece a IP e non o nome. Teño que investigar, supoño que pouco a pouco irei facendome con él :D. Grazas por clarificar a páxina Wikipedia:Usar bots, valeume de moito. Un saúdo --Banjo tell me 15:06, 22 setembro 2007 (UTC)
    • Investigando un pouco descubrín que facendo un test.py tras facer login.py ponme que non estou "logeado", de ahí que non apareza o nome do bot nos cambios recentes imaxino. Vou seguir investigando a ver si dou amañado o tema, se tes calquera idea, pregunta ou suxerencia dimo ok? Grazas --Banjo tell me 15:13, 22 setembro 2007 (UTC)
    • Solucionado. O que descarguei de pywikipedia tíñao en c:\pywikipedia, mentres que o intérprete estaba en c:\python25. Movín todos os arquivos de pywikipedia a python25 e funcionou, quizáis debería indicarse este paso en Wikipedia:Usar bots. Un saúdo --Banjo tell me 15:29, 22 setembro 2007 (UTC)
  • Revisadas, grazas polo aviso. Vou seguir co table2wiki.py un pouco e revisarei tódolos cambios que faga, de todas formas non vou darlle moi en serio para non encher os cambios recentes, cando teña a flag de bot irei máis a "saco" :). Grazas polo aviso. Un saúdo --Banjo tell me 19:06, 22 setembro 2007 (UTC)

Image:CastroBaronha.jpeg

editar

Ola, só decirche que lle puxen o marcador sen orixe a imaxe subida por ti Image:CastroBaronha.jpeg porque lle faltan os datos. Supoño que é túa e que sería das primeiras en subires. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 11:36, 16 setembro 2007 (UTC)

Grazas

editar

Grazas polo aviso. Estás a facer un bo traballo. Espero que cheguedes a bo porto. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 21:38, 19 setembro 2007 (UTC)

Grazas

editar

Hola Xosé, xa he visto o tradutor e o diccionario, muitas grazas.Voi facer o que poda. --Carril 17:06, 20 setembro 2007 (UTC)

moi agradecido

editar

moitas gracias! xa entendín o funcionamento do das fotos (creo).

un saúdo --Estevoaei 21:06, 21 setembro 2007 (UTC)


mmm... modifiquei xa o choio; moitas gracias de novo; creo que así está ben. bótaslle un ollo e mo confirmas?? moitas gracias!

--Estevoaei 21:24, 21 setembro 2007 (UTC)


(benvida ip) : OK, grazas pola info.---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 21:30, 21 setembro 2007 (UTC)

votacións

editar

A ver se son capaz de facelo, Xosé. ¿Como atopo eu algunha votación en curso para guiarme na confección e explicación desa subpáxina? Saúdos. Pedro --Lameiro 23:27, 21 setembro 2007 (UTC)

  • De acordo, de acordo. Onte xa vin o de Estevoaei e xa tomei nota. Fixen un experimento en plan visión preliminar e creo que vou entendendo a mecánica. A ver se mañá o podo facer (esta tarde vou de vendima). Pero mentres tanto ti vaite pensando cómo definir "consenso", que dis non poder aplicar neste caso, cando o certo é que xa somos 6 a favor do nome científico fronte a 2 a favor do nome común.
  • Non discuto a conveniencia de seguir discutindo todo isto nin a procedencia da votación pero estas cifras poñen de manifesto que cómpre ter claro cando unha simple proposta acada consenso e cando debe converterse en votación.
  • Outra cousa: moi interesante esa páxina de Wikimedia editcount. Creo que paga a pena ir pensando en explicalo entre as opcións de Axuda.
  • Máis nada. Grazas e saúdos. Pedro --Lameiro 13:42, 22 setembro 2007 (UTC)
    • Xosé: xa está subida a proposta de votacións para utiliza-lo nome científico nas entradas principais. Bótalle un vistazo a ver se lle falta algo. ¿Categoría? ¿Ligazón na páxina Wikipedia:votacións? ¿Como se fai para que no texto apareza Category:Zooloxía -por exemplo- enlazado con esa categoría? Saúdos. Pedro --Lameiro 19:51, 24 setembro 2007 (UTC)

alofonos

editar

grazas pola correccion, a verdade é que estaba testando o "de cerca" que me seguia os pasos certo "amiguete", pero vexo que ti tamen estás "ao loro" (meu deus, somente un anzó para tanto peixe!!). Aparte da broma: bon traballo---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 08:49, 22 setembro 2007 (UTC)

Xose, xa che dicia que era unha broma, ao mellor non me expliquei ben. Espero enton contar contigo na mellora de artigos de linguas. En canto ao de "non o copiei doutras wikis", a min iso a verdade é que non me da ningun complexo: normalmente cando non se copia doutras wikis é que se fai un refrito doutras paxinas web e/ou de libros, ou senon faise un refrito "do que temos nos miolos", que non acostuma a ser a solucion mais produtiva -aínda que sí é a que mais nos recompensa persoalmente, pois crémonos os autores ... custions de egos (no bon sentido) e de gostos. O dito: que me alegro de que coincidamos en gostos e corrixe canto quixeres, pois eu normalmente traduzo e poidome trabucar.---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 09:03, 22 setembro 2007 (UTC)

Xose, o que puxen sobre traducions somente tiña que ver tanxencialmente coa tua resposta, (ademais vexo que te entendera mal). Xa tiña pensado escribilo antes, pois xa teño lido varias opinions en contra (o cal non me parece mal, é unha opinion valida, pero creo que se debe tratar abertamente pois é un tema importantísimo, os artigos non caen do ceo, e o traballo de traducion é moi importante). En calquer caso, como verías, a intencion vai mais ala de pronunciarse se sí ou se non, tenta indicar que non sempre están ben, que non se poden facer de calquer maneira, e que tamén leva certa ética que se utilice (e todo iso xa non vai nin tanxencialmente contigo nin con ninguen). Tes razon co das macros, algo faigo, pero ainda así faise moi penoso ir "a pelo" troco a troco, ¡co ben que iria ter un tradutor web!. Saúdos, a ver se colaboramos nalgun outro artigo de linguas---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 21:12, 22 setembro 2007 (UTC)

RE:Monobook.js

editar

Está ben, polo de agora seguirei sen eliminar o texto (xa verei máis adiante) e seguirei probando coas diferentes opcións que che dá. O que si te pido e que elimines a páxina de discusión User talk:Toliño/monobook.js, que creara para pedir o borrado. Grazas por todo e un saúdo. --Toliño (Fala aquí comigo) 11:56, 22 setembro 2007 (UTC)

Ei meu, grazas por revisar a táboa en Bromo (elemento), tras cambiala có bot non conseguín amañala e para non liarme moito optei por desfacer a edición :). Grazas por andar atento a estas cousas. --Banjo tell me 19:26, 22 setembro 2007 (UTC)

Procura por categorías na Portada

editar

Ola, puxen un comentario no talk da portada sobre a oportunidade e posibilidades de egadir unha procura na portada por categorías. Creo tela visto en varias wikis e persoalmente creo que sería moi útil para que a xente coñeza os contidos da Galipedia e para potenciar a categorización e a súa importancia. Quería saber a túa opinión, sería doado? Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:55, 23 setembro 2007 (UTC)

Sinto ter molestado eu vino nalgures, ou crein que o vira, xa non sei... porque agora non o atopo. Chamárame a atención porque era o estilo da caixa de procuras de sempre e por eso me parecera moi útil e sinxelo, pero non o atopo (e eu non ando en moitas wikis fora desta). Cando o volva ver senón foi un soño dígocho e desculpas de novo Lansbricae (Ti dirás) 21:15, 23 setembro 2007 (UTC)

desenrolou ->desenvolvementou

editar

Xosé, moi bon traballo cos bots. Coméntoche un pqno bug: desenrolou->desenvolvementou. Adiante, o dos bots é chave para mellorar a lingua. Saúdos---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 21:06, 23 setembro 2007 (UTC) Por se che val, en canto a candidatos a "botear", complementando o traballo de Xoan Carlos Fraga, eu engadiria:

  • introduxo, introduxeron, conduxeron
  • unhos, algunhos
  • oblig(acion, ar, ..) -> obrig
  • trinidade->trindade
  • cui(o,a) -> cux(o,a)
  • e de baixa importancia:
  • diferenza, estende(r, ..)
  • elo -> iso
  • orquesta->orquestra, arquivo
  • garantiza->garante
    • acentuación para: construir, destruir, instruir, ..
    • idem para téxtil,

Saúdos.---- Maañón (boura, boura) 21:28, 23 setembro 2007 (UTC)

    • Ollo, que "error", como sinónimo de erro, está admitido no VOLGa.
    • Ollo, tamén, con estes bots e as citas textuais entrecomiñadas, títulos de publicacións, exemplos de usos incorrectos, etc., que deberían ser sempre respectados e estes robots corrixen sen compaixón. Nunha cita dun texto en castelán sobre "productos alimenticios" xa mo corrixiron por "produtos".
    • Pedro. --Lameiro 21:59, 23 setembro 2007 (UTC)

Correxido o "error", grazas.

Tes razon no de ter coidado cos bots, pero ao final, como hai que optar entre solucions imperfectas, postos a elexir eu prefiro o risco de poñer algun erro en citas textuais castelans fronte ao problema de manter os errors no que está escrito en galego. A terceira opcion de facelo á man non me parece viable (non somente pola cantidade actual, senon por todo o que virá).---- Maañón (boura, boura) 22:09, 23 setembro 2007 (UTC)

    • Xosé: cría que os cambios eran automáticos, sen darche a oportunidade de aceptar ou non. Sendo como dis, o problema redúcese a catro casos illados nos que o dedo sexa máis rápido que a mente. E non representan problema.
    • Maañón: de acordo en que isto dos bots parece solucionar moito-moito máis do que poida estragar. E totalmente de acordo en que facelo á man sería imposible, nin por aproximación.
    • Saúdos. Pedro --Lameiro 22:30, 23 setembro 2007 (UTC)

Categorías e bots

editar

Ola, estou ordeando a categoría de historia de Galicia, para ver se dentro da categoría Galicia hai máis e ilos xuntando. A pregunta que me plantexei saíu con respecto ao século XX no que de momento non hai tantos artigos como para subcategorizar pero que co tempo pode e debería ser necesario. Logo a pregunta é a seguinte. Existe un grupo de artigos que teñen como Categorías Prensa e Século XX de Galicia, no futuro ¿un bot podería tomar ese dous datos para converilos nunha categoría que fose Prensa do século XX de Galicia dentro de Prensa (ou prensa Galega ou en galego, según se decidira) e dentro de Século XX de Galicia? Non sei se me expliquei ben. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 15:11, 24 setembro 2007 (UTC)

para bots (aí vai outra restra deles)

editar

artículo, artigo interés, interese presuposto, orzamento venta, venda constreñir, constrinxir constreñido, constrinxido divinidade, divindade estadística, estatística abogado, avogado xudío, xudeu precio, prezo aprecio, aprezo desprecio, desprezo servicio, servizo xuicio, xuízo prexuicio, prexuízo estos, estes esos, eses aquelos, aqueles éste, este ése, ese aquél, aquel doblar, dobrar doble, dobre noble, nobre plaza, praza análisis, análese síntesis, síntese tarea, tarefa carretera, estrada escoba, escova basoira, vasoira nombrou, nomeou calentamiento, aquecemento transcurrir, transcorrer transcurreu, transcorreu transcurriron, transcorreron escurrir, escorrer incurrir, incorrer discurrir, discorrer ocurrencia, ocorrencia concurrencia, concorrencia batir, bater combatir, combater debatir, debater abatir, abater (o dos verbos habia que traballalo mais, toda a conxugacion, pero para escomezar vai ben) (tamén supoño que terás en conta os plurais, ¿queres que chos poña?) ¿o bot admite caracteres comodín?.saúdos.---- Maañón (boura, boura) 20:22, 24 setembro 2007 (UTC)

Olá, agradecido pola confirmación e pola benvida. Vexo que hai varios artigos en informática que precisan fusionarse, sóname dalgún marcador, pero non me lembro.--Quatrinauta 20:14, 25 setembro 2007 (UTC)

Template de homónimos

editar

O template non funciona ben (ou non sei como funciona). Mira w. Grazas, por certo. --Gallaecio 21:49, 25 setembro 2007 (UTC)

  • Non, si que quería por unha referencia á páxina de homónimos. Grazas, co arranxo que fixeches do artigo, co exemplo do artigo de Tempo, puiden ver como se facía. Moitas grazas. --Gallaecio 21:58, 25 setembro 2007 (UTC)

Fixen us trocos só de edición no artigo Wikipedia:Votacións

editar

Fixen uuns trocos nese artigo pretendendo obter unha mellora na comprensión. Senón o ves útil revírtense e listo.

Con relación ao consenso, vou tentar cunha tradución traer unha definición teórica para o artigo, e haber se serve como base con algo máis doutras wikis para poder chegar a facer o artigo wikipedia:Consenso. Creo que sería moi útil.

Unha cousa, hai que facer entender que as regras de votación son para as votacións regradas aquelas nas que non se poida chegar antes a un consenso. Por iso creo que non se poden borrar os concordos nas propostas feitas fora do sistema de regrado de votación (como se tivo feito), xa que para delimitar dereitos habería que facer un inciso no futuro artigo wikipedia:Consenso, que eu pola miña parte non creo útil.

O consenso, creo que estaría ben definido como fixeches fai pouco como unha maioría case absoluta dunha proposta non regrada, que pode ser modificada e polo tanto mellorada sobre a marcha, potencial de colaboración, polo que é a vía principal de acordos da Galipedia. Ben está que outro tema sería a mellora na publicidade e arquivo homoxéneo dos consensos acadados, pero xa haberá tempo para mellorar. Lansbricae (Ti dirás) 22:56, 25 setembro 2007 (UTC)

ola, quería comentarche, que seguindo unha suxerencia de Alberte no talk de Taboleiro de burócratas, entrei en meta e vin que calquera usuario verdadeiro pode facer requerimentos a meta así que fixen o requerimento para que se cumplise o acordado na votación fechada o 19 de setembro. Engádoche o texto que lles puxen, para que o comprobes:

gl.wikipedia.org (Galician project)

Please remove sysop access from following user: Moderador. With the results of the community voting that they be removed of sysop access for bad behaviour. 10 voted for the removal and 1 against the rights removal. The community has not set up any rules of how many have to be against and how many for removal of rights, and in these cases the community follow the decision of the majority. The vote has been closed since 19 of september. [Community Voting Results].

  * Language Code: gl
  * Local Request Link: gl:Wikipedia:User:Moderador
  * Automatic List of local sysop: gl:Special:Listusers/sysop
  * Local User Page: gl:User:Moderador

Thank you. ----Almaga 19:00, 26 September 2007 (UTC) (Alma, in Galician project).

Eu o fixen seguendo as indicacións que se establecen alí, a ver se así se consegue pechar esto, dunha vez, avísame se teño que correxir algo, xa que polo que observei tardan uns días en contestar. Un saúdo. Alma 19:22, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Grazas, correxin a ligazón e suprimín a causa por non ser necesaria. Un saúdo. Alma 21:38, 26 setembro 2007 (UTC)


  • Xa din o meu visto bo. De feito tamén deslicei eu a idea. Ademais é un orgullo, claro que podedes facer con ela o que queirades. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:11, 26 setembro 2007 (UTC)

linguaxes de programacion

editar

OK, deixo-o ja para mañán, o sono tenme tolo ;)--Quatrinauta 22:14, 26 setembro 2007 (UTC) Voume poñer con isto.

categorías: graciñas polas aclaracións, esperarei uns días e (se m'acordo) logo creo a categoría? O problema (ben, problema, problema non é) é que fan falla mais categorías (ex. Software libre, coido eu), pero cal sería o proceso?, póñome a "inventalas" ou tedes algún proceso definido para isto?--Quatrinauta 20:26, 27 setembro 2007 (UTC)

Graciñas polas clarificacións (con tanta explicación isto vai doado!), xa comenzo a ver como vai isto. Tentarei propoñer +categorías, polo momento vou "meter nos sacos" das xa existentes, e segundo o que fique así propoñerei. --Quatrinauta 21:32, 27 setembro 2007 (UTC)

betawiki

editar

deixeiche unha mensaxe en betawiki, vas ter moitísimo traballo, eu ofrézoche as dúas mans. Saúdos. Alma 10:14, 28 setembro 2007 (UTC)

  • Ok, eu deixei outra. Alma 12:57, 28 setembro 2007 (UTC)
  • Siebrand deixoume unha mensaxe en beta e penso que vai para os 2. Alma 09:56, 29 setembro 2007 (UTC)
  • Escriboche eiqui porque en beta nos traducen con altavista, para non meternos presa, le o que me acaban de por no meu talk, eu agora si que non entendo o mesmo ca ti, incluso me pon desde onde cargalo. Penso que si hai que respostar porque eu non garantizo que estea o martes, hai que facelo ben. Alma 11:14, 29 setembro 2007 (UTC)



todos os ou tódolos? Alma 22:13, 29 setembro 2007 (UTC)

  • Pois, comezarei a correxilo, sínto todo o traballo que vai levar refacelo, :( Alma 22:32, 29 setembro 2007 (UTC)

tradución mediawiki

editar

Aí non podo axudar nada: o meu inglés non chega ás dúas ducias de palabras. Podo revisa-los resultados, se queredes, pero máis nada. Claro que hei facer constar que eu son da normativa anterior no que respecta a esas fórmulas dobres que aceptaron no 2003, e como terás visto utilizo Galicia, segunda forma do artigo, tódo-los, -ería e cousas así. Non corrixo nunca a quen usa a outra alternativa pero me segue doendo á vista. Cousas da vida, Xosé. Ben, non importa. O caso é que traducir... nada de nada, pero se queres que faga algunha outra cousa, a mandar. Pedro --Lameiro 23:08, 29 setembro 2007 (UTC)

  • Unha mensaxe en inglés: Cando clicas na lapela de historial sae : Revision history of "Portada", portada ou o que sexa. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:59, 30 setembro 2007 (UTC)
  • Disme: "Podes ir a Betawiki, rexistrarte e poñer a interface en galego ...". Como se fose tan fácil. ¿E como vou dar ó Betawiki? Perdoa a torpeza e a tabarra, pero éche o que hai. Pedro --Lameiro 16:09, 30 setembro 2007 (UTC)

Morriña

editar

Xosé, tes razón: teño morriña. Pero na Galipedia, máis do futuro que do pasado, aínda que tamén do que xa pasou. Grazas. Por certo, ía cambialo eu, pero creo que é mellor que o cambies ti: na primeria portada aparece que é tal como estaba no 2003, pero o título é da portada de 2005. Saúdos.--Agremon(contacto) 19:37, 30 setembro 2007 (UTC)

Non entendo bn por que non se gardou...--Agremon(contacto) 21:28, 30 setembro 2007 (UTC)

Coido que foi así, pero tería que ter quedado rexistro.--Agremon(contacto) 21:45, 30 setembro 2007 (UTC)

Namespaces

editar
  • tes a resposta de Siebrand no seu talk, deixeiche máis dúbidas nos talks e xa temos un par de ollos e dúas mans máis rexistradas. Saúdos.Alma 21:41, 30 setembro 2007 (UTC)

Imaxes das categorías

editar

Boas, Xosé. Se consideras que o último cambio que fixen na Wikipedia:Páxina Experimental non teño problema ningún en que o desfagas, pero como se dixo (non sei onde, creo que na páxina de discusión) para iso está a páxina, para probar antes de sacala como definitiva. Outra cousa é que a imaxe desta semana non aparece centrada (na experimental), aínda que dá igual, porque creo que ti modificaches as imaxes que van ir despois de que se "publique" a nova portada para que saian ben, non? Por certo, estiven mirando a proposta que fixeches onte na Taberna e vou decidir o que vou votar ao longo deste serán. UN SAÚDO --Toliño (Fala aquí comigo) 13:03, 1 outubro 2007 (UTC)

  • Ao mellor é problema do meu navegador, pero non pasa nada (confeso que ás veces, moitas veces, explícome mal). Ao que me refería era a que como o fondo da columna da esquerda é amarillo, esas imaxes deixaban un cadrado de cor branca, e ademais borraban con ese cadrado as liñas azuis que bordean ás dúas columnas, mentres que, coas que puxen ao cambialas tan só queda tapado o que cobre o que é o debuxo en si (algo así, se non o entendes faimo saber e intento explicarcho de novo). De todas formas, como xa che dixen antes, non teño problema en que desfagas a miña edición. --Toliño (Fala aquí comigo) 13:25, 1 outubro 2007 (UTC)

unha dúbida? export translations from? é exportar as traducións e Export translation to file from? é exportar a tradución desde o arquivo, e que estou a facer o que che dixera no talk de beta e quédanme moi pouquiñas (as que non coñezo as súas funcións) e antes de meter a zoca, prefiro deixalas sen traducir. Alma 19:39, 1 outubro 2007 (UTC)

  • Vaga á pena traducilas para os que veñan detrás e non controlen o inglés, elles máis doado, e tamén para facerlle un ;) a Siebrand xa que o suxeriu, non custa tanto e deixámolo contento, por eso te contesto eiquí. Alma 19:46, 1 outubro 2007 (UTC)
  • Si, non te preocupes, mellórate. ;) Alma 20:56, 2 outubro 2007 (UTC)
  • Acabo de darlle unha volta a todos os talks, faltaban dúas, unha a correxín (era un tenta), a outra non sei que facer e a de live preview-failed (ao vivo), que facemos con iso??, despois de arranxala si se podería avisar a Siebrand e solicitar a actualización. Alma 15:51, 3 outubro 2007 (UTC)
    • Queda un pouco raro ou redundante, vista previa/vista previa normal, pero dálle. Alma 16:42, 3 outubro 2007 (UTC)
      • Acaba de ocorrérseme unha idea: vista previa en tempo real? Vale? Alma 16:51, 3 outubro 2007 (UTC)
      • Grazas, xa a arranxei, deixote os "honores" de falar con Siebrand, para que "nos actualice". ;) Alma 17:00, 3 outubro 2007 (UTC)
  • Si, xa me fixei que nada, así que a final o conseguiches instalar, xenial!!, por certo, quería facer un gif con tres fotos para incluir no artigo de enerxía eólica unha foto animada dun muíño de vento en movemento, e levo toda a tarde buscando como facelo, poderías botarme unha man??? e dicirme cómo facelo porque cando faláramos disto con ocasión da portada experimental dixeras que se podía facer, ¿¿¿Cómo??? e que estou a piques de tolear. ;) Alma 16:40, 4 outubro 2007 (UTC)
    • Moitas, moitas grazas, chegara ata o gimp, pero non a máis ;);) , cando o teña feito xa o verás... Alma 17:13, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Grazas a ti por todo o que me ensinaches. ;) Penso que non fai falla que che diga que contas comigo para manter e traducir as novas mensaxes que xurdan, un saúdo. Alma 20:36, 4 outubro 2007 (UTC)

Levas razón

editar

Algunhas veces non atopamos a solución máis evidente ;). saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 10:34, 2 outubro 2007 (UTC)

Proposta á elección de admnistradores

editar

Non puiden onte concluír a proposta, tiven que marchar con urxencia. Hoxe engadín o que faltaba. Supón unha variación sobre o procedemento de votación que, creo, será ben acollida por todos, pois é organizada e democrática, e procura o consenso. Expliqueina en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Nova proposta--Lmbuga Commons - Galipedia 12:19, 3 outubro 2007 (UTC)

caixas navegación meses

editar

Ola Xosé, vin que fixeches a categoría caixa de navegación dos meses. Fai un tempo fixen os templates para os anos (Template:sec15,Template:sec16, etc). Deberían ter unha categoría semellante pero non sei que sería mellor: Caixas de navegación dos anos ou Caixas de navegación dos séculos?? Eu opto pola opcion dos anos, tu que opinas? --Banjo tell me 22:01, 3 outubro 2007 (UTC)

  • Vou facer de momento como dís, có de séculos, e que a min parecenme as dúas válidas tamén. Sempre se pode cambiar máis adiante :) --Banjo tell me 22:19, 3 outubro 2007 (UTC)

Efemérides

editar

Ola. Acabo de ver que lle puxeches o "thumb" a algunhas efemérides deste mes, pero eu non llo puxera porque estamos coa mesma lea das marcas brancas que deixan no fondo da Portada. Desta maneira (sen o thumb), pódese ver o texto que lle poñes á imaxe desprazando a frecha do rato por riba dela. Creo que quedarían mellor sen o thumb, polo menos iso é o que penso eu. UN SAÚDO. --Toliño (Fala aquí comigo) 19:05, 5 outubro 2007 (UTC)

  • Aparece a dichosa marca branca (que nos está volvendo tolos) nas páxinas que teñen o fondo a cor (polo tanto a actual portada e a próxima). Pero non é a moldura gris e os cadradiños á dereita para aumentar a imaxe (iso xa sei que non é un erro), senón un rectángulo branco á dereita. Precisamente agora estaba mirando a portada da wiki italiana para ver se dou arranxado a caixa das categorías da Páxina Experimental para que se vexa ben con todos os navegadores. --Toliño (Fala aquí comigo) 19:18, 5 outubro 2007 (UTC)
    • A ver se durante a semana que vén acabamos con todas as efemérides, eu estou disposto a rematalas!! --Toliño (Fala aquí comigo) 14:33, 7 outubro 2007 (UTC)

A wikipedia non é fonte primaria

editar

De acordo, Xosé. Xa está corrixida a referencia atribuíndo a interpretación a Serafín Moralejo. Agora unha pregunta filosófica: ¿onde sitúa isto as traducións doutras wikis? Se aplicamos ese principio -que non discuto- ¿non quedan deslexitimadas tódalas traducións, xa que utilizan esas outras wikis como fonte primaria (e única)? Pedro --Lameiro 19:45, 5 outubro 2007 (UTC)

  • Non o vexo así. se traduces un artigo e dis que tal monumento ten 60 m (baseándote unicamente en que o di ese artigo doutra wiki) estás utilizando a tal wiki como fonte primaria, ou como mínimo, validando esa información.
  • O feito de que alguén escribise ese dato non o converte en información veraz ata que alguén o discuta. Quero dicir que será certo ou non independentemente de que se discuta ou non. E obrigar a quen o discute a demostrar que son 62 m -e non os 60 previos- é como mínimo parcial. Tampouco podemos borra-lo dato porque alguén diga o contrario, sen máis. Ergo se deberían verifica-las dúas informacións, o cal é difícil, difícil en moitos casos.
  • "Na Wikipedia, ... os datos ... habitualmente son veraces". ¡Ai, Xosé! ¡Deus te oiga! Ben sabes que ese é o principal punto fraco das wikipedias. Eu só sei do meu e aí vexo erros e moitas afirmacións máis que sospeitosas. Ti terás atopado, seguro, moitísimos erros, e os que nos faltan por detectar. Se que é o que temos e moito millor isto que nada, pero... de aí a crernos que os nosos datos son "habitualmente" veraces hai un mundo.
  • Pero sen problemas: xa che dixen que era unha pregunta filosófica e tamén retórica. Non pretendo abogar por pecha-las traducións, nin moito menos, aínda que xa me gustaría que se verificasen. Bueno: sigamos pulindo e mellorando e todo isto é un obxectivo do que nos podemos sentir moi orgullosos. Saúdos. Pedro --Lameiro 20:26, 5 outubro 2007 (UTC)


Artigo destacado

editar

Creo que xa está, revísao se fas o favor. Non a arquivei para que tivese un tempo de publicidade. Creo que non viría mal empezar a pensar nos contidos do Portal da Comunidade xa que as votacións dos contidos da portada seguen a ser difíciles de atopar para a xente que non saiba deles. Por o template no portal podería ser unha posbilidade temporal para ver se máis xente propón e vota. Saúdos. Non tiña pensado entrar por uns días pero déboche un gran respeto. Bo traballo de cohesión estás a facer, aínda uqe non semellas só. Boa sinal Lansbricae (Ti dirás) 00:12, 6 outubro 2007 (UTC)

Ficheiro/arquivo

editar

Non estou seguro, tería que miralo, eu coñezo o uso de file archiver que se usa en inglés e en américa latina, pero aqui eu nunca o ouvin (e estou rodeado de enxeñeiros, incluindo informáticos) aqui todo o mundo di comprimir , compresor e arquivo comprimido. O propio uso de ficheiro por arquivo é un castelanismo que se introduciu até en portugués de portugal (ver Houaiss): Ficheiro: 3 Rubrica: informática. Regionalismo: Portugal. m.q. arquivo

e está aceitado en galego, non sei, se ti o tes mais claro, encargaste ti do tema, fago unha desambiguación? eu ia agora a desambiguar arquivo, se tal solucionamos todo dunha. Grazas pola corrección. --Emilio juanatey 10:14, 6 outubro 2007 (UTC)

Interwikis

editar

Fixeno porque explicaralle a Grela como facer o interwiki e esquecera dicirlle que o tiña que incluir na súa orde alfabética e por iso a ordenei manualmente, xa supoño que hai un bot que as ordenará. Por certo ando a voltas co gif de marras pero teño que solucionar certos problemas "técnicos", fixera as fotos en modo ráfaga e parece que estamos nun terremoto, je je, estouno estudiando. Alma 10:57, 6 outubro 2007 (UTC)

Emergency Bot Shutdown

editar

It is great to know that I could help.. and very much appreciate you notifying me ! Thanks.. Jacob Jose --192.163.20.231 11:53, 6 outubro 2007 (UTC)

Some vandal had inserted that entry in some wiki and it propogated to other wikis without notification of conflict probably because all the reference to original were removed by the vandal. I had temporarily shut down the bot and has verified in around 50 wikis that all the faulty references have indeed been removed. Thanks for your bringing this to my attention. --DragonBot 13:19, 6 outubro 2007 (UTC)
Thanks, I have shutdown the bot. Looks like all is not well with the script when run from behind proxy. --DragonBot 14:10, 6 outubro 2007 (UTC)

Expresións regulares

editar

Ola, a verdade é que si que coñezo algo o das expresións, pero por outras linguaxes de programación, o python case non o coñezo (de momento :D). Aínda non me puxen a fondo co das correccións có bot, pero o teu exemplo vaime resultar de moita axuda, moitas grazas, vou comezar a probar esta mesma tarde :) --Banjo tell me 12:21, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Grazas por andar atento, a verdade é que ultimamente teño esquecido asinar nalgunha ocasión. Grazas. AlberteSi, digame? 12:23, 6 outubro 2007 (UTC)

RE:Bots

editar

Hehehehe... Eu sempre me atrevo con todo o que está preto das miñas mans..:P Como le dixen a BaNjo, xa vos pedirei axuda ue deseguro que a precisarei. Un saúdo, crack.;)Fryant 14:39, 6 outubro 2007 (UTC)

Template cita libro

editar

Non sabes a alegría que acabo de levar ao ver o template, GRAZAS por facelo!!!!! Alma (fálame eiquí) 17:00, 6 outubro 2007 (UTC)

Pois xa é unha mágoa, cando empecei case toleo metendo todos os isbns no artigo de Manuel Rivas, e non din atopado algo así porque houbérame facilitado o traballo moitísimo,non sería bo na axuda ter unha listaxe de todos os templates?? porque se non sabes que existe ou non o atopas non podes facer uso del e non o aproveitas. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 17:08, 6 outubro 2007 (UTC)

Grazas

editar

A verdade é que decateime de casualidade, pois tiña a páxina vixiada e hoxe mirei por enriba as modificacións dos bots, cando absolutamente nunca as reviso. Aproveito para enviarche un cordial saúdo, moitas grazas pola túa dedicación.--Daniarmo 17:41, 6 outubro 2007 (UTC)

Nestas páxinas (por exemplo Benjamin Franklin) aparecen as ligazóns interlingua do template:Cita libro. Tentei de arranxalo, mais o meu coñecemento da sintaxe dos templates é moi limitado :( Saberías atopalo erro? Moitas grazas de novo e un forte abrazo. --Daniarmo 18:54, 6 outubro 2007 (UTC) Moitas grazas de novo ;). --Daniarmo 20:05, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Ah, vale, non me dera de conta desa diferencia. Pois fai o que che pareza, seguro que está ben feito. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:18, 6 outubro 2007 (UTC)

Grazas

editar

A verdade é que como tiña só dúas liñas nin o pensei. Tereino en conta para a próxima ocasión. Por certo, neste caso, que criterio se seguiría para poñer Thomas Kuhn ou Thomas Samuel Kuhn? --Xas 23:51, 6 outubro 2007 (UTC)

Xosé, ti que es un experto: agradeceriache se me botases un vistazo ao Template:TriplaChinés, pois en Mandarín#Notas (corrixo: puxera 2 ns) non me aparecen os textos (intento que poña como ref, pero non sai nada). Grazas.---- Maañón (boura, boura) 13:12, 7 outubro 2007 (UTC) Grazas de novo, erame un pesadelo atopar a solucion. O problema que vexo é que (se entendo ben o como, o porqué ainda non o vexo), a primeira vez que se pon non se pode utilizar o template, co cal a utilidade queda un pouco descafeinada.---- Maañón (boura, boura) 14:31, 7 outubro 2007 (UTC)

Xosé: mira ver que pasa no artigo toupa. Quero inseri-la imaxe "European mole animal.jpg", de Commons, pero non se visualiza. ¿El terá que ver con Imaxe/Image? Pedro --Lameiro 15:00, 7 outubro 2007 (UTC)

categoria linguas do mundo

editar

Xose, tentaba de definir nun wikiproxecto (en 2 escalóns: FAMILAS-> Linguas->lingua) para chegar a categorias (do estilo das que xa existen, tal como category:linguas indoeuropeas, e agora vexo que en linguas do mundo xa tiñades un traballo importante feito, unha primeira taxonomia. Ben, simplemente que tentarei facer unha proposta mix das referencias que propoñia tendo en conta isto e que se tes tempo, cando o teña +maduro, que lle botes un vistazo.---- Maañón (boura, boura) 18:04, 7 outubro 2007 (UTC)

Índice

editar

Ola Xosé. Estiven pensando se quizais o de que non se mire ben o índice na nosa wikipedia terá que ver co monobook.js ou .css. Ti, como entendes máis, pode que saibas amañalo ou atopar o que facemos mal. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:45, 9 outubro 2007 (UTC)

  • Non sei se será do -moz border radius, poruqe os bordes só se ven redondeados no Mozilla, mais no único no que se ven as imaxes fora do sitio é no Internet Explorer. A ver se es capaz de atopar unha solución, senón haberá que facer outro índice.

Para o Portal da Comunidade eu tamén creo que podemos ir comezando. Ideas non teño, mais xa chegarán. Ademais creo que máis ou menos a estrutura actual se vai conservar (engadindo e sacando cousas e pulindo detalles), e o cambio vai ser máis no "visual". Polo tanto creo que podemos empezar co choio. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:57, 10 outubro 2007 (UTC)

  • Pois non sabía que existía a tal páxina common.css. Eu fixen as modificacións en Monobook.css e non resultou. O problema que podo dicir (porque entendo moi pouco) é que sexa do refresco do navegador. AlberteSi, digame? 12:56, 11 outubro 2007 (UTC)

RE:Discordo

editar

O problema que vin foi que mentres estiven mirando páxinas de votacións (para votar eu mesmo) comprobei que se alguén engadía algún texto (tralo   Discordo) para argumentar a súa postura, esa explicación aparecía nun recadro con liñas descontinuas (como os que aparecen nas Infobox que che pon que tes que pegar no artigo que sexa). --Toliño (Fala aquí comigo) 16:24, 11 outubro 2007 (UTC)

XoseBot e templates

editar

Ei meu, vin que o XoseBot fixo unhas edicións nalgúns templates engadíndolles categorías nos "noincludes", pero á vez cargouse as categorías dentro dos "includeonlys". Amañei algunhas xa, coma as de nongalego, entradución e semcat. Quizáis deberías botarlle un ollo as edicións do bot nos templates (Isto semella a rebelión das máquinas! :D) --Banjo tell me 20:28, 11 outubro 2007 (UTC)

San Trocado, e actualmente Santa Comba

editar

Tivo esa advocación tivo, e formou parte dun mosteiro creo recordar vinculado á realeza, teño pendente engadir algún dato, dalgún libro que teño por aquí. De momento trúxeno da es e andaba a buscar imaxes en flickr pero Freecat non debeu facer fotos pero as que hai non teñen licenzas válidas. Trúxeno xa que como bosquexo non está mal e trátase dun monumento moi ben conservado e moi importante do patrimonio galego e a nivel peninsular. Se tes datos benvidos. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:12, 12 outubro 2007 (UTC)

Fixen algúns trocos no artigo, pero surxiume unha dúbida: Hay pinturas na bóveda da ábsida da capela maior e tamén noutras bóvedas ou sóo na capela maior? Dígocho porque cambiei ese dato pero non visitei presencialmente a igrexa, só en imaxes.

Outra cousa, qué che parece o de unificar Petróglifos de Galicia e Grupo Galaico de Arte Rupestre. Eu polo que sei son o mesmo, o único que o segundo é máis técnico. Coido que debería xuntarse todo en Petróglifos de Galicia para seguir unha continuidade con Castros de Galicia.... ¿Qué opinas? Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:03, 12 outubro 2007 (UTC)

Logo a sustitución que fixen pode quedar se a ves ben. O do Grupo Galaico rupestre xa é outra cousa. Todo o que levo lido fala de gravados de Galicia e co núcleo central do val do Lérez e maior presenza nas provincias costeiras que nas interiores, e non soen mencionar gravados do norte de Portugal. Agora ben, creo que se en Santa Tegra hai gravados hainos na outra beira do Miño, e seguramente ata o Douro., xa que a Gallaecia romana non foi máis que unha plasmación dunha realidade "histórica común" desde o Neolítico (todo esto simplificando un pouco). Porén a denominación é un termo dado por Ramón Sobrino Buhigas no seu "Corpus Petroglyphorum Gallaeciae" no 1935 e seguido por outros moitos autores. Outro termo que tivo menos éxito foi o de Grupo Galaico-Portugués que si incluiría ambos territorios. O que veño a decir é que non é de todo seguro que no termo Grupo Galaico rupestre só se recollan os petróglifos galegos, pero si que o artigo da actualidade é o que fai. Quizais unha opción menos agresivo fose recoller o contido do artigo no de Petróglifos de Galicia e deixalo sen borrar á espera de que alguén complete a información ou confirme a alternativa de que se trate de conceptos distintos. Eu coa documentación que teño e levo lida non podería afirmalo con rotundidade. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:36, 14 outubro 2007 (UTC)

Template: Atención

editar

Hoxe fedellando fixeime que o template atención poñía category:category:atención polo que esa categoría quedaba en vermello, nela había máis de 200 artigos, mentres que na category atención había menos de 20. Correxino quitándolle un category e semella que está ben pero seguen aparecendo os mesmos menos de 20, poderías miralo a ver onde andan os demais, ou chamamos a lobatón?? ;) Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 20:52, 14 outubro 2007 (UTC)

  • Será da memoria caché, xúroche que a mediodía non me aparecían cando fixen o cambio no template :(, mellor así, deixasme tranquila. Saúdos, Alma (fálame eiquí) 21:07, 14 outubro 2007 (UTC)
    • E xa que che estou dando a paliza, no concello de A Veiga na provincia de Ourense non fun quen de introducir o escudo que aparece a esquerda do artigo no template da dereita, penso que é debido a que teñen diferente nome, pero tampouco sei como amañalo, poderías miralo?? Alma (fálame eiquí) 21:33, 14 outubro 2007 (UTC)

RE:Núcleo indispensábel de artigos

editar

Ola, Xosé. Grazas polas ligazóns, pero si que as vira. O que pretendo con esto é precisamente fusiona-las dúas listaxes, pois a da Galipedia non está aínda rematada, e ademáis monitorizar dalgún xeito o progreso deses artigos, que na miña opinión son claves se queremos dicir que temos unha enciclopedia e non unha colección de artigos. O que non coñecía a fondo era o do Proxecto5000, pero penso que a listaxe que estou tentando facer podería servir como base de traballo para el. Un saúdo.---- FryantTralarí Tralará 20:05, 15 outubro 2007 (UTC)

Template:Coor

editar

Ola Xosé! Dinme conta de que temos en moitos artigos o template inexistente {{coor}}. Como son bastantes os artigos, porque non sacas o bot a pacer e os mudas por {{coordenadas}}. Se podes claro. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:27, 15 outubro 2007 (UTC)

  • Haberá que facelo a man entón. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:58, 16 outubro 2007 (UTC)

Template IS proposta

editar

Ola, no template ponse que se engada a proposta na cima pero terá que ser no final, non? probei na cima e non o pasa para o final, se estivaran ordenadas o revés valería, pero tal e como están ordenadas, penso que teríamos que cambiar as instruccións no template. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 18:23, 19 outubro 2007 (UTC)

    • Os outros dous poñen que se engadan ao final, por iso chamoume a atención máis. ;) Alma (fálame eiquí) 18:27, 19 outubro 2007 (UTC)

Ten algún sentido estético ou técnico o cambio [4]? Dígoo porque agora as páxinas que o usan (polo menos dicionario bilingüe e dicionario en liña e no meu navegador) agora están feitas un cristo. --  Sobreira (parlez) 18:53, 19 outubro 2007 (UTC)

Xosé, ¿podes buscar cos teus bots se hai palabras (enfermidades) rematadas en -osis / -asis? O sufixo en galego sería "-ose" / "-ase". Pedro --Lameiro (conversa) 22:57, 19 outubro 2007 (UTC)

Template lista ref

editar

Ola, teño un problema no artigo Guerra sucia en Arxentina coas notas utilizando este template, a partir da nota número 23 troca o tamaño da letra e non dou atopado o motivo, na wiki es de feito teñen máis notas pois eu suprimín as duplicadas, o template é igual e non teñen ese problema, probei a fedellar no template, pero como non conseguín nada, revertín o que fixera, podes axudarme?, e que quero que saian todas coma as 22 primeiras, é dicir, en pequeno e xa me falta pouco para rematalo e gustaríame deixalo ben. Grazas e un saúdo. Alma (fálame eiquí) 23:05, 20 outubro 2007 (UTC)

  • Grazas, pero e que levo dúas horas con outro artigo e pásame o mesmo a partir da cuarta, todavía non o grabei porque o estou a pulir, solucioneino meténdolle a todas <:small> e logo <:/small> pero é un coñazo e antes non o facía, cando digo antes, refírome a fai tres días, despois xa miro o que me comentas, un saúdo. Alma (fálame eiquí) 11:22, 21 outubro 2007 (UTC)
    • Dacordo, pois quitareino, pero si non é do template, de que %%%%% é? e como o soluciono? ;) Alma (fálame eiquí) 11:33, 21 outubro 2007 (UTC)
      • Xa o atopei, na 23 estaban sen pechar unhas negriñas e supoño que nas outras tres serán cousas polo estilo, moitas grazas por detectar as catro problemáticas, tivo que ser de negros, un saúdo. Alma (fálame eiquí) 11:57, 21 outubro 2007 (UTC)

Mediawiki

editar

Outra cousiña, Xosé. Unha vez me comentaches que descargaras o software de Mediawiki para probar a facer cambios no Monobook e todo ese rollo. Podes dicirme onde baixalo? Grazas adiantadas. Por hoxe xa o deixo que xa recibín bastantes paus, así que perdoa se non te contesto. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:16, 21 outubro 2007 (UTC)

Metedura de pata dun novato

editar

Pidoche desculpas dado algunhas das fotos que subín sobor da igrexa de San Xoan de Vilar de Santos, e outras do castelo de Vilasobroso, tal coma me dixeron usuarios, non foron ben subidas atendendo os tags.

A verdade e que crin que o fixera ben, mirei as páxinas de consulta das fotos, coma poñer en modo thumbail etc, pero non sabía que tiña que que por a data nas que saquei as fotos, categoría e tal.

Son un historiador que gosta da fotografía e do arte galego e gustaríame contribuir, a galipedia ou versión galega da wikipedia.

Se hai alguna páxina mais concreta para o tema das imaxes e dos artigos sen ter que ir directamente a versión en castelán ou en inglés agradeceríache que as dixeras, serían ben recibidas e dadas en bo uso.

Pido desculpas se acaso as miñas contribucións poidan causar algún problema (ó igual que o meu uso do galego, dado non é completamente normativo, é o galego tal coma o falo)

Daniel Osuna aka Sapito


Mira se podes redirecciona-la páxina Category:Cidades de Romanía - România a Category:Cidades de Romanía. A caixa do país Romanía direcciona á primeira dirección, pero a segunda é a que se emprega (e ten artigos). Non comprobei se existe o mesmo problema con outros países. Un saúdo. --Adalbertofrenesi(fala) 22:45, 22 outubro 2007 (UTC)

Non sei se te fixaches en esto en Betawiki [5], pero fai un mes a Galipedia non tiña saúde e fíxate agora:

gl (Galician; Galego) (talk)
  • Health: excellent
o Alma
o User:Prevert
o Xosé
o Lameiro

A verdade é que é para estar contentos, e como temos que agardar pola decisión dos namespaces, e se rematamos de traducir as extensións que quedaron? Son poucas e remataríamos en seguida, que me dis? Alma (fálame eiquí) 17:16, 23 outubro 2007 (UTC)

  • Dacordo, pero antes das 20 a min hoxe éme imposíbel. Se queres empeza ti, e despois paso eu, como prefiras. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 13:15, 24 outubro 2007 (UTC)

resposta á túa pregunta

editar

Debeu haber un erro pola miña parte, eu só fixen o de Bissau cidade, entón se non che importa borra ti o da rexión porque eu non estou moi seguro de como se fai. Saúdos. user:Jonathan Chapela

Galician translation of Mayflower

editar

Hi Xosé, sorry for the late reply to your message. Thank you very much for your Galician translation of Mayflower!! I've now uploaded your translation to the toolserver, and you should be able to find your translation on the search page, as well as in the language drop-down box in the bottom-right hand corner. Please check to see if everything looks okay. Once again, thank you very much for your help!! Cheers, Tangotango 14:36, 24 outubro 2007 (UTC)

Grazas por tomares a iniciativa nesa páxina. Prefería non inmiscuírme (comprometerme) máis. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:34, 24 outubro 2007 (UTC)

Xosé... non se merecen, home. Pedro --Lameiro (conversa) 21:34, 25 outubro 2007 (UTC)

Perdoa por te borrar a foto. Vin que non tiña orixe e que había outra de mellor calidade e borrei sen mirar nin quen a cargou. O dito, perdoa. Por certo, fixen unhas modificación no Monobook para dar cores ás páxinas (a de discusión amarela, as de wikipedia grises, as de mediawiki violetas...), mais non vexo cambio algún. Eu de momento déixoo así, a ver se funciona. un saúdo. AlberteSi, digame? 13:34, 26 outubro 2007 (UTC)

Elección de administradores

editar

Ola Xosé! Pois borrouse en esta edición. Como nesa edición hai bastantes modificacións é doado borrar onde non é. O texto é o segundo parágrado da sección Presentación de candidaturas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:59, 28 outubro 2007 (UTC)

cat linguas

editar

Ola Xose, ¿o concordo que pos en categorias de linguas é para "Outra proposta" (onde xa puxeras concordo) ou para a principal?. Por certo: estou creando categorias provisionais, que vexo que é practica comun, espero que non se tambalee ningun piar :-), senón algun dimo e paro. Saudos ---- Maañónoo (o que ho?) 19:01, 30 outubro 2007 (UTC)

Efemérides e traballo para XoseBot

editar

Grazas polos parabéns, pero a verdade é que xa tiña moito do traballo feito cando comecei. Como xa dixeches aínda non rematamos... buff, as imaxes!! Á parte diso, decateime de que sería bo clasificar as 366 efemérides (conto as do 29 de febreiro), nunha Category:Efemérides Destacadas, que vou crear. Para realizar ese labor (eu poñereime a iso a partir de agora) era boa a axuda do teu bot (se non che importa), este tería que engadir:

<noinclude>
[[Category:Efemérides Destacadas]]
</noinclude>

Nada máis, e grazas de novo. --Toliño Fala aquí comigo 14:03, 31 outubro 2007 (UTC)

  • Bo traballo! Que rapidez leva o bot, así dá gusto. Estiven mirando a Category:Efemérides Destacadas e vin que faltaba unha páxina por incluír, despois de mirar as páxinas categorizadas (378) e restar as 13 páxinas que non corresponden ás Templates, polo que deducín que faltaban as de hoxe. Poderíalo facer ti, senón fágoo eu mañá cando non estean protexidas. Grazas de novo. --Toliño Fala aquí comigo 18:20, 31 outubro 2007 (UTC)
    • Parece que se nos resisten as efemérides de hoxe: o primeiro "noinclude" non debe levar a barra diagonal "/". --Toliño Fala aquí comigo 18:50, 31 outubro 2007 (UTC)

Boas de novo! Preciso que revises unha cousa en Wikipedia:Efemérides Destacadas. O problema vén sendo coas efemérides de mañá, que ti engadiches para facilitar o seu editado. Póñoche aquí o que Alma me deixou no meu talk:

...de feito son unha afeccionada e hoxe estaba lendo na páxina Wikipedia:Efemérides Destacadas e se te fixas pon as de hoxe: 31 de outubro e as de mañá: 1 de outubro, e dicir, non salta de mes, eu non sei como facelo, ti non saberás como facer para que en días como hoxe apareza xa o 1 do mes seguinte?? Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 20:09, 31 outubro 2007 (UTC)

Sabes ti como arranxar iso para que os 30 ou 31 dos meses non apareza o día 1 dese mesmo mes, que salte ao seguinte? Hoxe fixeime e xa estaba ben, ou sexa que é só no derradeiro día do devandito mes. --Toliño Fala aquí comigo 11:50, 1 novembro 2007 (UTC)

Desbloqueo

editar

Ola Xosé. Poñome en contacto contigo en calidade de administrador da Galipedia coñecedor das circunstancias nas que solicitei voluntariamente ser bloqueado para a edición neste proxecto. Posto que as razóns polas que decidín ser bloqueado mudaron solicito que cese dito bloqueo. Por ese motivo solicitiche formalmente que procedas a levantar o bloqueo incluíndo no resumo como razóns: "blocked for self request, unblocked for self request; bloqueado a petición propia, desbloqueado a petición propia" . Agradezoche que escribas o resumo de xeito literal e nesa orde. Confio en que teñas tempo para realizar o desbloqueo axiña. Grazas. Un cordial saúdo. Prevert 01:19, 5 novembro 2007 (UTC)

Grazas. --Prevertgl 11:19, 6 novembro 2007 (UTC)

Sobre a votación

editar

Boas, Xosé. Non sería mellor votar cada espazo de nomes por separado en vez dos tres xuntos? Digoo porque se alguén discorda nalgún, ten que votar na contra de toda a proposta, e pode ser aínda mais lento. Votando cada un por separado, quizá poidamos xa sacar uno ou dos espazos de nomes aprobados.--FryantTralarí Tralará 14:24, 5 novembro 2007 (UTC)

re:Votacións

editar
  • Claro, entendo, pero eso sería a segunda fase non? cando xa 3 usuarios o teñan pedido, eso entendín, senón existe petición de 3 usuarios xa non se falaría de nada máis por eso entendín que comunicarllo e abrir a votación para cada un era posterior non?

Con respecto a este caso, na miña opinión o ideal considero que o estar baseado en datos obxectivos e como se trata da posta en vigor dunha nova política fora feito de oficio. Non chego a entender que se teña que votar o baseado en feitos que non requiren ningunha interpretación subxectiva pero o acepto, pero previamente estableceuse necesario o filtro de que a proposta sexa apoiada por 3 usuarios. cando sucedera iso viría o resto,. No fondo é cuestión de interpretacións da norma pero considero importante que esta interpretación sexa homoxénea polo que é delicado facelo por vez primeira. Espero saber o que pensas, de momento terei en conta o formato, lóxicamente a votación individual (quizais que unha petición teña que ser feita nunha páxina que leva o título votación non sería moi aconsellable xa que pode levar a equívoco, pero tamén establecer un tipo de páxina ou título para un só mecanismo de petición tampouco semella unha boa alternativa. Quizais recuperar o que falaba Miguel Lima facer un oco na taberna ou no taboleiro dos administradores onde se poidese por esta petición ou similares, non sei... Espero a túa opinión, un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:22, 6 novembro 2007 (UTC)

Movido

editar

Xa a movín e quitei o de administrador/ que estaba no apartado procedemento da revogación. O do correo refíreste electrónico, quen o debería mandar porque o meu correo pódeno eliminar por spam sin sequera miralo non? Lansbricae (Ti dirás) 19:45, 6 novembro 2007 (UTC)

bot-warning

editar

tèrrazón, non me decatara de Wikipedia:Erros de ortografía revisados, grazas, a partires dagora poreinos ali, e cando teña tempo revisarei os q fixo 4bot e marcareinos ali tamen. boa idea, estás en todas :)---- Maañón00 (o que ho?) 20:06, 6 novembro 2007 (UTC)

Translatewiki (re)

editar

Si, paréceme ben, tratarei de darlle unha volta esta semana, tamén ando bastante axustada de tempo, ;), e nesta semana pasada como deberon a andar a cambiar o servidor en beta desde o mércores foi tarefa imposíbel, colgábase cada pouco, así que xa viches, desde o 6 desistín, e en canto ao de non traducilas todas, concordo tamén, en traducir as que teñamos claras, chapuzas as mínimas, o que sí entendín é que para solicitar o dos nomes de mediawiki, temos que pedilos todos, é dicir, esperar o resultado da votación. Traduzo as que sexa capaz das que quedan e revísoas todas e deixoche nos talks as dúbidas. Vamos, como levamos facendo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:42, 10 novembro 2007 (UTC)

O Couto

editar

Creo que fixeches mal en recupera-lo artigo, porque temos que ser máis esixentes con nós mesmos, pero non discuto. En calquera caso, remata a corrección e cambia ese século "XXVIII" (sic). Pedro --Lameiro (conversa) 18:57, 10 novembro 2007 (UTC)

Citacións da Galipedia

editar

Ola, Xosé. Prever tiña un sitio dependente direitamente del; coido que debe ser el mesmo quen o edite mentras non pase a outro nome de páxina. Saúdos.--Agremon(contacto) 07:44, 11 novembro 2007 (UTC)

Ola Xosé. Non cres que as imaxes de escritores non deberían ir en Category:Escritores galegos? Quizais habería que crear a category:Imaxes de escritores galegos, xa que se acostuma diferenciar nas categorías entre imaxes e artigos. Que opinas? AlberteSi, digame? 14:08, 11 novembro 2007 (UTC)

Ola, Xosé. Creo que algo non funcionou ben na mudanza de categorías das caixas de información de papas... Agora cando vas á categoría de 'caixas de navegación' aparecen listados todos os papas. Debe haber un nonwiki ou noninclude sen pechar nalgures... ;) --Xabier Cid 17:52, 12 novembro 2007 (UTC)

Ola, grazas, Xosé. Decidín facer as probas só co A e co B, para ver como estaban as distintas páxinas por dentro. Xa estaba parando. Tampouco fixen máis trocos cós da caixa de navegación agardando a como decidiamos os títulos. Quizais pague a pena agardar e facer todo xunto, non? --Xabier Cid 20:49, 12 novembro 2007 (UTC)

por certo, que significan estas páxinas, User:Xelo2004/Alexandre_VII,_Papa, que hai moitas...? --Xabier Cid 20:53, 12 novembro 2007 (UTC). Daquela entendo que deberiamos borralas malia estar dentro do contorno dun usuario, toda vez que os contidos xa están dentro das páxinas dos papas? --Xabier Cid 21:03, 12 novembro 2007 (UTC)

Xosé, podes pór unha imaxe do Prestige na Portada, para este día 13 de novembro que vai entrar? Estaría por 24 horas, logo volveríase pór a imaxe da semana. Bótalle un ollo a isto e decide. Eu teño que ir a sobar que mañá madrugo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:23, 12 novembro 2007 (UTC)

Fotografía do Prestige

editar

Xosé: segundo os créditos da foto, tes que cita-la orixe. Pedro --Lameiro (conversa) 22:41, 12 novembro 2007 (UTC)

Re: Vídeo

editar

Ola Xosé, xa incluín o enlace na subpáxina. Grazas. Aproveito a ocasión para pedirche —se podes e queres— que volvas a botar unha man coa vangloria e o spam. Semella que nas últimas semanas ese tipo de usuarios estiveron moi activos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:15, 12 novembro 2007 (UTC)

Ola Xosé. Por desgraza temos que retirar de Wikipedia:Efemérides Destacadas/13 de novembro a imaxe Image:ASAWSM1PXPDE0211171.jpg, poderías facelo? Foi cargada na primeira época da Galipedia e quedou aí, iso foi antes de que estivera vixente a actual política sobre imaxes e as directrices da Fundación Wikimedia ao respecto. Podes ollar os termos de uso en http://search.esa.int:8766/termIG.html Mágoa porque é unha imaxe moi ilustrativa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:54, 12 novembro 2007 (UTC)

A licenza di que se pode facer nesas condicións se se cumpre: "The publicly released ESA images may be reproduced without fee , on the following conditions" (sen pago a cambio). Por outra banda di "If these images are to be used in advertising or any commercial promotion, layout and copy must be submitted to ESA beforehand for approval (http://www.esa.int/export/esaCP/contact_us.html)". En ningún sitio indica que se poida reproducir permitindo obras derivadas e uso comercial sen que exista aprobación con anterioridade e sen contraprestación económica. O único que di é que permite o uso educativo ou informativo. En definitiva por todas esas razóns é incompatible coa licenza actual da Wikipedia e ben que o sinto porque das imaxes dispoñibles é a máis significativa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:11, 13 novembro 2007 (UTC)

Aturándome

editar

Grazas por aturarme coas solicitudes de correccións que estou a facer e que ti moi amablemente estás atendendo. Creo que por hoxe vouno deixar, mañá seguirei revisando a páxina Special:Allmessages. Grazas de novo por aguantarme. --Toliño Fala aquí comigo 19:36, 13 novembro 2007 (UTC)

Ola, Xosé. Deixeille unha descrición de tarefa ao teu Bot, en relación co dos papas, en vista de que non hai moito problema na proposta inicial. Moitas moitas moitas grazas. Ah, e dime se fai falta labor humano, que me poño a el sen mal ningún. --Xabier Cid 21:29, 13 novembro 2007 (UTC)

Para levar algo de orde co traballo, creei un wikiproxecto. Tomeime a liberdade de incluír nel o XoseBot, polo traballo que fixo, e non porque pretenda encomendarlle nada pró futuro... ;) --Xabier Cid 15:20, 14 novembro 2007 (UTC)

Despiste

editar

Ola, Xosé. está visto que esta tempada teño un despiste encima ben groso. Remato de ver o dos bot. saúdos.--Agremon(contacto) 22:30, 15 novembro 2007 (UTC)

por querer ser máis papista que o papa, intentei botarvos unha man, e creo que metín a zoca.
mudei artigos de papas (de Papa --> papa), e como non sabía onde rematárades, fun de fin a principio.
Bieito XVI, Xoán Paulo II...
Pero ó chegar a Paulo VI atópome con que se debe fusionar. Decido pospoñelo e deixalo ó voso criterio.
Sigo p'abaixo. Pero ó chegar a Pío VII vexo que hai dous artigos! Pío VI e Pío VI, Papa (movido xa a Pío VI, papa)!! Ave María Purísima!! e iso tamén pasa con León XII e Clemente XIV.
Vendo o percal, decidín deixar o choio antes de que sexa tarde.

espero ter feito algo bo... en calquera caso, perdón por mover o de Pío VI, creo que liei o choio.

mándovos isto a Alberte e a Xosé, que sodes os dous que andades no choio. Faládeo entre vós.

En calquera caso, se podo colaborar co proxecto avisade. Pero antes de seguir facéndoo motu propio, prefiro poñerme á vosa disposición. Dádeme ordes faciliñas, e tentarei seguilas.

Saúde, e pola sombra!! -- Estevoaei pa o que queiras...  22:46, 15 novembro 2007 (UTC)

Medio feito

editar

Feitos 3 de 4.

  1. - Wikipedia:Votacións/Nomes en galego dos espazos de nomes en MediaWiki-2
  2. - [6]: Este foi o peor combinar "conversa" cos demais foi de "órdago".
  3. - [7]

Para mañá deixo o 4 que xa me levará medio día. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:39, 15 novembro 2007 (UTC)

    • Grazas, as veces a solución está no sinxelo, fixen o punto 4, pero doutra forma distinta, explícocho, andiven investigando nos arquivos do 2007 e atopei unha forma de solicitalas todas xuntas, primeiro exportas todas as extensións a un ficheiro (para telo creado) e logo o solicitas así que o fixen á imaxe e semellanza dun árabe (a él saiulle ben e Siebrand fíxollo así que supoño que a nós tamén). Deíxoche a ligazón para que o revises. Commit requests. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:53, 16 novembro 2007 (UTC)
      • Ola, entrei en Translatewiki, e xa está todo feito, tanto o do espazo de nomes como o das extensións, non deixaron mensaxe ningunha, pero se miras nos historiais, ves como xa está. :) Por fin. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 00:28, 18 novembro 2007 (UTC)

Consulta de bot

editar

Ola meu, necesito facerche unha consulta sobre o bot. Estes días decidín comezar a empregalo para quitar os espazos nas cabeceiras (exemplo: == Historia == -> ==Historia==), para facer o código "máis limpo". Para isto seguín a túa explicación na miña páxina de usuario, e empreguei o seguinte comando:

python replace.py -xml:glwiki.xml -namespace:0 -regex "== ([a-zA-Z]*) ==" "==\1=="

Pero dinme conta de que así só cambia as cabeceiras dunha soa palabra. Logo probei este:

python replace.py -xml:glwiki.xml -namespace:0 -regex "== ([a-zA-Z ]*) ==" "==\1=="

Pero así só cambia as cabeceiras de varias palabras e non as dunha soa. Imaxino que ten que haber unha forma de poñer que teña calquer número de letras ([a-zA-Z]*) e támen calquera número de espazos ([a-zA-Z ]*), pero que non sexa excluínte, é dicir, que tamén cambie as que non teñan espazos. Espero terme explicado :). Se podes botarlle un ollo agradézocho, así aforro traballo poñendo todo nun só comando, se nón pois non pasa nada, uso os dous comandos :D. Un saúdo meu --Banjo tell me 11:50, 17 novembro 2007 (UTC)

  • Ola de novo. Acabo de darme conta que o segundo comando cambia tódalas cabeceiras, teñan ou non espazos, co cal xa non fai falta que busques nada, afórroche traballo. Non sei se terá algo que ver, pero antes empregaba o volcado en xml da gali e agora púxenlle -start:"A" para que colla directamente da gali sen tocar para nada o xml, vai un pouco máis lento, pero parece que así si que cambia tódalas cabeceiras (Non é moi lóxico que da outra forma non o fixera, pero xa sabes como son estas cousas de tontas :D). Un saúdo e grazas de todas formas --Banjo tell me 18:12, 17 novembro 2007 (UTC)

Sobre Portais

editar

Ola Xosé, polo que eu sei só se aprobou o espazo de nomes Portal pero non se aprobou ningunha política sobre a creación de Portais e o seu uso. Na miña opinión debería esperarse á ter as normas sobre o uso e creación de Portais antes de mover os creados no espazo persoal ao espazo de nomes novo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:11, 18 novembro 2007 (UTC)

Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:19, 18 novembro 2007 (UTC)

Portal:Galicia

editar

Desculpa, non existe, referiame a crealo, xa quería facelo cando fixéchedes os outros pero non me da a cachola pa tanto. Propúxeno como idea de punto de partida de traballo, pero creado non está non, xa me gustaría. Inda que non exista propúxeno pola variedade temática que serviría para chegar a un modelo que se adaptase a todos os futuros portais e porque esta é a Galipedia claro. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 20:35, 18 novembro 2007 (UTC)

(Aproveitando, unha pregunta: Por que sequimos a ver Discusión no canto de Conversa...? Falta algo?)

Traducións de capítulos

editar

Moitas grazas por revisar esas traducións... non estaba seguro e pensei en miralas máis tarde. O de spectacled, p.ex., dáse un xogo de palabras no libro, pero creo que está mellor como propós ti. O de 'Pedra negra' volvino pra atrás, porque é o nome dunha organización de espías. Grazas de todos os xeitos. --Xabier Cid 20:42, 18 novembro 2007 (UTC)

Traducións

editar

Grazas a ti tamén pola túa axuda. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:48, 19 novembro 2007 (UTC)

  • Graciñas por avisar, Xosé. Estes días ando moi liado cos exames de decembro da Universidade e non me entero de nada. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 21:16, 19 novembro 2007 (UTC)

Re: Traducións Betawiki

editar

Ola Xosé. Grazas pola túa mensaxe pero non fun eu quen comezou a tradución foi Agremon, logo Rabalde, tamén Lmbuga, ti mesmo e outros moitos que traduciron algunhas das mensaxes, ao que habería que engadir as correccións destes días de Toliño. Creo que o mérito é de todos e non dos que trasladamos as traducións ao que antes se chamaba Betawiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:26, 19 novembro 2007 (UTC)

Lixo en galicitas

editar

Ola, acabo de atopar en Galicitas esto q:Gerardo Conde Roa e fiquei abraiada, bótalle un ollo porque os fins son alleos ao wiki completamente. Xa o marcara Gallaecio e tentara arranxar o artigo pero deuse por vencido. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:36, 19 novembro 2007 (UTC)

Grazas polo aviso, acabábame dar de conta agora, antes da túa mensaxe. --Toliño Fala aquí comigo 14:46, 21 novembro 2007 (UTC)

Borrado

editar

Síntoo, estaba marcando como lixo unha páxina cando a borraches... e non quedou borrada. Desculpa.--Xabier Cid 15:09, 21 novembro 2007 (UTC)

Xoán Carlos I de España

editar

Grazas polo aviso. Xa o correxín. Non sabía eu desa excepción. Pero supoño que algo de sentido ten. De novo, grazas. --Gallaecio 17:04, 21 novembro 2007 (UTC)

Espazos de nomes e portais

editar

Ola Xosé, xa vín que estas a facer os cambios dos espazos de nomes, Alberte pediume o de Conversa Wikipedia, agora mesmo estou neso. Se necesitas axuda para cambiar algún avisa, aínda que só seña para quitarche algo de choio :D. En canto ao do portal xa vin o post, en canto teña algo de tempo expoño a miña opinión :) --Banjo tell me 14:29, 22 novembro 2007 (UTC)

  • Boas. Xa vín que o de Category -> Categoría levou varios días! :D. O último que fíxen eu foi o de Image -> Imaxe e o de Template -> Modelo. Tampouco toquei as páxinas de usuario nin as discusións, ahí cadaún debería modificar o seu se o ve convinte. Eu creo que xa están todos. --Banjo tell me 14:08, 25 novembro 2007 (UTC)

guerra de edicións

editar

Xose, eu somente fixen 1 único cambio, polo que non vexo o comportamento incorrecto, máxime cando recuperei ademais o estado inicial,o consensuado; pero se o dis será verdade, non teño experiencia no asunto. O que si non vexo é porque bloqueas a paxina no estado non-consensuado, pero supoño que haberá tamén unha razón para iso. Saudos---- Maañón00 (o que ho?) 22:53, 22 novembro 2007 (UTC)

OK, aínda así non entendo como soamente me dis a min que non é correcto o meu comportamento cando resulta que houbo 3 persoas que cambiaron a páxina antes ca min e 1 persoa que o fixo despois. Tampouco estou dacordo no de "parece que o contido é aceptábel para todos e que o que se discute ao mellor son as formas", iso non me parece un PVN. En calquer caso, as formas tamén son importantes: a guerra de edicions, se for verdade que o fondo non cambia, tamén é so unha cuestion de formas, e sigue sendo importante.---- Maañón00 (o que ho?) 23:08, 22 novembro 2007 (UTC)

Templates enroladores

editar

Ola Xosé! Creo que xa sei por que non furrula o de enrollar templates, aínda poñéndoo en Common.js. É que hai que crear uns templates para poder empregalo. Atopeinos na wiki francesa, bótalles un ollo para ver se sacas algo en claro: [8], [9], [10]. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:33, 25 novembro 2007 (UTC)

Día de... na portada

editar

Se for posible, habería que cambiar eses Días que temos hoxe polo de Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que me parece moito máis relevante. Pedro --Lameiro (conversa) 17:17, 25 novembro 2007 (UTC)

Xa mo imaxinara. O problema é que agora estou moi ocupado ampliando o artigo sobre a Xeografía de Vigo. O meu plan é rematar de ampliar o da xeografía, e así co tema en quente facer o seu resumo no artigo de Vigo. E se para cando o remate aínda ninguén resumiu a historia, lereina e resumireina tamén. Grazas polo toque. --GallaecioE logo? 18:26, 25 novembro 2007 (UTC)

  • Tamén tes razón. Polo menos co de xeografía aforro traballo. O problema do de Historia é que non viña cunha intro nin nada. Explicaba extensamente (para o meu gusto) cada época da historia de Vigo. Pero o da xeografía vou facelo agora mesmo. Grazas! --GallaecioE logo? 18:33, 25 novembro 2007 (UTC)

Maiúsculas en galego

editar
  • Perdoa que non te contestase antes. Entereime de que o borraras a metade da transcipción do resto do artigo, pero comprendín os teus motivos, e acepteino. Non me vou meter no tema do futuro dese artigo polo momento, xa que teño outro obxectivo agora. Arranxar as categoría de personalidades. Por iso chegara ata o ditoso artigo. Non sabía qué era correcto, "Personalidades da Música" ou "Personalidades da música". E para dicir a verdade, sigo sen sabelo. Mirareino no PDF, a ver se o pon.
E o meu punto de vista respecto o asunto, que quede claro é o seguinte: Se chegas a deixar o texto que escribín cando o escribín e o deixas pasar, eu seguiría pasando o texto. É dicir, borráchelo a tempo, porque senon eu seguiría, e tarde ou temprano, habería que borrar o que fixen. En fin, aforráchesme traballo. --GallaecioE logo? 14:53, 26 novembro 2007 (UTC)
  • En tal caso vou metelo na Taberna para discutilo, porque se se poñe a Normativa Galega completa na Galipedia, habería que facer algo coma o que fixeches ti (co cadro ese que os enlaza, que é todo un puntazo) e acordar, iso si, o "prefixo". É dicir, se se chama "Normativa Galega:...", "Normativa do galego:...", "Normativa da lingua galega:...", etc. Vou poñelo agora. --GallaecioE logo? 15:30, 26 novembro 2007 (UTC)

Acabo de ver que creaches o modelo para o Cubo de Rubik para cando saia á Portada en xaneiro. Nel puxeches unha nota/referencia que aparecen ao final do artigo, pero creo que a habería que eliminar dese modelo da Portada. Ti que dis? --Toliño Fala aquí comigo 20:16, 26 novembro 2007 (UTC)

Ola Xosé. Desculpas, metín a pata e perdeuse o contido desa páxina. Vas ter que recuperar as revisións do historial que se borraron. Sintoo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:33, 27 novembro 2007 (UTC)

O contido é o texto do artigo, pero agora non vexo onde está. Non sei se é pola memoria caché do navegador aínda que a baleirei un par de veces. Vexo que só borraches a páxina de conversa. Seguirei revisando. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:44, 27 novembro 2007 (UTC)
Debeu ser a caché do navegador porque xa a vexo. Desculpa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:46, 27 novembro 2007 (UTC)
Xa atopei o erro. O texto da páxina está en O Porto do Barqueiro, Magor, Mañón. Magor cun a no canto de Mogor. Hai que mover O Porto do Barqueiro, Magor, Mañón a O Porto do Barqueiro, Mogor, Mañón borrarando antes o que hai agora. Novamente desculpas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:19, 27 novembro 2007 (UTC)
Xa o amañou Sobreira. --Prevertgl 20:50, 27 novembro 2007 (UTC)

Hai semanas quería propoñer esta foto Imaxe:Polvoafeira.jpg como destacada, non o fixen porque hai un erro no nome. Poderías volver cargala co nome correcto? Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:07, 28 novembro 2007 (UTC)

Categorías da música

editar

Grazas por mover o das categorías. Canto máis tempo paso na Galipedia, maior me parece a miña ignorancia sobre ela. Hai moito que aprender. Deica logo, GallaecioE logo? 13:54, 29 novembro 2007 (UTC).

Re:Parámetros en dous marcadores

editar

Ola Xosé. A verdade é que non son ningún xenio en crear templates e/ou parámetros. Quizais poidan ser mellorados.

  • O 1º parámetro {{{1}}} implica escribir o nome da imaxe, sen [[:]]
  • {{{2}}} serve para incorporar máis imaxes, no caso de que fosen varias as que merecesen mención. Os nomes destas outras imaxes si deben incorporar os signos [[:]]
  • {{{3}}} e {{{4}}} só serven para incorporar máis información, se fose precisa, en dúas partes diferentes da mensaxe.

Un exemplo (despois de cada unha das dúas últimas barras (||) pode escribirse algo ou non escribirse):

{{Subst:AvisoSenLicenza|Image:imaxe1|[[:Image:Imaxe2]], [[:Image:Imaxe3]],||}}--~~~~

Non dubides en variar o que che pareza preciso. Eu considerei adecuado o parámetro 3 e o 4, pois frecuentemente tiña que engadir datos nesas posicións do texto; pero non son estritamente necesarios. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:11, 29 novembro 2007 (UTC)

Imaxes xa subidas a Commons

editar

¿Cómo teño que facer para solicitar o borrado das imaxes miñas que xa están subidas a Commons?, teñen o mesmo nome así que se sustituirían automáticamente polas de Commons. Onde teño que pedilo, e teño que facer un listado ou algo así? Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:32, 2 decembro 2007 (UTC)

Opinión

editar

Agradézoche que queiras saber a miña opinión pero xa a dera, se impuxo un cadro nunha política oficial e se está a manter cando o lóxico é retiralo e debatilo e despois poñer o que xurda do debate e non o revés. Sobre o contido se partimos dunha imposición, eu non vou entrar senon a discordar, dado que o consenso que se está a buscar é para encubrir un acto imperativo co que nunca concordarei. Esas non son as formas de chegar a un consenso. Alma (fálame eiquí) 23:18, 2 decembro 2007 (UTC)

Portadas arquivadas

editar

Ola Xosé! Andiven fuchicando nas portadas arquivadas para recuperar os templates para a nova portada, e atopeime con que a de 2005 e a de 2007 son moi semellantes. Ademais na de 2005 faise alusión ó día das letras galegas do 2007. Non sei se hai que arranxar algo, ou na de 2007 pór a nova ou a antiga e na do 2005 a de 2005... vamos un lío. Déixoo á túa consideración. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:59, 3 decembro 2007 (UTC)

Betawiki

editar

Ok, non o sabía, pensei que eran independentes as de aquí e as de alí. Acabo de mirar alí, prácticamente xa están todas as mensaxes traducidas, así que xa non hai moito que facer :). Grazas polo aviso --Banjo tell me 18:34, 4 decembro 2007 (UTC)

Translatewiki

editar

Xa te dixera que sempre estou disposta a botar unha man, só dime cando e onde. ;). Se queres facelo mes a mes, dime a data tope en que queres que as teña revisadas e tentarei telo feito. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:54, 4 decembro 2007 (UTC)

Dacordo, paréceme boa idea, xa pasei hoxe e traducín dúas, ía traducir outras dúas pero entráronme "dúbidas existenciais", para iso é bo o IRC pero xa desde fai tempo está máis que morto, así que as deixei, porei nas "conversas" as dúbidas e xa me respostarás. Quedamos entón o 20 se non hai novidades para revisalo feito. Saúdos e mágoa que non vaias a cea, eu aínda o estou a meditar. ;). Alma (fálame eiquí) 23:06, 4 decembro 2007 (UTC)

Votacións

editar

Grazas por apañalo. E por certo, deberías por na túa páxina persoal o que farás cumpridos os 30.000 artigos. ;-D --GallaecioE logo? 17:17, 6 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto

editar

Gústame a túa páxina nova de usuario, os dous últimos obxectivos vante levar tempo e ao mellor perdémoste para a Gali, ;), apunteime no Wikiproxecto Historia, podo axudar co das imaxes e co de procurar bibliografía, xa me orientarás un pouco como vai o wikiproxecto. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:08, 6 decembro 2007 (UTC)

Grazas

editar

Por facer os traslados e o anuncio na páxina de novas. --Xabier Cid 22:17, 6 decembro 2007 (UTC)

Wikibosquexo aínda

editar

Xosé, alédame moito que queiras ser o 1º, pero iso é un bosquexo no que estamos a traballar Caronium e eu, en canto colguemos a páxina do Wikiproxecto, mandareiche unha mensaxe para que te apuntes. ;). Terei que apuralo pois non pensabamos ter tanto éxito. Je je, saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:45, 7 decembro 2007 (UTC)

    • Vasme a berrar, nós andabamos a deseñalo e tiñamos pensalo colgalo e anuncialo no Portal, pero como te apuntaches precipitaches o devir dos feitos, je je je, por iso xa o movín a Wikiproxecto desde a miña páxina de usuaria, xa me estás a asustar co de reclamar consenso para crear un wikiproxecto. :). Por certo, estou en beta coas xenerais do sistema. Deixasme facer máis bonita a páxina do wikiproxecto historia? E que é demasiado "masculina". Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:24, 7 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto historia

editar

A ver, non é que esquecera o deseño do wikiproxecto, e que estou cavilando nel, que prefires de imaxe: persoa, lugar ou documento, ese é o 1º a debater, e despois de qué epoca? porque estou a tolear pensando qué reflexaría mellor o wikiproxecto, pensei en Castelao, no Estatuto de Autonomía (galeguizo moito??), Lansbricae suxeriume unha do Castro de Santa Tegra, qué opinas ti?? E que se non salgo deste atasco non podo seguer co deseño mental e non podo escomezar o traballo. ;), bótame unha man e non ao pescozo, :) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:33, 8 decembro 2007 (UTC)

Pobos xermánicos vs tribos xermánicas

editar

Ola, na Cat. Pobos antigos temos dúas cats Pobos xermánicos e tribos xermánicas (esta dentro de Pobos indoeuropeos). ¿Non se poderían fusionar?, ¿Con cal quedarse? (eu prefiro pobos, a non ser que esteamos a falar de conceptos distintos). Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 15:55, 10 decembro 2007 (UTC)

  • Estou de acordo en que civilizacións habería que arranxalo todo. De momento logo eleximos o de pobos e xuntámolos. Tamén pensei en usar para este tipo de diálogos mellor a páxina de conversa do proxecto historia, para poder xuntar o maior número de opinións. Lansbricae (Ti dirás) 16:33, 10 decembro 2007 (UTC)
  • Polo que vin xa non fai falla o bot, cheguei tarde :). Para a próxima tentarei xegar antes e poder axudar. Un saúdo --Banjo tell me 23:12, 10 decembro 2007 (UTC)

Próximas imaxes da semana

editar

Pídoche que por favor revises (dado que tes demostrado que o controlas ben) o código usado para amosar as próximas imaxes da semana, pois a de dentro de dúas semanas non aparece. A ver se ti o das arranxado, un SAÚDO. --Toliño Fala aquí comigo 17:07, 17 decembro 2007 (UTC)

¿De verdade cres, Xosé, que a frase "Tense afirmado que ... foi o escultor máis afamado da súa época e de toda a historia da canteiría galega" respecta máis o punto de vista neutral que dicir "Pódese afirmar que..."?

Non existe, que eu saiba, ranking de canteiros famosos pero paréceme de unha obviedade que non precisa referencia. Nota que non digo que sexa o mellor escultor senón o máis afamado (=coñecido). Nota que non fago tampouco unha afirmación categórica (do tipo "Foi o máis famoso..."). Pero ¿quen, salvo especialistas, coñece o nome doutro canteiro? ¿Por que será que en case calquera artigo sobre cruceiros sae a relucir o de Hío e Xosé Cerviño? ¿Non é, acaso, Xosé Cerviño o escultor de cruceiros de referencia?

Non discuto, non vou reverte-la túa edición nin vou pedirche que o fagas, pero quero dicirche que esta "exquisitez" co PVN lémbrame o que en castelán sería "cogérsela con papel de fumar". Saúdos e boa tarde. Pedro --Lameiro (conversa) 17:10, 20 decembro 2007 (UTC)

Wikiproxecto

editar

Ola Xosé! Creo que é a primeira vez que me poño en contacto contigo para tratar algo relacionado co proxecto. Necesito que me deas (se é posible) información para levar a cabo un Wikiproxecto, xa que ti puxeche en marcha o Wikiproxecto Historia e algo saberás diso ;) Sen mais un saúdo cordial --Resorte(Falamos?) 17:14, 20 decembro 2007 (UTC)

Petición de aclaración

editar

Ola Xosé. Debido a que ti etiquetaches a páxina Wikipedia:Votacións cun marcador que di: "Esta páxina foi protexida até que se resolvan as diferenzas sobre o seu contido na páxina de conversa. Importante: a protección non implica necesariamente que se respalde a edición actual", iso unido a que ti mesmo cuestionaches a validez das porcentaxes presentadas no cadro resumo e outras persoas que tamén cuestionaron ditas porcentaxes tamén interviron en varias votacións nas que é preciso aplicar ditas porcentaxes quixera saber cales son na túa opinión as porcentaxes vixentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:48, 21 decembro 2007 (UTC)

Sobre a túa resposta: quizais foi unha resposta rápida ou quizais non te decatas das implicacións de dita resposta, así e todo non vou entrar a debullar ditas implicacións neste momento non me parece o máis apropiado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:35, 4 xaneiro 2008 (UTC)

PA volta de vacacións

editar

Ola, para cando voltes se tes ganas mirar os modelos {{Historia da arte}} e {{Arte occidental}} xa que fan cousas raras desde que se lles puxo categoría (ver exemplo en: Vangarda, por exemplo. Un saúdo e ata a volta. Lansbricae (Ti dirás) 13:33, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Fuzzy e cuestións varias

editar

Ola, benvido e feliz ano!!, varias cousas, en translate saíron varios FUZZY!!! ¿? iso que é?, e logo poderías botarlle un ollo para tentar arranxar o modelo dos artigos dos libros, por exemplo en O lapis do carpinteiro tiven que facer auténticas trapalladas para a imaxe pero tamén o ISBN non o pilla como ISBN, semella que non funciona como caixa, non sei se isto se entende, se non estou no IRC e tratarei de explicarcho aínda que non prometo nada. Benvido de novo, aínda que semelle unha broma, :). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:49, 3 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, sabes algo do que falaramos? e no modelo dos artigos dos libros o ISBN queda en vermello aínda que lle engadas manualmente a ligazón, logo todos os datos do modelo tes que facer manualmente as ligazóns e a imaxe tes que encaixala manualmente, aclarache algo? Por certo, segue a haber FUZZY en beta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:12, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Ola, se andas por ahí, podes vir un momento ao IRC, teño unha dúbida. Alma (fálame eiquí) 12:28, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Teño un problema

editar

Ola Xosé, intentei crear uns marcadores, que para min son moi complexos, para as imaxes con nome incorrecto e quedoume mal un deles. Están ligados o un con outro:

O 1º, Modelo:NomeImaxeIncorrecto colócase na imaxe

Se escribes {{NomeImaxeIncorrecto}} non propós ningún novo nome á imaxe.
Se escribes {{NomeImaxeIncorrecto||Image:nome proposto}}, propós un novo nome á imaxe.

Dependendo como escribas, o texto cambia. Pódese ver en Imaxe:DSCN0837.JPG e Imaxe:DSCN0834.JPG.

Se se accede a esas imaxes e se ve cómo quedou o marcador, vese que se indica que se empregue un modelo (Modelo:AvisoRenomear) para avisar ó usuario, e ese modelo tamén ten dúas alternativas (tamén cambia o texto segundo a que se use). Pódese ver ó final de Conversa Usuario:L&T.

O problema é que na páxina de ese usuario, empreguei as dúas alternativas de mensaxe (primeiro a que ten proposta de nome e logo a que non), o título queda diferente e, no caso da opción sen proposta de nome, moi mal.

Preocúpame que os usuarios vaian intentar amañalo sen facer as comprobacións pertinentes, pois, se se amaña unha opción, se escangalla a outra.

Se non sabes ou non podes miralo, agradézoche que me avises e deixo esta mensaxe na taberna. Grazas de antemán--Lmbuga Commons - Galipedia 16:33, 5 xaneiro 2008 (UTC)

  • Referíame ó título, queda así: Image:Imaxe:DSCN0837.JPG; pero agora xa me parece unha cuestión menor, o normal é que non se vexa moito. Algún día pararei de novo con el e mirarei o que pasa. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:38, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Grazas.--Lmbuga Commons - Galipedia 16:25, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Coloquei nesa imaxe a licenza {{PD-USGov-NASA}}, xa existente (Wikipedia:Lista visual de marcadores de imaxe). Se algunha vez desexas subir, ou xa subiches, algunha imaxe cunha licenza que non haxa na Galipedia, por favor, comunícamo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:28, 20 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza

editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:53, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Xosé. É complicado explicar o que pasou con esta foto. A orixe da mesma era de Commons e correcta, pero a orixe tiña orixe noutra imaxe de Commons. Ó ver esta última percibín que a licenza da imaxe da que ti tomaches a foto era incorrecta, non podía ser GFDL, polo que variei a licenza (tanto da orixe en Commons coma a desta imaxe subida por ti) e engadín datos a autores e imaxe orixinal primeira. spero non ter errado. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:09, 31 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas

editar

Grazas. Bos ollos te vexan. Espero que sexa para ben. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 17:53, 6 febreiro 2008 (UTC)

  • De certo que sigue. Home pouca polas datas, pero "confirmaron" o organizador Estevo, Beninho, Furado, Alma e eu, e se te sumas e podes claro 6. O organizador de momento non fixo convocatoria en regra (hora e lugar).

Por certo que cando teñas tempo teño preguntas sobre os bots. Ándolle vendo as posibilidades reais para categorizar, ou as miñas. Lansbricae (Ti dirás) 17:59, 6 febreiro 2008 (UTC)

Tamén andaba agardando a que se conectase non creas. Lansbricae (Ti dirás) 18:13, 6 febreiro 2008 (UTC)

Replantexamento da votación fusión Galicia-Galiza

editar

Hola,

Fixen un cambio nunha votación na que participaches, Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Uso_do_termo_dentro_do_artigo, para resolver unha ambigüidade. En fin, é un pouco lioso, está explicado na propia paxina. Saudos Miguel.lima 22:25, 7 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza

editar

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:34, 9 febreiro 2008 (UTC)

Xuntanza-ceanza

editar

Cumprindo a "penitencia" que me puxeches pola miña fuxida, fixen unha pequena "Crónica oficial" da xuntanza (non sexas duro comigo e ponlle polo menos un "sufi", que o humor non é a miña maior virtude). Agora só falta que Alma a ilustre coa foto.

Xa instalei o ies4linux, e nas probas iniciais a que o sometín, funciona perfectamente. Grazas. --Furado 08:03, 10 febreiro 2008 (UTC)

Cumprín co trato acordado e xa ilustrei a marabillosa crónica de Furado, non quedou moi alá por mor de que co exceso no punto 2) da orde do día a ningún de nós se nos ocorreu que había que pórlle o flash á cámara, :), así que fixen o que puiden. As outras mandareinas por correo en canto poida. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:09, 10 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario

editar

Ola Xosé. Felicitacións tardías por teres cumprido o pasado 6 de xaneirto tres anos no wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:47, 10 febreiro 2008 (UTC)

Explicacións

editar

Ola, Xosé. Moitas grazas pola túa mensaxe. Vou tentar de explicarme algo mellor co obxectivo de que entendas a miña decisión. Vaime ser difícil ser breve. Agardo non esgotar a túa pacencia.

  1. Por que agora? Creo que ti tamén compartes que nos últimos meses, por diversas razóns, se están rexistrando diversos problemas relacionados co wikipreiteo e coa excesiva regulamentación: onde antes funcionara a ética e a cordialidade, debe funcionar agora a xustiza, as regras e a cuantificación. Iso, creo que o compartes, vai en contra do espírito wiki. Así vímonos ensarillados en votacións sobre normas, sobre porcentaxes que ata daquela se aplicaran sen problema, e ansias de democratización do que simplemente non é nin debe ser democrático (nin loxicamente ditatorial, nin anárquico): a wikipedia non é unha asemblea, senón unha enciclopedia. Eu recoñezo aí o meu erro, gastando horas en traducións pra satisfacer unha ansia de regulamentación que non compartía nin comparto. O resultado foi infrutuoso. Pero pensei que o feito de traducir e de discutir sobre a tradución sería útil pra que todos nos decatásemos de que estabamos a comportarnos mal, de que estabamos en moitos casos rompendo a edición, de que xestionabamos con pouca limpeza as nosas personalidades, de que usabamos contas múltiples sen decatarnos dos riscos que estabamos asumindo e como podiamos palialo. En certa medida creo que algo funcionou, porque houbo algúns usuarios que reflexionaron sobre iso. Houbo porén outros que non, que non se decataron de que o que alí se dicía era importante telo en conta, non pró exercicio da súa liberdade persoal, senón pró beneficio do proxecto e dos intereses que nos levaron aquí. É dicir, o agora foi cando a tradución galega desa norma foi rexeitada por segunda vez e xa non me quedaron dúbidas de que pra entender as implicacións dun tema non abondaba con falar del.
  2. Por que nesa votación? A razón fundamental: era unha votación decidida, onde a anulación do voto non tiña ningunha consecuencia. A tradución da norma non saíu adiante non só pola existencia de votos en contra, senón pola falta de respaldo da comunidade, que non entende que esas normas teñan que traducirse. Esta é, por outra parte, unha decisión que comparto, aínda que a miña opción persoal é obviamente irrelevante. Creo que calquera administrador sabe discernir entre o correcto e o que lle convén, e se algunha vez o confundise devolvería os meus permisos. Hai outras votacións abertas, onde o resultado non está decidido, e onde non quixen actuar.
  3. Por que non nos artigos destacados ou nas imaxes da semana? Entendín que a situación era grave e que debía ser tomada sobre puntos clave do sistema. Pareceume que o correcto era darlle a importancia que merecía e que ao mesmo tempo non tivese consecuencias reais. Creo que a anulación dun voto nunha imaxe da semana podería entenderse como un acoso innecesario. E iso non era o que pretendía.
  4. Por que se anulou un voto? Xa dixen que cría que a anulación do voto era a medida máis lixeira que se podía tomar de todas as que contempla a norma.
  5. Editores novos e vellos. Como ben sinalas, no texto da versión inglesa existe a palabra "new". Pero ao mesmo tempo, se analizas o conxunto da norma, fálase do dano que producen estes comportamentos ao distorsionar as votacións e os consensos. É dicir, non se di que sexa novo no momento de actuar, porque cando é novo non pode votar, senón que cando foi novo o relacionaba un motivo de parentesco, afinidade ideolóxica, etc. cun editor existente, e que agora está participando activamente en votacións e debates. Creo que é evidente pra qué foi redactada esa norma e qué comportamentos non éticos pretendía atallar. Creo que é evidente o que se pode entender por recrutar, e cales son as formas en que esa recruta se pode producir: é moi improbable que quede constancia desa recruta na propia wiki, e témome que este é un dos casos onde ademais si a hai.
  6. Por que non parece evidente? Un dos erros de administración foi, creo eu, actuar demasiado tarde. Tanto, que chegamos a considerar normal que dous editores que comparten a mesma IP, que se confunden nas mensaxes e asinan as de un ou as de outro, que se defenden o un ao outro, que atacan a outros usuarios conxuntamente e que actúan sistematicamente como unha mesma voz en todas as cuestións centrais e ideoloxicamente relevantes, eran dúas voces distintas. E ás veces poden selo, pero na maior parte dos casos obviamente non o son. Hai editores que comparten lazos persoais ou ideolóxicos, pero todos eles tomaron as precaucións éticas para evitar que pareza o que non é. Calquera observador externo independente tería moi difícil, moi difícil, saber se neste caso estamos ante unha persoa ou dúas. Por iso en circunstancias coma esta, e así o recomendan os principios da wikipedia, hai que extremar as consideracións éticas. Porque o que está en xogo non é a nosa liberdade persoal, que internet é ben grande pra exercela, senón un proxecto. E nel todos actuamos como editores e tamén como modelos.

O obxectivo inmediato desta medida foi corrixir puntualmente un comportamento pra que sexan os editores os que asuman a súa parte de responsabilidade e actúen con ética nestas cuestións. O obxectivo secundario e a longo prazo é decatarse de que a wikipedia non se basea en votacións, senón en consensos, e que neses procesos de busca de consenso temos que actuar con extrema limpeza, con voluntariedade e deixando á marxe factores externos á Galipedia. E iso, creo que podes compartilo comigo, non se estaba facendo. Perdoa a extensión. Non foi unha decisión agradable, e prefiro que quede claro por que a tomei--Xabier Cid 17:26, 13 febreiro 2008 (UTC)

Seica o da lingua celta dos galaicos o inventei eu, ou?

editar

Penso que podes querer revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que contradí os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Un saúdo. --Casdeiro 22:46, 13 febreiro 2008 (UTC)

Encargo para o bot

editar

Ola, Xosé. Quería pedirche aa ver se podías soltar o bot nas categorías relacionadas coas posicións de fútbol: Centrocampistas de Fútbol, Defensas de Fútbol, Dianteiros de Fútbol, Gardamallas de Fútbol. O obxectivo sería quitarlle a todos eses fútboles as maiúsculas. Son un carro deles. Eu vou ir creando as novas categorías e borrando estas. Moitas grazas --Xabier Cid 00:16, 16 febreiro 2008 (UTC)

Moitísimas grazas, que rapidez! --Xabier Cid 18:59, 16 febreiro 2008 (UTC)

Ola Xosé! Só para dicirte que o modelo   Agardar non é un voto, do mesmo xeito que   Comentario. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:53, 16 febreiro 2008 (UTC)

Home, suponse que os que empregan o marcador de agardar terían a intención de decantarse cara un lado. Polo tanto habería que esperar a que os de ese marcador voten, neste caso sos 3 agardar, 2 eran meus e finalmente votei, e o outro de Xabier Cid, que finalmente tamén votou. Saúdos. AlberteSi, digame? 20:02, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Voten ou non voten, a opción dos que prefiren "agardar" indica unha disconformidade, máis aló que un simple "comentario": o tema obxecto da votación non acaba de convencer ou propóñense cambios e melloras antes de apoia-la proposta, proposta que nese estado non de apoia. O suposto que dicía antes creo que Xosé de 6 favorables e 7 agardar evidencia para min unha falta de apoio máis próxima ó rexeitamento que ó voto favorable. Pedro --Lameiro (conversa) 21:30, 16 febreiro 2008 (UTC)

Independentemente de que estea fixada unha porcentaxe para os votos sobre un bot, debemos separar o reconto do propósito do reconto. As votacións serven para calibrar un consenso. Pero o consenso non se consegue cun 66% dos votos, senón cun estado de opinión favorábel. Por iso nas votacións hai que ter en conta os neutros (e os agardares). 5 votos afirmativos e un negativo indican un consenso. 5 votos positivos, 1 negativo, 6 neutros e 2 agardares ben poden indicar un disenso. Se imos a un caso práctico recente, o da votación antimonicreques, nela había un voto neutro. Ese voto neutro non era efectivamente un voto contrario, pero tampouco o era a favor. E as razóns que explicaban ese voto contrario eran suficientemente claras de que non existía un consenso a favor do texto que se estaba propoñendo. Dende o punto de vista do cómputo, ese voto neutro é un voto neutro. Dende o punto de vista do consenso, ese neutro era un voto máis contrario ca algúns que efectivamente votaron en contra con argumentos que non se axustaban ás normas wiki (p.ex., falta de consenso cando si se abriron os períodos de consenso necesarios). Así pois, entre os deberes dos admnistradores está o de pechar votacións, determinando non só cal é o cómputo de votos (que iso o pode facer calquera), senón en que medida ese cómputo de votos respalda, ou non, un determinado consenso. --Xabier Cid 14:22, 19 febreiro 2008 (UTC)

Votacións de bots

editar

Ola Xosé. Acabo de entrar e vin que pechaches unha votación de bots. Quería informarte de que non é función dos administradores pechar votacións de bots, debeno facer os burócratas. Polo tanto, terías que restituír á votación á situación orixinal e esperar que un burócrata (habitualmente faino Lmbuga) peche a votación. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:20, 16 febreiro 2008 (UTC)

Grazas. --Prevertgl 21:26, 16 febreiro 2008 (UTC)

Dúbida

editar

Ola Xosé. Falaramos de que na Galipedia había moitas imaxes que eran copyvio. Quizais eu entendín mal, pero entendín que estaban marcadas como copyvio. Eu non dou con elas, mirei Categoría:Wikipedia:Copyright e Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar. ¿Hai máis?--Lmbuga Commons - Galipedia 16:35, 17 febreiro 2008 (UTC)

Grazas por non responder--Lmbuga Commons - Galipedia 02:55, 16 marzo 2008 (UTC)

Saúda e proposta de colaboración

editar

Ola Xosé

Escríboche despois de falar con Xabier Cid, quen me sinalou este xeito de contactar contigo.

O motivo da mensaxe é que a empresa para a que traballo vai realizar un proxecto en Galiza que ten que ver coa Galipedia e gustaríanos, primeiro, ter a opinión dos administradores, e segundo a colaboración dun deles durante a realización do mesmo.

Pódesme contactar para falar máis polo miúdo desta cuestión no correo cneirac á gmail punto com

Un saúdo

Solfexo

editar

Moitas grazas polo traballo do teu bot. Nunca escoitara o de solfexo, pero en efecto, así é. Deica --GallaecioE logo? 12:35, 2 marzo 2008 (UTC)

Encargo para o bot

editar

Ola, Xosé. Os artigos dos elementos químicos teñen todos a mesma estrutura: Cadmio (elemento). Esa aclaración de "elemento" é sobrante unicamente en media ducia de casos, e incluso nesas situacións é dubidoso. Por exemplo, non se entende moi ben que Hidróxeno sexa unha páxina de homónimos, sobre todo despois de ver o seu contido. Poderíase soltar o bot para mover todos os artigos Cadmio (elemento) a Cadmio, e de paso, o que é máis complexo, facer iso en todas as referencias indirectas? --Xabier Cid 13:47, 2 marzo 2008 (UTC)

Moitas grazas... Entón vou facer unha cousa. Vou presentar o problema como unha proposta na taberna, e a ver se alguén dos padres pioneiros se lembra das razóns que levaron a iso. Moitas grazas. --Xabier Cid 14:01, 2 marzo 2008 (UTC)
Despois do consenso, creo que se pode poñer a funcionar o bot. Vou agora repasar a lista para saber cantos terían que ter excepción. --Xabier Cid 23:06, 7 marzo 2008 (UTC)
Repasei a lista. Non habería que mudar nada en Radio (elemento) nin en Osíxeno (elemento). E en hidróxeno e en fósforo sería mellor facelo a man porque hai páxinas de homónimos que hai que crear. Así que o traballo podería ter dúas fases:
  1. mover os (elementos) ás formas simples, agás neses catro casos
  2. substituír nos textos e en todas as ligazóns o mesmo troco, agás neses catro casos. Como o ves? --Xabier Cid 23:18, 7 marzo 2008 (UTC)
Iso era o que temía. Póñome agora co proceso manual. --Xabier Cid 10:19, 8 marzo 2008 (UTC)

Listo. Están mudados case todos os nomes. Tamén aproveitei para borrar tres ou catro páxinas de elementos completamente baleiras e así facilitar que alguén que saiba algo de química vexa a ligazón vermella e as cree. Non se pode operar as mudanzas do bot sobre:

  • Osíxeno (elemento): permanece para diferencialo de osíxeno, que é o molecular.
  • Mercurio (elemento): permanece para diferencialo do deus e do planeta
  • Radio (elemento): permanece para diferencialo de tantas cousas
  • Zinc/Cinc (elemento): permanece porque aínda hai que fusionalo antes.. Xa o fusionei, leva conta de que debe haber por aí cando menos zinc (elemento)

Moitas grazas, Xosé. --Xabier Cid 12:21, 8 marzo 2008 (UTC)

Levo uns días moi atarefado con cousas persoais, e nin sequera tiven vagar pra darche as grazas por todos os trocos do bot. Douchas agora. --Xabier Cid 23:26, 12 marzo 2008 (UTC)

Parroquias de Narón

editar

Moitas grazas Xosé, as parroquias de Narón son as que podes ver no mapa, máis non sei, aínda que o sospeito, cal é a razón pola que non aparecen as da zona urbana no artigo de Narón. Se che contara, cal foi o proceso e as horas que invertín por non ter as ferramentas axeitadas, alucinarías. Baixei o programa que me recomendache. Outra vez, grazas.--PepedoCouto 08:29, 9 marzo 2008 (UTC)Ola xosé, pasei a tarde co inkscape e parece un pouco complicado, terei que precticar moito. En canto ó mapa, a parroquia á que nomeaches como San Xiao, realmente é a que lle dá o nome a todo o concello, ou sexa, Narón. A razón foi que cando se creou Narón, logo da unión de varios concellos, algúns deles coincidentes con parroquias actuais, decidiuse radicar aí a capitalidade.--PepedoCouto 19:59, 9 marzo 2008 (UTC)

Wikiproxecto de Cidadanía

editar

Rógoche leas esta miña última contribución, pois cambiei radicalmente de opinión. Non es usuario válido para crear o wikiproxecto, atenta contra as políticas: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AA_Taberna_%28xeral%29&diff=739657&oldid=739474 --Lmbuga Commons - Galipedia 02:47, 16 marzo 2008 (UTC)

saúdos

editar

Ola. Soamente expresarche o meu apoio explícito á túa honestidade e integridade e a miña indignación ao ver a difamación personal que estás a sofrer. Espero que, nun futuro, se che faga xustiza e teñamos ocasión de participar neste proxecto. --QuatriNauta 16:49, 16 marzo 2008 (UTC)

  • Non podo aportar nada novo, só corroborar as palabras de apoio de Quatrinauta, e dicir que si te considero alguén oportuno e importante, non só para o wikiproxecto "cidadanía" (por darlle un nome), senón para a Galipedia en xeral. Consciente de que estes días non ías estar moi activo por falta de tempo, espero que regreses con ánimos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 13:02, 17 marzo 2008 (UTC)
  • Vaia o meu apoio tamén, pois mentras non se demostre o contrario, para min todo o mundo é inocente. E non me parece que actuases de mala fé si non máis ben todo o contrario. Miguel.lima 12:28, 19 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza

editar

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Queríache pedir un favor, podes pasar o bot para mudar rasgo e rasgos por trazo e trazos?. Se o podes facer déixame unha mensaxe para revisar os cambios por se hai algún caso no que o troco sexa incorrecto.--Arco de Rayne 09:21, 20 marzo 2008 (UTC)

  • Grazas polo labor, corrixín uns poucos casos no que o cambio ou era improcedente ou podía ter dúbidas.--Arco de Rayne 11:56, 21 marzo 2008 (UTC)

Bloqueo

editar

Na taberna/xeral expresei o seguinte:

Coñecía xa esa norma, pero o meu interese era que a comunidade decidise sen eu presentar créditos para que decidise nunha liña determinada. O que si entendo é que Xosé saltou unha advertencia dun administrador, e que sendo a súa aportanción positiva, non negativa (para min é neutra, pois non aporta nada novo), dado que con ela expresa o seu desexo e ansia de seguir participando nesta discusión inda que é parte interesada, pois está pagado por unha empresa, procedo a bloquealo por 2 horas: Non se pode estar a cobro por unha empresa e obviar as advertencias doutro administrador para que se respecte o punto de vista neutral diga o que se diga--Lmbuga Commons - Galipedia 19:21, 21 marzo 2008 (UTC)

Vaia o meu apoio de novo, que antes, cando todavía non contestaras na Taberna, puxen nesta páxina por crer na presunción de inocencia, e porque todavía non tiña información para xulgar máis polo miudo; e agora, despois de lidas as túas aportacións, reiteiro, pois penso que aínda ninguén puido demostrar que obrases mal, e sigues sendo merecedor da nosa (cando menos da miña) confianza. Un saúdo, e ánimo, que supoño que ler según que cousas non lle presta a ninguén. Saudos Miguel.lima 15:07, 24 marzo 2008 (UTC)

Varón

editar

Queríache pedir outro favor, podes facer a mundanza co bot de varón para home e varóns para homes, o VOLG non acepta varón como equivalente a home só como unha clase de vara. Avísame cando o fagas, grazas como sempre.--Arco de Rayne 12:29, 29 marzo 2008 (UTC)

Primeira subida a Commons

editar

Ola Xosé, como vos comentara na cea "Rabacholeira" propúxeme non facer nada relacionado co meu traballo de informático, pero a verdade é que me puña dos nervios ver o mapa da páxina principal do "meu" proxecto Estados dos Estados Unidos de América cos nomes en inglés, así que non tiven mais remedio que botar man do Inkscape e traducilos.

O problema é que nunca subira unha imaxe e, aínda que xa levo un bo intre informándome sobre o tema, estoume volvendo tolo co tema, especialmente co das licenzas.

O que fixen foi coller a imaxe cos nomes en inglés [11] e polos en galego [12], para poder usala no Modelo:Mapa dos estados dos Estados Unidos. Supoño que este tipo de actuacións que vexo que é habitual non debe ter ningún problema, pero por ser o primeiro agradeceríache que lle botases unha ollada.

Xa postos e abusando da túa paciencia, agradeceríache calquera comentario ou suxestión, pois xa posto, e dado que dispoño de ferramentas e xeito, igual ata se me dá por retocar algún outro mapa ou facer algún novo. --Furado 17:50, 30 marzo 2008 (UTC)

Charlas en Ordes

editar

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --  Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)


Hola Xosé, son Pontevedra78, todavía non te coñezo, queríache pedir consello, ¿podo comezar un Wikiproxecto de Páxinas Novas?, todavía no no temos.--Galiza por sempre e para sempre 20:31, 22 setembro 2008 (UTC)

Boas Xosé, como vin que colaboraches no artigo Wikipedia:Categorías, quería avisarte de que acabo de facer unha adición de contido para aclarar un aspecto á hora de categorizar, que a min non me quedara claro ata hai un par de días, e que aínda non tería claro de non ser por Elvire. Bótalle unha ollada cando teñas tempo. Un saúdo! --GallaecioE logo? 18:39, 30 decembro 2008 (UTC)

Nova categoría raíz

editar

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:30, 26 febreiro 2009 (UTC)

Batalla das Ardenas

editar

Ola! Hai un tempo eliminaches esta páxina debido a que algún individuo con moito tempo libre escribira nela algunha tontería. Só quería avisarte de que creei Batalla das Ardenas coma unha páxina de homónimos, debido á existencia de varias batallas co mesmo nome. Un saúdo

Silverfox 03:30, 13 xuño 2009 (UTC)(conversa)

Ola, comunícoche que se pediu a revogación dos teus permisos de administrador segundo a política oficial en vigor da Galipedia. Podes ver a votación en Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Xosé. Saúdos—o anterior comentario sen asinar foi feito por HombreDHojalata (conversacontribucións) 21:17, 14 de maio de 2010

Ola Xosé.

Comunícoche que, debido a túa inactividade como bot, propúxose a revogación do teus status como tal.

Podes ver a votación en: gl:Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#Revogación de inactivos.

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 07:36, 6 de outubro de 2012 (UTC)

Galencontro 2014

editar

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)Responder

Punteiro

editar

Boas Xosé, o artigo Punteiro, que fixeches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:16 (UTC)Responder

Pasa o mesmo en APIGA. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:42 (UTC)Responder

Maurice Ravel

editar

Boas de novo Xosé, o artigo Maurice Ravel, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:17 (UTC)Responder

Pasa o mesmo en Carballesa (música). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 10:10 (UTC)Responder

Comarcas en Wikidata

editar

Ola, Xosé! Que tal? Mira, escríboche porque vin que camabiaches algunhas das descricións dos elementos (Q) de concellos galegos indicando a comarca ou unicamente a comarca. O tema é o seguinte: eses Qs non deixan de ser concellos, polo que é axeitado que siga figurando esa información na descrición. Por outra banda non está moi claro (eu cando menos non o teño nada claro) como é o modelado das comarcas en Wikidata, xa que con situado na división administrativa: comunidade autónoma abondaría ( ver) De momento estou tentando organizalo todo por alá un pouquiño seguindo esta orde: provincia, concello, parroquia, lugar, comarca. Por esa razón :

  • Habería algún problema en homoxeneizar as descricións por "concello da provincia de" sen as referencias á comarca, cando menos polo momento, ata que se modelen as comarcas ben?. Facilitaríame o traballo, pero tampouco é imprescindible...

Xa me contas, un saúdo Maria zaos (conversa) 17 de agosto de 2019 ás 00:07 (UTC)Responder

Gustaría de traducir unha páxina nova

editar

Bo día! Verbo da recentemente falecida poetisa grega Kikí Dimulá (https://ca.wikipedia.org/wiki/Kik%C3%AD_Dimul%C3%A0), que foi unha voz senlleira nas letras helénicas do noso tempo, vexo que inda non hai nadiña aquí na Galipédia. A páxina en catalán ten información dabondo (tamén falo francés e castelán, mais esas versións da Wiki non dispoñen da mesma cantidade de datos neste artigo). Por favor, como fago? E —sobre todo— caso sexa posíbel facelo tamén sería permitido preservar o mesmo formato da páxina, coas mesma tipografía e o resto dos elementos estéticos da páxina? Xa hai uns anos que non contribúo de forma activa e agora non teño a mesma traza.

RichardAerts01 (conversa) 5 de marzo de 2021 ás 16:00 (UTC)Responder

Hamás

editar

Boas, o artigo Hamás, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 23 de outubro de 2023 ás 08:42 (UTC)Responder

Reminder to vote now to select members of the first U4C

editar
You can find this message translated into additional languages on Meta-wiki. Axuda a traducir á túa lingua

Dear Wikimedian,

You are receiving this message because you previously participated in the UCoC process.

This is a reminder that the voting period for the Universal Code of Conduct Coordinating Committee (U4C) ends on May 9, 2024. Read the information on the voting page on Meta-wiki to learn more about voting and voter eligibility.

The Universal Code of Conduct Coordinating Committee (U4C) is a global group dedicated to providing an equitable and consistent implementation of the UCoC. Community members were invited to submit their applications for the U4C. For more information and the responsibilities of the U4C, please review the U4C Charter.

Please share this message with members of your community so they can participate as well.

On behalf of the UCoC project team,

RamzyM (WMF) 2 de maio de 2024 ás 23:11 (UTC)Responder