Década de 50
Primeiro milenio | |||||
Século I | |||||
| |||||
|
50
- Artigo principal: 50.
- O imperio Kush controla o norte da India.
- Londinium (actual Londres) é fundada polos romanos. Tórnase a capital da provincia romana na Gran Bretaña, que antes ficaba na cidade de Colchester.
- Herón de Alexandría constrúe unha máquina de vapor.
- Os apóstolos convocan o Concilio de Xerusalén.
51
- Artigo principal: 51.
- Sobe ao trono parto o rei Vonones II, da dinastía arsácida, que sucede a Gotarzes II.
- Tras a morte de Vonones II, sucédelle o seu fillo Vologases I (até 78).
52
- Artigo principal: 52.
Mundo mediterráneo
- Unha lei romana prohibe a execución de escravos vellos e tolleitos.
- Plinio o Vello escribe sobre as guerras xermanas.
53
- Artigo principal: 53.
- O emperador romano, Claudio, acepta a Nerón como o seu sucesor, relegando a Británico, fillo da súa primeira esposa, Mesalina.
- Partia emprende a ocupación de Armenia, que estaba so protección romana.
Arte e cultura
- Séneca escribe a traxedia Agamemnon.
54
- Artigo principal: 54.
Asia
- Logo de ser ocupada Armenia por Partia no ano anterior, Tiridates I, irmán do rei parto Vologases I, ascende ao trono de Armenia (1º até o ano 58; logo até 73 en duplo reinado).
Imperio Romano
- Nerón tórnase emperador de Roma (até 68), sucedendo a Claudio.
- O xeneral Corbulón é enviado por Nerón ao Oriente do imperio, a fin de tomar medidas para arranxar a cuestión de Armenia e as relacións cos partos.
- Onésimo convértese en bispo de Bizancio.
Arte e cultura
- Publícase a obra filosófica de Séneca.
55
- Artigo principal: 55.
56
- Artigo principal: 56.
- O rei parto Vologases I ataca en Armenia.
- Publio Clodio Thrasea Paeto, cónsul de Roma.
- Paulo de Tarso escribe a Primeira epístola ós corintios.
57
- Artigo principal: 57.
Asia
- Ascensión de Talhae como monarca de Silla, reino coreano.
- Mingdi sobe ao trono da dinastía Han chinesa.
Europa
- Quinto Veranio Nepote, novo gobernador romano de Britania, emprende unha campaña contra os silures de Gales.
Arte e cultura
- Testemuños máis antigos de escritura xaponesa.
58
- Artigo principal: 58.
Asia
Oriente Próximo
- O xeneral romano Corbulón emprende a campaña militar contra Armenia e Partia. Toma a cidade armenia de Artaxata (actual Artashat).
Mundo Mediterráneo
- Paulo de Tarso escribe a Epístola ós romanos.
59
- Artigo principal: 59.
- Corbulón, xeneral romano, toma a cidade mesopotamia de Tigranocerta, logo de derrotar os partos. Corbulón coloca a Tigranes VI como monarca armenio protexido de Roma (até 62).