Cova de Font-de-Gaume
Font-de-Gaume é unha cova con mostras de arte paleolítica que está situada no concello occitano de Las Eisiás de Taiac (nome oficial en francés Eyzies-de-Tayac) na Dordoña (en francés Dordogne).
Tipo | sitio arqueolóxico prehistórico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Sitios prehistóricos e covas decoradas do val do Vézère | |||
Localización | ||||
División administrativa | Les Eyzies-de-Tayac-Sireuil, Francia e Les Eyzies, Francia (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1979, 1979 (?ª Sesión) | |||
Identificador | 85-003 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 3 de xullo de 1902 | |||
Identificador | PA00082550 | |||
Historia e características
editarFoi descuberta o 12 de setembro de 1901 por Denis Peyrony, Henri Breuil e mais Louis Capitan, tan só catro días despois de descubrirse a gruta de Les Combarelles.
Os achados de materiais, elaborados polos homes primitivos en pedra (industria lítica), pertencen esencialmente ás culturas do Chatelperroniense e ao Auriñaciense, e máis raramente, ao Musteriano, ao Solutreano ou ao Magdaleniano.
A cova presenta a forma dun pasadizo de 125 metros de longo e relativamente estreito. As primeiras representacións atópanse a uns sesenta metros da entrada, zona de escasa circulación de aire, cousa que facilitou a súa conservación, xa que outras pinturas dentro do pasadizo desapareceron pola acción do aire.
Arte rupestre
editarEn total hai uns 200 gravados e pinturas que nalgúns casos presentan policromía. Os motivos son signos xeométricos de animais. en concreto de uros (Bos primigenius), bisontes, mamuts, cabalos, renos e mesmo leóns (uns 80 bisontes, 40 cabalos e 20 mamuts). As figuras antropomórficas que aparecen son siluetas e posibelmente vulvas.
Ao non existir unha datación absoluta estas obras de arte parietal son asignada ao período magdaleniano, baseándose en comparacións estilísticas.
Patrimonio Mundial
editarDesde 1979, esta cova e outras próximas, no val de Vézère, están inscritas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Visita
editarA cova de Font-de-Gaume éstá aberta ao público, pero con limitacións. O máximo dun grupo a entrar é de 12 persoas. En caso de querer vistala aconséllase reservar con antelación.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- H. Breuil, Quatre cent siècles d'art pariétal, Centre d'Études et de Documentation préhistoriques, 1952.
- A. Leroi-Gourhan (1988), « Font-de-Gaume », in Dictionnaire de la Préhistoire, Leroi-Gourhan, A., (Éd.), PUF, pp. 410–411.
Ligazóns externas
editar- Font-de-Gaume sur hominides.com (en francés)
- Film des principales peintures de Font-de-Gaume[Ligazón morta] (en francés)
- Fiche technique (PDF) des Monuments Nationaux sur la Grotte de Font de Gaume
- Photo du site du Ministère de la Culture
- Font-de-Gaume (en inglés)