Dagoberto I (603-639), fillo de Clotario II, rei dos francos e de Bertrude. Foi rei dos francos entre os anos (629-639).

Modelo:BiografíaDagoberto I

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Dagobert Ier Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 611 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 639 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Saint-Denis, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino franco Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (629–639)
Rei dos francos (629–639)
Rei dos francos (623–633) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGomatruda
Wulfégonde
Nantilda
Berchilde Editar o valor en Wikidata
ParellaRagnétrude Editar o valor en Wikidata
FillosSixeberto III
 () Ragnétrude
Clodoveo II
 () Nantilda
Regintrud (disputado)
 () HugobertIrmina von Oeren Editar o valor en Wikidata
PaisClotario II Editar o valor en Wikidata  e Bertrude Editar o valor en Wikidata
IrmánsCariberto II
Meroveo
Emma da Austrásia
Berta
Enimia Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVlastenský slovník historický (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Merovingian-15 Find a Grave: 21066 Editar o valor en Wikidata

No 623, debido ás reivindicacións autonomistas dos nobres de Austrasia, o seu pai noméao rei deste territorio, desprovisto das rexións das Ardenas e os Vosgos.

Á morte do seu pai convértese en rei dos francos, cedendo o reino de Aquitania, creado para a ocasión, ao seu irmán Cariberto II, facéndoo renunciar definitivamente ao trono de Francia. Á morte do seu irmán, recupera Aquitania, converténdose no rei merovinxio máis poderoso e o monarca máis respectado do seu tempo. Fai de París a súa capital, debido á súa posición xeográfica no centro do reino.

Por recomendación dos seus conselleiros Didier, Dadon (futuro Santo Ouen) e Eligius (futuro Santo Eloi), loita contra as reivindicacións autonomistas de parte da nobreza e reorganiza a administración e a xustiza do reino. Desenvolve a educación e as artes e doa importantes agasallos á Igrexa. Fundará, entre outras, a abadía de San Denis, a cal ha acoller posteriormente a súa tumba e será durante moitos anos a tumba dos Reis de Francia. Foi o último rei merovinxio que dirixiu persoalmente o regnum francorum. Durante o seu reinado, mandou construír o castelo de Altes Schloss en Merseburg, Alemaña que aínda é hoxe en día o castelo máis antigo habitado neste país.

Dagoberto desenvolveu as relacións diplomáticas cos países veciños: asina un tratado de paz perpetua co emperador bizantino Heraclio, unha alianza cos longobardos e un acordo cos saxóns polo que lle axudarán a protexer as súas fronteiras dos eslavos. Desenvolve campañas militares contra os gascóns, os bretóns e sobre todo contra os eslavos.

No ano 632, a nobreza de Austrasia enfróntase a el, e para buscar a calma, vese obrigado a ceder o reino de Austrasia ao seu fillo Sixeberto III que ten só dous anos.

Pronto os nobres de Neustria esixen e obteñen a unión deste reino con Borgoña, e que coloque ao seu fillo Clodoveo II á fronte dese novo reino.

Á súa morte, os seus dous herdeiros son aínda moi novos: Sixeberto ten oito anos e Clodoveo catro, polo que os mordomos de palacio dedícanse a manipular aos soberanos e acaparan definitivamente do poder. É o comezo da época dos Reis folgazáns, que marcará o fin da dinastía Merovinxia.