David Hume

filósofo e historiador escocés

David Hume, nado en Edimburgo o 7 de maio de 1711 e finado na mesma cidade o 25 de agosto de 1776, foi un filósofo e historiador escocés. Xuntamente con Adam Smith e Thomas Reid, foi unha das figuras máis importantes da chamada ilustración escocesa.

Modelo:BiografíaDavid Hume

(1766) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1711 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1776 (65 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOld Calton Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, metafísica, epistemoloxía, Filosofía da mente, Ética, política, estética, Filosofía da relixión, historia, ensaio e economía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Escocia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, historiador, ensaísta, bibliotecario, economista, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEmbassy of the United Kingdom, Paris (en) Traducir (1763–1766)
Advocates Library (en) Traducir (1752–1757) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoEmpirismo, naturalismo, ceticismo filosófico (pt) Traducir e Ilustración Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Hume, 10th of Ninewells Editar o valor en Wikidata  e Katherine Falconer Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn Hume, 11th of Ninewells Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Юм Дейвид)
Dictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX876354 WikiTree: Hume-865 Find a Grave: 1894 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Hume naceu en Edimburgo e estudou na universidade local. O pai morreulle cando David Hume era aínda cativo. Inicialmente, pensou en seguir a carreira xurídica mais, nas súas palabras, chegou a unha "aversión total a todo o que non fose o camiño da filosofía e da aprendizaxe en xeral". A súa nai ficou asustada coa decisión, mais Lord Kames, un parente e protector de Hume, tranquilizouna.

Proseguiu os estudos como autodidacta en Francia, onde redactou a súa obra A Treatise of Human Nature ("Tratado sobre a natureza humana") con 26 anos. A pesar de que moitos académicos consideren hoxe o "Tratado" como a obra máis importante de Hume e un dos libros máis significativos da historia da filosofía, o público británico non se entusiasmou inmediatamente. Hume esperaba un ataque ao seu libro e preparábase para o defender apaixonadamente. Para a súa sorpresa, pasou desapercibido. O propio Hume describiu a (falta de) reacción do público á publicación do tratado en 1739-40 ao escribir que o libro "saíra da editora morto ao nacer".

Concluíu que o problema do tratado era o estilo e non o contido, así que o recortou e lle deu un estilo máis lixeiro, renovou parte do material para consumo máis popular nun esforzo que tivo como resultado o "Inquérito relativo á comprensión humana". Tampouco foi moi exitoso de público, aínda que mellor có Tratado. O "Inquérito" leuno Immanuel Kant, entón un descoñecido profesor universitario en Königsberg, xa de idade avanzada e sen ningunha obra relevante. Kant dixo que este libro lle fixo espertar do seu "soño dogmático". Kant nunca leu o "Tratado da Natureza Humana".

En 1744 negáronlle a cátedra a Hume nas universidades de Edimburgo e de Glasgow, probabelmente porque o acusaron de ateísmo e pol oposición dun dos seus principais críticos, Thomas Reid.

Despois destes sucesos, Hume traballou como psiquiatra e posteriormente como secretario dun xeneral. Viviu a última década da súa vida en Edimburgo, na cidade nova.

O legado de Hume

editar

Hume é visto por veces como o terceiro e o máis radical dos chamados empiristas británicos, despois de John Locke e George Berkeley. A influente filosofía de Hume é famosa polo seu profundo escepticismo, a pesar de que moitos especialistas prefiren destacar a súa compoñente naturalista[Cómpre referencia]. O estudo da obra de Hume oscilou entre aqueles que poñen a énfase no lado escepticista (Reid, Greene, e os positivistas lóxicos) e aqueles que enfatizan o lado naturalista (como Kemp-Smith, Stroud, e Galen Strawson).

David Hume era ateo, e vivía nunha sociedade escocesa maioritariamente presbiteriana. Politicamente, Hume era un liberal do partido whig, favorable á unión entre a Escocia e Inglaterra de 1707. A lingua materna de Hume era o escocés. Falaba inglés cun forte sotaque. Así e todo, o seu inglés escrito era exemplar. Hume foi un dos ilustres membros da Select Society de Edimburgo. Seguindo atentamente os acontecementos nas colonias americanas, David Hume tomou partido pola independencia americana. En 1775 díxolle a Benjamin Franklin: "eu son un americano nos meus principios".

Velaquí algunhas das súas contribucións á filosofía:

O problema da causalidade

editar

Cando un evento provoca outro evento, a maioría das persoas pensa que somos conscientes dunha conexión entre os dous que fai que o segundo siga o primeiro.

Hume cuestionou esta crenza, notando que se é obvio que nos decatamos de dous eventos, non temos necesariamente porque supor unha conexión entre os dous. E como nos habemos nós de decatar desta misteriosa conexión máis que a través da nosa percepción?

Hume negou que poidamos facer calquera idea de causalidade que non sexa a través do seguinte: Cando vemos que dous eventos sempre ocorren conxuntamente, tendemos a criar unha expectativa de que cando ocorre o primeiro o segundo seguirá.

Esta conxunción constante e a expectativa dela son todo o que podemos saber da causalidade, e todo o que a nosa idea de causalidade pode inferir. Unha tal conceptualización rouba á causalidade a súa forza e algúns Humeanos posteriores, como Bertrand Russell, desmentiron a noción de causalidade en xeral como algo parecido á superstición.

Mais isto é unha violación do senso común. O problema da causalidade: Que xustifica a nosa crenza nunha conexión causal? Que tipo de conexión podemos percibir? É un problema que non ten solución unánime. A perspectiva de Hume parece ser que nós (como os outros animais) temos unha crenza na causalidade semellante a un instinto, que se basea no desenvolvemento dos hábitos do noso sistema nervioso. Unha crenza que non se pode eliminar mais que tampouco se pode ser probar como verdadeira por ningún argumento, dedutivo ou indutivo, tal como na cuestión da nosa crenza na realidade do mundo exterior.

O problema da indución

editar

Todos nós cremos que o pasado é un guía fiable para o futuro. Por exemplo: as leis da física que describen as órbitas celestes funcionan para a decisión do comportamento planetario ata aos días de hoxe. Dese modo presumimos que van funcionar para a descrición no futuro tamén. Mais como podemos xustificar esta presunción, o principio da indución?

Hume suxeriu dúas xustificacións posíbeis e rexeitou ambas. O problema permanecería aberto, ata que Karl Popper o solucionou. A primeira xustificación avanzada por Hume é que por razóns de necesidade lóxica, o futuro ten de ser semellante ao pasado. Mais, Hume nota que podemos concibir un mundo errático e caótico onde o futuro non ten nada que ver co pasado ou entón, máis submisamente, un mundo tal como o noso ata ao presente, ata que certo punto as cousas mudan completamente.

A segunda xustificación, máis modestamente, apela apenas para a seguranza pasada da indución: sempre funcionou así, por iso é probable que continúe a funcionar. No entanto, como Hume lembrou, esta xustificación apenas usa un raciocinio circular, xustificando a indución por un apelo que require a indución para ter efecto.

O problema da indución aínda permanece. Karl Popper, como se dixo, presenta unha solución elegante e convincente, que exclúe calquera solución definitiva ou dogmática. A visión de Hume parece ser que nós (como outros animais) temos unha crenza instintiva que o noso futuro será semellante ao pasado, con base no desenvolvemento de hábitos do noso sistema nervioso. Unha crenza que non podemos eliminar mais que non podemos probar ser verdadeira por calquera tipo de argumento, dedutivo ou indutivo, tal como é o caso con respecto á nosa crenza na realidade do mundo exterior.

Para traballo contemporáneo relevante, ver a compilación de Richard Swinburne's: "The Justification of Induction".

A teoría monllo do Ego

editar

(The Bundle Theory of the Self)

Acostumamos pensar que somos a mesma persoa que eramos hai 5 anos atrás. A pesar de termos mudado en moitos aspectos, a mesma persoa está presente tal como estaba presente no pasado. Podemos comezar a pensar sobre os aspectos que se poden alterar sen que o propio (individuo) subxacente mude. Hume, no entanto, nega que exista unha distinción entre os varios aspectos dunha persoa e mailo individuo misterioso que supostamente transporta todas estas características.

Porque no fundo, como Hume afirma, cando se comeza a introspección, notamos un grupo de pensamentos e sentimentos e percepcións e todo iso, mais nunca nos apercibimos dunha substancia á cal poidamos chamar "o ego". Por iso, tanto canto podemos dicir, conclúe Hume, non hai nada relativamente ao ego que estea enriba dun gran monllo de percepcións transitorias. Hai que notar que, na perspectiva de Hume, non hai nada ao cal estas percepcións pertencen. Polo contrario, Hume compara a alma co pobo dunha nación (commonwealth), que reten a súa identidade non en virtude dunha substancia básica permanente, mais que é composto de moitos elementos relacionados mais en permanente mutación. A cuestión da identidade persoal tórnase así unha cuestión de caracterizar a cohesión frouxa da experiencia persoal vivida. (Notar que no Apéndice do tratado, Hume di misteriosamente que el estaba insatisfeito co seu xuízo do ego, sen ter, porén, regresado a esta cuestión).

Para traballo contemporáneo relevante, ver "Reasons and Persons", de Derek Parfit.

A razón práctica: Instrumentalismo e Nihilismo

editar

A maioría de nós pensa que certos comportamentos son máis razoábeis que outros. Parece haber calquera cousa de abstruso en, por exemplo, comer unha folla de aluminio. Mais Hume negou que a razón tivese algún papel importante en motivar ou desencoraxar o comportamento. No fundo, a razón é apenas unha especie de calculadora de conceptos e experiencia. O que no fundo importa, di Hume, é como nos sentimos en relación a ese comportamento. O seu traballo xerou a doutrina do instrumentalismo, que declara que unha acción é razoable se e só se ela serve os obxectivos e desexos do axente, calquera que estes sexan. A razón pode entrar neste esquema apenas como un servo, informando o axente de feitos útiles relativos ás accións que serven os seus obxectivos e desexos, mais nunca condescendendo a dicir ao axente que obxectivos e desexos el deberá ter.

Así, se vostede quixer comer unha folla de aluminio, a razón diralle onde atopar unha folla de aluminio, e non haberá nada de irracional comela ou en desexala. O instrumentalismo pasará a ser unha visión ortodoxa da razón práctica en economía, teoría das escollas racionais e algunhas outras ciencias sociais. Mais algúns comentadores argumentan que Hume foi máis alén do nihilismo, e dixo que non hai nada de irracional en deliberadamente frustrar os seus propios obxectivos e desexos ("eu quero comer folla de aluminio, por iso deixame selar a miña boca"). Tal comportamento sería altamente irregular, tirando calquera papel á razón, mais non sería contrario á razón, que é impotente en facer xuízos neste dominio.

Para traballo contemporáneo relevante, ver "The Authority of Reason" de Jean Hampton e "Rational Choice and Moral Agency" de David Schmidtz.

Antirrealismo moral e motivación

editar

No seu ataque ao papel da razón no xuízo do comportamento, Hume argumentou que o comportamento inmoral non é inmoral por ir contra a razón. El primeiro defendeu que as crenzas morais están intrinsecamente motivantes: se vostede considera que matar é errado, vostede estará motivado "ipso facto" a non matar e a criticar a matanza (internalismo moral). El lémbranos deseguida que a razón por si soa non motiva a ninguén: a razón descobre os feitos e a lóxica, mais depende dos nosos desexos e preferencias canto á percepción daquelas verdades e se iso nos motiva. Consecuentemente, a razón por si non produce crenzas morais. Hume propuxo que a moralidade depende ultimamente do sentimento, sendo o papel da razón apenas o de preparar o camiño para os nosos sensíbeis xuízos por análise da materia moral en cuestión.

Este argumento contra os fundamentos da moralidade na razón é hoxe un dos argumentos pertencentes ao arsenal do antirrealismo moral; o filósofo Humeano John Mackie argumentou que para que os feitos morais se fagan reais sobre o mundo e ao mesmo tempo, intrinsecamente motivantes, eles terían que ser feitos moi estraños. Temos pois todos os motivos para desacreditalos.

Para traballo contemporáneo relevante, ver: Inventing Right and Wrong, de J.L. Mackie; "Hume's Moral Theory", de Mackie; "Moral Realism and the Foundation of Ethics" de David Brink e "The Moral Problem" de Michael Smith.

Libre-Arbitrio vs. Indeterminismo

editar

(Free Will vs. Indeterminism)

Todos nós xa notamos o aparente conflito entre o libre-arbitrio e o determinismo: se as nosas accións foron determinadas hai millóns de anos atrás, como poderá ser que elas dependen de nós? Mais Hume notou outro conflito, que torna o problema da libre vontade nun denso dilema: a libre vontade é incompatible co indeterminismo. Imaxine que as súas accións non son determinadas polos eventos precedentes. Nese caso, as súas accións serán completamente aleatorias. Ademais, e moi importante para Hume, as accións non están determinadas polo seu carácter, as súas preferencias, os seus valores etc. Como é que alguén pode ser tido por responsable do seu carácter? A libre vontade parece requirir o determinismo, porque senón o axente e a acción non estarían conectados do modo necesario por accións escollidas libremente.

Sendo así, case todos nós cremos no libre arbitrio, a libre vontade parece inconsistente co determinismo, mais a libre vontade parece requirir o determinismo.

Na visión de Hume, o comportamento humano, como todo o máis, é causado (causal). Por iso mesmo, se tomamos as persoas como responsábeis dos seus actos, debemos enfocar a recompensa ou o castigo de forma que eles fagan aquilo que é moralmente desexable e eviten aquilo que é moralmente reprensible. Ver tamén compatibilismo. Como poderemos nós resolver este dilema ?

O problema do ser - deber ser

editar

(The Is-Ought Problem)

Hume notou que moitos escritores falan do que debe ser, na base de enunciados acerca do que é. Mais parece haber unha gran diferenza entre os enunciados descritivos (o que é) e enunciados prescritivos (o que debería ser). Hume pide aos escritores que teñan moito coidado coa mudanza do enunciado dun estado a outro. Nunca sen se dar unha explicación de como o enunciado- "debe ser" é suposto seguir ao enunciado- "é". Mais como se pode derivar exactamente o "debe" dun "é" ? Esa cuestión, colocada nun pequeno parágrafo de Hume, tornouse unha das cuestións centrais da teoría da ética e acostuma ser atribuída a Hume a opinión de que tal derivación é imposible. (Outros interpretan a Hume dicindo que non se pode ir dunha constatación factual a un enunciado ético, mais que se o pode facer sen atender á natureza humana, isto é, sen prestar atención aos sentimentos humanos).

G.E: Moore defendeu unha posición similar co seu "argumento da cuestión aberta", que pretendía refutar calquera identificación de propiedades morais con propiedades naturais: a chamada "falacia naturalista". Calquera teórico ético que pretender dar á moralidade un fundamento obxectivo en aspectos máis mundanos da vida real está a loitar por unha causa controversa, no mínimo.

Utilitarismo

editar

Foi probabelmente Hume quen, xuntamente cos seus colegas do Iluminismo escocés, avanzou pola primeira vez a idea de que a explicación dos principios morais deberá ser procurada na utilidade que tenden a promover.

O papel de Hume non se deberá describir con esaxero, claro; o seu compatriota Francis Hutcheson foi quen cuñou o slogan utilitarista "a maior felicidade para o maior número". Mais foi a través da lectura do "Tratado" de Hume cando Jeremy Benthan sentiu pola primeira vez a forza do sistema utilitario: el "sentiu como se caesen as escamas dos seus ollos". No entanto, o "proto-utilitarismo" de Hume semella moi peculiar. El non pensa que a agregación de unidades cardinais de utilidade será a fórmula para atinxir a verdade moral.

Polo contrario, Hume era un sentimentalista moral e, como tal, coidaba que os principios morais non poden ser xustificados intelectualmente. Algúns principios simplemente sonnos apelativos e outros non o son. E a razón pola que os principios utilitaristas da moral son apelativos é que eles promoven os nosos intereses e os dos nosos compañeiros cos cales simpatizamos.

Os humanos son pouco flexíbeis en aprobar cousas que axudan a sociedade-utilidade pública. Hume usou este dato para explicar como el avaliaba un vasto campo de fenómenos, desde institucións sociais e políticas gobernamentais ata trazos de carácter e talentos.

O problema dos milagres

editar

Unha forma de apoiar a relixión é por apelo a milagres. Mais Hume argumentou que no mínimo, os milagres non poderían conferir moito apoio á relixión. Hai varios argumentos suxeridos polo ensaio de Hume, todos eles á volta do seu concepto de milagre: especialmente a violación por Deus das leis da Natureza.

  • Un argumento é o de que é imposible violar as leis da Natureza.
  • Outro argumento afirma que o testemuño humano nunca podería ser suficientemente fiable para contra-ordenar as probas que temos das leis da Natureza.
  • Outro argumento, menos irredutíbel, máis defendíbel, é que debido á forte proba que temos das leis da natureza, calquera pretensión de milagre está sobre presión desde o inicio e precisa probas fortes para derrotar as nosas expectativas iniciais. Este punto tense aplicado sobre todo na cuestión da resurrección de Xesús, onde Hume sen dúbida preguntaría "que é o que é máis probable? que un home se erga dos mortos ou que este testemuño sexa incorrecto dunha forma ou doutra?". Ou máis suavemente, "que é máis probable ? que Uri Geller pode realmente facer dobrar culleres coa súa mente ou que iso sexa algún tipo de truco?". Este argumento é a base do movemento escéptico e un asunto fundamental nos históricos da relixión.

Para unha análise crítica e técnica (Bayesiana) de Hume, ver "Hume's Abject Failure" de John Earman — o título é suxerente

O argumento teleolóxico

editar

Un dos argumentos máis antigos e populares para a existencia de Deus é o argumento teleolóxico - que toda a orde e "obxectivo" do mundo evidencia unha orixe divina. Hume usou o criticismo clásico do argumento teleolóxico, e a pesar de que o asunto estaba lonxe de estar esgotado, moitos están convencidos de que Hume resolveu a cuestión definitivamente. Un século antes de Darwin! Aquí algúns dos seus puntos:

  1. Para o argumento teleolóxico funcionase, sería necesario que só nos puidésemos dar conta da orde cando esa orde resulta do designio (creación). Mais nós vemos "orde" constantemente, resultante de procesos presumibelmente sen consciencia, como a xeración e a vexetación. O designio (creación) di apenas respecto a unha pequena parte da nosa experiencia de "orde" e "obxectivo".
  2. O argumento do designio, mesmo que funcionase, non podería soportar unha robusta fe en Deus. Todo o que se pode esperar é a conclusión de que a configuración do universo é o resultado dalgún axente (ou axentes) moralmente ambiguo, posibelmente non intelixente, cuxos métodos posúan algunha semellanza coa creación humana.
  3. Polos propios principios do argumento teleolóxico, a orde mental de Deus e a funcionalidade necesitan explicación. Senón, podemos considerar a orde do universo etc, inexplicada.
  4. Moitas veces, o que parece ser obxectivo, onde parece que o obxecto X ten o aspecto A por forma a asegurar o fin F, explícase mellor co proceso da filtraxe: ou sexa, o obxecto X non existiría se non posuíse o aspecto A, e o fin F é apenas interesante para nós. Unha proxección humana dos obxectivos na natureza. Esta explicación mecánica da teleoloxía anticipou a selección natural.

Para traballo contemporáneo relevante, ver "Hume's Philosophy of Religion" de X.C.A. Gaskin e "The Existence of God" de Richard Swinburne. Para unha perspectiva dun filósofo da bioloxía, ver "Philosophy of Biology" de Elliot Sober.

Socioloxía da Relixión de Hume

editar

David Hume ficou coñecido sobre todo polas súas contribucións na filosofía. Mais non menos dignas de salientar son as súas observacións na análise da relixión. Pode falarse de ideas pioneiras para a socioloxía da relixión, que fican patentes na obra de 1757, "natural history of religion".

Teoría da Oscilación

editar

Hume rexeita a idea dunha evolución linear desde o politeísmo para o monoteísmo como un sumario da evolución histórica dos últimos 2.000 anos. Hume non cre nun desenvolvemento histórico linear, que comezaba no politeísmo e terminaba no monoteísmo.

Na verdade, Hume acredita que o que a historia mostra é antes un oscilar irracional entre politeísmo e monoteísmo. Chámalle un "flux and reflux" (oscilar) entre as dúas opcións. Nas palabras de Hume: "a mente humana mostra unha tendencia marabillosa para oscilar entre diferentes tipos de relixión: elévase do politeísmo para o monoteísmo para volver a afundirse na idolatría"

Como Gellner afirma, esta oscilación non é o resultado dunha racionalidade, mais si cos "mecanismos do medo, incerteza, da superioridade e inferioridade".

Do politeísmo ao monoteísmo

editar

Os pobos que adoran a varios deuses con poderes limitados poden facilmente concibir un Deus cun poder máis extenso, aínda máis digno de veneración do que os outros. "Neste proceso, os homes chegan ao estadio dun só Deus como ser infinito, a partir do cal ningún progreso é posíbel".

Do monoteísmo ao politeísmo

editar

Ese Deus único, todo poderoso, é porén igualmente un Deus distante e de difícil acceso para o común dos mortais. Neste momento, tórnase visible un principio psicolóxico que camiña nunha dirección contraria.

Ese principio psicolóxico é a idea de que os homes viven en busca da protección, do apoio. Tórnase necesaria a figura de intermediarios perante o común dos mortais e o Deus todo poderoso. Unha función para os santos, reliquias, ... "Estes semideuses e intermediarios, que son vistos polos homes como parentes e lles parecen menos distantes, son obxecto da adoración e así, a idolatría está de volta..."

Novamente de regreso ao monoteísmo

editar

Mais máis unha vez, o péndulo ten de retornar. Como Gellner afirma, en breve, "o Panteón torna a encherse". Hume: "Á medida que estas diferentes formas de idolatría día por día descenden ás formas cada vez máis baixas e ordinarias, acaban por se autodestruír e as horríbeis formas de idolatría van acabar por provocar un retorno e un desexo de regreso ao monoteísmo... Por iso (entre os xudeus e os musulmáns) é que hai prohibición de figuras humanas na pintura e mesmo na escultura, porque eles recean de que a carne sexa fraca e que acabe por se deixar levar para a idolatría".

Hume mostra exemplos desta evolución: É a loita de Xehová contra os Bealín de Canaá, da Reforma contra o Papado, e do islam contra as súas tendencias pluralistas (ver sufismo).

Ver tamén: O islam segundo Ernest Gellner

Influencia de Hume na Constitución Americana

editar

Como Douglas Adair suxeriu, o libro de David Hume, "Essays, Moral, Political and Literary" influenciou directamente a James Madison na formulación da Constitución Americana. No ensaio alí contido "Idea of a Perfect Commonwealth" Hume refuta a idea de Montesquieu de que unha grande nación está condenada a ser corrupta e ingobernábel. Polo contrario, afirma Hume, unha nación extensa pode ser, debido á súa diversidade xeográfica e socioeconómica, ben máis estable do que nacións pequenas.

Hume escribe: "A pesar de que as persoas, como un orgo, sexan incapaces de gobernar, en caso de que elas se dispersaren en pequenas unidades (tales como colonias individuais ou estados) elas son máis susceptíbeis de se someter á razón e á orde; a forza das correntes populares (populismo) e mareas é, en grande medida, quebrada". A elite conspiradora necesitará pasar máis tempo a coordinar os movementos das varias partes do todo, que a planear o derrube. "Ao mesmo tempo, as partes están tan distantes e remotas que é moi difícil, sexa por intriga ou paixón, levalas a tomar medidas contra o interese público."

James Madison, que estudara en Princeton, e tomara alí contacto coa obra de Hume, incorporou esta visión no seu "Notes on the Confederacy", publicado en abril de 1787, 8 meses antes de escribir o ensaio defendendo a Constitución, como parte dos "Federalist Papers".

  • Tratado da natureza humana: Sendo unha tentativa de introdución do método experimental de raciocinio a asuntos morais.(1739-40)
    • Libro 1: "Da comprensión". Aborda todo desde a orixe das nosas ideas ata ao modo como elas se estruturan. Afirmacións importantes relativamente ao escepticismo.
    • Libro 2:"Das paixóns". Trata das emocións
    • Libro 3: "Da Moral". Ideas morais, xustiza, deberes, benevolencia

Hume tentaba ver se o tratado tería éxito e, en caso afirmativo, completalo con libros dedicados a política e criticismo. (Non sería así, polo que non foi completado).

  • Inquérito da comprensión humana (1748)

Contén unha revisión dos puntos principais do tratado, libro 1, coa adición de material sobre a libre vontade, milagres e o argumento da teleoloxía.

  • Un inquérito dos principios da moral (1751)

Outra revisión do material do tratado para apelar máis ao gosto popular. Hume considerou esta como a mellor das súas obras filosóficas, tanto en canto ás ideas filosóficas como no seu estilo literario.

Discusións entre os caracteres ficcionais Cleanthes, Philo, e Demea. Eles discuten as probas da existencia de Deus e outros temas igualmente divertidos. A pesar de haber algunha controversia, a maioría dos académicos cre que Philo era a figura que mellor reflectía as propias ideas de Hume.

  • Ensaios de moral e política (editados pola primeira vez en (1741-1742)

Unha serie de ensaios, revistos varias veces ao longo da súa vida. A historia relativa a que ensaios foron engadidos ou tirados parece menos relevante. "Sobre a estación media da vida", "Que a política poida ser reducida a unha ciencia", "Da orixe do goberno", "Da liberdade civil", "Do comercio", "Da densidade populacional de nacións antigas", e "Sobre o suicidio", para nomear apenas algúns.

  • A historia de Inglaterra (1754-62)

Esta é máis unha categoría de libros que unha única obra. Unha historia monumental, "desde a invasión de Xulio Cesar ata á Revolución Gloriosa de 1688". Foi tamén a obra mellor coñecida de Hume durante a súa vida, con máis de 100 edicións. Foi considerada por moitos como a referencia esencial da Historia da Inglaterra ata á publicación da monumental "Historia de Inglaterra" de Thomas Macaulay.

  • Historia natural da relixión (Natural history of religion) (1757) [1][Ligazón morta] Este libro é considerado por algúns como a primeira obra científica a debruzarse sobre a socioloxía da relixión. Ernest Gellner di que este libro permanece como un dos mellores tratados deste tipo, talvez o mellor.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar