Couza guatemalteca

insecto da orde dos lepidópteros e da familia Gelechiidae
Couza guatemalteca

Patacas afectadas pola couza guatemalteca.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Gelechiidae
Xénero: Tecia
Especie: T. solanivora
Nome binomial
Tecia solanivora
(Povolný, 1973)
Sinonimia
  • Scrobipalpopsis solanivora Povolný, 1973

A couza guatemalteca ou couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora), descrita por Povolný en 1973[1], é un insecto da orde dos lepidópteros e da familia Gelechiidae. Orixinaria de Guatemala desde onde se estendeu a toda América Central detectouse en Galicia, por primeira vez, en 2015.[2]

Ciclo biolóxico

editar

Como acontece con outros insectos o proceso comeza coa posta de ovos «nos tubérculos ou próximos a eles, en número 200-500 ovos. O período de incubación pode durar entre 5-15 días en función da temperatura»[2]. Trala incubación, na fase de larva é cando esta penetra na pataca (Solanum tuberosum) e estraga o tubérculo. A pupa ou crisálide ten forma fusiforme, nesta fase abandona a pataca aínda que tamén pode formarse no interior. O organismo adulto, a avelaíña, presenta dimorfismo sexual, tanto de tamaño como de cor, ten hábitos nocturnos e voa pequenas distancias. O ciclo completo de cada xeración, nos almacéns de patacas, pode completarse entre 4 e 5 semanas, e no exterior en función da temperatura pode variar entre «41-95 días».[2][3][4]

 
Interior de pataca perforada pola couza guatemalteca

Praga en Galicia

editar
 
Anuncio da Xunta de Galicia para a recollida de patacas infestadas no concello de Xove.

Os concellos de Ferrol, Narón e Neda, en 2015, foron os primeiros afectados pola presenza da couza guatemalteca da pataca en Galicia.[5][6] Estes parasitos producen danos tanto nos cultivos de patacas como cando estas se amorean nos almacéns. As trampas de feromonas, os tratamentos con produtos fitosanitarios, a interrupción do cultivo ou a destrución da colleita son algunhas das estratexias para deter o avance da praga.[2][7]

 
Patacas perforadas pola couza guatemalteca (comparación)

En febreiro de 2017 os concellos afectados pola praga en Galicia aumentaron a 31, todos eles nas provincias da Coruña e Lugo:[8][9]

Medidas de control

editar

O 3 de marzo de 2017 o Consello de ministros do Goberno de España aprobou un Real Decreto que prohibe o cultivo de pataca por un mínimo de dous anos nas zonas infestadas.[7] Tamén se establece unha zona tampón: «os terreos comprendidos dentro dunha franxa de 5 quilómetros arredor do límite dos concellos establecidos como zonas infestadas». As disposicións sobre a zona tampón inclúen medidas de control e erradicación aplicables ás parcelas de cultivo, ás instalacións de almacenamento, ao almacenamento de patacas por particulares para autoconsumo e ao movemento de patacas desde esa zona a zonas non demarcadas. En Galicia a zona tampón comprende os concellos das Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño.[7][10]

  1. The Natural History Museum (ed.). "The Global Lepidoptera Names Index > TECIA solanivora (Povolny, 1973)" (en inglés). Londres. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia, ed. (2015). "A praga da couza guatemalteca da pataca: Tecia solanivora" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  3. International Potato Center (CIP) (ed.). "Guatemalan potato tuber moth, Tecia solanivora (Povolny 1973). Pest Distribution and Risk Atlas for Africa" (en inglés). Lima (Perú). Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  4. European and Mediterranean Plant Protection Organization Organisation Européenne et Méditerranéenne pour la Protection des Plantes, ed. (2005). "Data sheets on quarantine pests Fiches informatives sur les organismes de quarantaine Tecia solanivora" (PDF) (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  5. Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia, ed. (03/11/2015). "Resolución do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, se establecen as zonas demarcadas para esta praga e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.". DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42042. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  6. Redacción GCiencia (04/11/2015). GCiencia, ed. "Detectada en Galicia a praga da couza de Guatemala que ataca á pataca". Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 BOE, ed. (2017). "Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, por el que se establece el Programa nacional de control y erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny)." (PDF) (en castelán). pp. Núm. 54 Sábado 4 de marzo de 2017 Sec. I. Páx. 15755. Consultado o 6 de marzo de 2017. 
  8. Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia, ed. (06/02/2017). "Resolución do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca". DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5426. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  9. Pérez Pena, Marcos (13/02/2017). Praza Pública, ed. "Concellos e sindicatos critican a pasividade de Xunta e Ministerio na loita contra a couza da pataca". Inclúe mapa coa expansión da couza guatemalteca en Galicia desde 2015 ata 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  10. Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia, ed. (10/03/2017). "Consellería do Medio Rural. Resolución do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón..." (PDF). DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12219. Consultado o 10 de marzo de 2017.